Silverio Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Silverio Rivas Alonso
Dolmen Novo Milenio - Dolmen Nuevo Milenio - New Millennium Dolmen - Escultura - Sculpture by Silverio Rivas - 3.jpg
Dolmen Novo Milenio
Nacemento 24 de nov. de 1942 (75 anos)
  Ponteareas
Nacionalidade España
Educado en Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Círculo de Belas Artes de Madrid e Escola de Arte A Palma
Ocupación Escultor
Coñecido/a por A Porta do Atlántico e Dolmen Novo Milenio
editar datos en Wikidata ]

Silverio Rivas Alonso, nado en Ponteareas o 24 de novembro de 1942, é un escultor galego con obradoiro en San Xoán de Paramos, Tui.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar no taller de ebanistería do pai aos doce anos.[2] Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo cos mestres Carlos Sobrino Buhigas, Luís Torras Martínez e Camilo Nogueira Martínez;[2] no taller de fundición de Xoán Piñeiro Nogueira; en Madrid, onde ingresou na Escola de Artes e Oficios da rúa da Palma e asistiu ás clases nocturnas do Círculo de Belas Artes, e en Sargadelos, o que o levou a innovar con conxuntos articulados e desmontables de cerámica.[3] Traballou en París. Formou parte do movemento Atlántica desde 1980.[4]

Pioneiro da abstracción escultórica en Galicia e cun traballo que despuntou nos anos setenta. Domina un construtivismo orgánico que sempre ten en conta o xogo das formas e o espazo intrínseco e cambiable. Traballa con materiais diversos: granito, bronce, ferro, aceiro, chumbo, mármore, madeira, barro, fibra de poliéster, gres...[5][6]

Capela Solis.

Obras[editar | editar a fonte]

Rivas, presente no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo,[2] a Colección Afundación[7] e no Museo de Belas Artes da Coruña,[8][9] ten obra en espazos públicos en varias vilas de Galicia:

En 2012 participou, coa peza Barca solar, na exposición Gallaecia Petrea, na Cidade da Cultura de Galicia.

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

En 1992 recibiu o Premio da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Representación[12] e en 2015 o Premio Laxeiro.[13]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Porta do Atlántico
Ás vítimas da represión
Horizonte para o sol
Ara Solis

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]