Asunción
Nuestra Señora Santa María de la Asunción (es) | ||||
Epónimo | Asunción de María | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Paraguai | |||
Distrito capital | Distrito Capital (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 462.241 (2022) (3.950,78 hab./km²) | |||
Lingua usada | Lingua maká | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 117 km² | |||
Bañado por | Río Paraguai | |||
Altitude | 43 m | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1537 | |||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Asuncion (en) | |||
Órgano lexislativo | Municipal Board of Asuncion (en) Circunscrición: 0, (Escano: 24) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 1001–1925 | |||
Prefixo telefónico | 021 | |||
ISO 3166-2 | PY-ASU | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Condado de Miami-Dade (pt) Carrara Madrid Alxer Ragusa La Plata Santo Domingo A Paz Chimbote Medina de Pomar Trujillo Resistencia Chiba Curitiba Puebla de Zaragoza Campinas (1973–) Taipei (1987–) Rosario (1993–) São Paulo (1998–) Río de Xaneiro (2016–) | |||
Páxina web | asuncion.gov.py | |||
Asunción (en guaraní: Paraguay) é a capital de Paraguai. Centro industrial e cultural do país, é o seu principal porto, con industrias de calzados, téxtiles e de tabacos. A poboación era de 501.000 habitantes en 1992. En 2006 alcanzaba 515.662 habitantes. A súa área metropolitana, denominada Gran Asunción inclúe os concellos de San Lorenzo, Lambaré, Fernando de la Mora, Luque, Mariano Roque Alonso, Ñemby, Villa Elisa e San Antonio, cunha cifra estimada próxima a 1.700.000 habitantes.
Asunción é unha das cidades máis antigas de América do Sur. O sitio foi descuberto por Juan de Ayolas, mais a cidade, nomeada inicialmente Nuestra Señora de la Asunción, foi fundada o 15 de agosto de 1537 por Juan de Salazar e Gonzalo de Mendoza. En 1731 unha insurrección encabezada par José de Antequera y Castro constituíuse nunha das primeiras rebelións contra os colonos españois. Logo da Guerra da Tripla Alianza (1865-1870) Asunción foi ocupada polas tropas brasileiras até 1876.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Asunción está asentada na beira esquerda do río Paraguai, na denominada baía de Asunción. Ao noroeste limita co concello de Mariano Roque Alonso, ao leste con Luque e Fernando de la Mora e ao sur con Lambaré e Ñemby.
O terreo é ondulado. A maior altura atínxese no Cerro Lambaré, no barrio de Santa Ana, nos lindes coa localidade de Lambaré. O Cerro Lambaré foi incluído no territorio de Asunción en 1965. Hai outras alturas no casco urbano, denominadas lomas ou colinas das que destacan:
- Loma Cabará, no que se localiza o núcleo fundacional da cidade
- Loma San Gerónimo
- Loma Clavel, sede da Infantaría de Mariña paraguaia
- Loma Cachinga
- Loma del Mangrullo, actual parque Carlos Antonio López
- Loma de la Encarnación
- Loma de las piedras de Santa Catalina, hoxe denominada Escalinata Antequera
O río Paraguai recibe varios regatos que atravesan Asunción e que evacúan con rapidez. Os principais ramais deses regatos denomínanse Mburicaó, Cará Cará, Jaén, Mburicá, Salamanca, Zanja Morotí, San Vicente e Leandro.
Os excedentes de augas forman lagoas, que constitúen augas estancadas. Causan certo risco para a saúde da poboación, ao convertérense en criadeiros de insectos, como o Aedes Aegypti, que pode causar dengue, e o mosquito anófele.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é de tipo subtropical, con moi pequenas variacións das temperaturas ao longo do ano. A temperatura media anual é de 24,3 °C e as precipitacións medias anuais atinxen os 1.420 mm. Outubro é o mes máis chuvioso e setembro o máis seco.
Vida urbana
[editar | editar a fonte]O corazón da cidade, relativamente próximo ao río, é a "Plaza de los Héroes" xunto coa rúa "Calle Independencia", que trazada de norte a sur corta as vías que se cruzan en sentido leste-oeste. Todas as rúas do centro teñen circulación de sentido único.
De leste a oeste transcorren as rúas "Calle Palma/Mariscal Estigarribia", "Estrella/25 de Mayo" e "Oliva/Cerro Corá". Desde hai cen anos están instalados aquí os mellores negocios, tendas, bancos e oficinas de troco de moeda. A primeira delas, a "Calle Palma", nos sábados é unha rúa de vivaz paseo en que se celebran concertos gratuítos.
Edificios de interese
[editar | editar a fonte]- Panteón de los Héroes e Oratorio de la Virgen de la Asunción (rúa Palma / rúa Chile): construído en 1863 e rematado en 1936, cun trazado do arquitecto italiano Ravizza.
- Estación Central do Ferrocarril (Eligio Ayala / Mexico), datada en 1861.
- Catedral Metropolitana (Independencia Nacional / Coronel Bogado): comezada no século XVII, aínda que a maior parte da edificación é do XIX.
- Palacio de Gobierno (rúa El Paraguayo Independiente, entre Ayolas e O'Leary).
- Cabildo (Avenida República / Alberdi): foi concibido como casa do concello. Actualmente acolle o Museo da Cidade.
- Casa de la Independencia (14 de Mayo / Presidente Franco): un dos edificios máis antigos de Asunción. Aquí comezou o movemento de independencia de Paraguai contra España o 14 de maio de 1811.
- Casa Viola e Casa Castelví (Ayolas / Paraguayo Independiente): construídas a finais do século XVIII, son os edificios máis antigos da cidade en pé. Hoxe a Casa Viola acolle o centro cultural "Manzana de la Rivera", no que se celebran conferencias, representación teatrais e concertos. Tamén a biblioteca municipal está situada aquí.
- Iglesia de la Encarnación (entre as rúas Alberdi e 14 de Mayo): en 1863 sufriu un incendio e foi reconstruída.
- Iglesia de la Trinidad (Santísimo Sacramento / Santísima Trinidad).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Asunción |