Laureano Domínguez Cao-Cordido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laureano Domínguez Cao-Cordido
Laureano Domínguez Cao-Cordido 1919.jpg
 Ourense
Falecemento30 de outubro de 1962
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Laureano Domínguez Cao-Cordido, nado en Ourense e finado en Madrid o 30 de outubro de 1962[1], foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas.
Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra Mancebo.
Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.

Iniciouse como xornalista en El Cosmopolita. Instalouse en Vigo e foi vicepresidente da sociedade Juventud Progresiva en 1911[2]. Comezou a traballar no taller de Heraldo de Vigo como tipógrafo. Licenciouse en Letras e foi profesor de Instituto. Foi redactor xefe de Faro de Vigo, colaborou en periódicos galegos e españois como El Debate e ABC, e foi correspondente de La Vanguardia en Vigo. Na Segunda República foi secretario do Consello comarcal de Vigo do Partido Agrario Español[3]. Trasladado a Madrid, foi xefe de redacción de La Vanguardia en Madrid (1950-1960).

Notas[editar | editar a fonte]