Blas Agra Mancebo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBlas Agra Mancebo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1875 Editar o valor em Wikidata
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1957 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosElena Agra Cambón Editar o valor em Wikidata

Blas Agra Mancebo, nado en Noia o 3 de febreiro de 1875 e finado en Vigo o 31 de maio de 1957, foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas. Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra. Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e na Escola Normal de Mestres. Nos anos de estudante colaborou en Gaceta de Galicia e foi director de El Ciclón. Exerceu o maxisterio na provincia da Coruña e foi empregado de consumos. A principios do século XX trasladouse a Vigo e foi redactor de Noticiero de Vigo. Logo foi redactor, redactor-xefe, e despois director (1944-1949) de Faro de Vigo. Colaborou en Martín Codax. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un activo comentarista de Radio Vigo, pronunciando conferencias a prol dos sublevados. Foi un dos fundadores da Asociación da Prensa de Vigo en 1907. Foi conselleiro Nacional de Prensa.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Medalla ao Mérito do Traballo en 1945.
  • Xornalista de honra, outorgado polo Ministerio de Información en 1952.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Cambón e foi pai de Carmen, Elena e Concepción Agra Cambón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 20-7-1952, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 19. ISBN 978-84-8457-448-4.