Manuel Lustres Rivas
Manuel Lustres Rivas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de xaneiro de 1888 |
Ribeira | |
Falecemento | 10 de novembro de 1936 |
Redondela | |
Soterrado | Cemiterio de Pereiró |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Manuel Antonio Lustres Rivas, nado en Ribeira o 14 de xaneiro de 1888 e asasinado en Redondela o 10 de novembro de 1936, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do piloto de buque mercante José Lustres Gómez e de María Rivas Otero. Trasladouse a Compostela para estudar medicina. Alí fixo amizade con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e participou nos faladoiros do Café Colón.
En 1906 comezou a colaborar en El Miño e pasou en 1907 a Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa, publicando tamén artigos na Gaceta de Galicia de Compostela. Foi director de El Heraldo Gallego. En 1915 marchou a Madrid, foi redactor de El Parlamentario e colaborou en España Nueva, España Libre e El Liberal. En 1918 volveu a Galicia e colaborou en La Concordia de Vigo ata 1922. En xullo dese ano dirixiu o semanario Acción Viguesa. Ao ano seguinte foi nomeado redactor xefe do xornal vigués Galicia. Despois de deixar a redacción emigrou á Arxentina aínda que seguiu a colaborar co xornal enviando crónicas daquel país. Regresou a Galiza e colaborou en Faro de Vigo e outros medios.
Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, foi detido nas instalacións de Faro de Vigo, do que era redactor, e encarcerado no presidio da illa de San Simón. Foi asasinado o 10 de novembro de 1936,[1] o seu corpo sen vida apareceu no Alto da Cuncheira, na parroquia de Trasmañó (Redondela). Os seus restos descansan no Cemiterio de Pereiró.
Obra[editar | editar a fonte]

Reuniu os seus ensaios no volume Pandemonium (1917), e publicou no folletón de La Correspondencia de España de Madrid a narración La fraticida. Pero dedicou maior esforzo ao teatro, estreando en Vigo en 1923, en colaboración con Ramiro del Valle, a comedia en dous actos La hora grande. Con Ramón Fernández Mato estreou outra comedia, Peregrino de la ilusión.
En galego publicou diversos artigos en xornais e revistas como A Nosa Terra.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Blas, Ceferino de (10/11/2016). "Lustres Rivas, una muerte que lo hermana con Lorca". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Lustres Rivas, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 264-265.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 349.
- Portabales Vázquez, Ángel (2005). "Lustres Rivas, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- David Paz Nóvoa: "O xornalista Manuel Lustres Rivas" blogspot.com 26/3/2008.
- Lustres Rivas no Dicionario de autores/as do Barbanza
- Ficha en Nomes e Voces.