Ollo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Ollo humano

O ollo (Gl-ollo.ogg pronunciación ), (do latín ocŭlus), ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros. Os máis complexos serven para proporcionar o sentido da vista.

As partes do ollo son esenciais para a existencia humana porque grazas a elas captamos, percibimos e atopamos o que se chama as imaxes percibidas por este sistema.

Os ollos compostos atópanse nos artrópodos (insectos e animais semellantes) e están formados por moitas facetas simples que dan unha imaxe "pixelada", ou sexa, en mosaico (non imaxes múltiples, como a miúdo crese).

Na maioría dos vertebrados e nalgúns moluscos, o ollo funciona proxectando imaxes a unha retina sensible á luz, onde se detecta e transmítese un sinal correspondente a través do nervio óptico. O ollo polo xeral é aproximadamente esférico, cheo dunha sustancia transparente xelatinosa chamada humor vítreo, que enche o espazo comprendido entre a retina e o cristalino, o humor transparente, atópase no espazo existente entre o cristalino e a córnea transparente, cuxa función é a de controlar o estado óptimo da presión intraocular, cun lente de enfoque chamado cristalino e, a miúdo, un músculo chamado iris que regula a cantidade de luz que entra e lle dá cor aos ollos.

Para que os raios de luz se poidan enfocar débense refractar. A cantidade de refracción que cómpre depende da distancia do obxecto que se ve. Un obxecto distante requirirá menos refracción que un máis próximo. A maior parte da refracción acontece na córnea, que ten unha curvatura fixa. O resto da refracción requirida dáse no cristalino. Ao avellentar, o ser humano vai perdendo esta capacidade de axustar o enfoque, deficiencia coñecida como presbicia ou vista cansa. Os ollos máis simples non fan máis que detectar se as zonas ao seu redor están iluminadas ou escuras. Os máis complexos serven para proporcionar o sentido da visión.

Funcións do ollo[editar | editar a fonte]

O ollo recibe os estímulos dos raios da luz procedentes da contorna e transfórmanos en impulsos nerviosos. Estes impulsos chegan ata o centro cerebral da visión, onde se descodifican e convértense en imaxes. A vista é un dos cinco sentidos que nos permiten comprender o mundo que nos rodea e desenvolvernos nel.

Estrutura do ollo[editar | editar a fonte]

1:cámara posterior 2:ora serrata 3:músculo ciliar 4:ligamento suspensorio do lente 5:canle de Schlemm 6:pupila 7:cámara anterior 8:córnea 9:iris 10:cortex do cristalino 11:núcleo do cristalino 12:corpo ciliar 13:conxuntiva 14:músculo oblicuo inferior 15:músculo recto inferior 16:músculo recto medial 17:arterias e veas retinianas 18:papila (punto cego) 19:duramadre 20:arteria central retiniana 21:vea central retiniana 22:nervio óptico 23:vea vorticosa 24:conjuntiva bulbar 25:mácula 26:fóvea 27:esclerótica 28:coroides 29:músculo recto superior 30:retina

O órgano da visión está composto polas pálpebras, os globos oculares, o aparello lagrimal e os músculos oculares externos. A visión binocular, coa participación de ambos os ollos, permite apreciar as imaxes en tres dimensións. O globo ocular mide uns 25 mm de diámetro e mantense na súa posición grazas aos músculos oculares. Está envolvido por unha membrana composta de varias capas.

A capa exterior, chamada esclerótica (27), é espesa, resistente e de cor branca. Recobre a capa intermedia, a coroides (28), que contén abondosos vasos sanguíneos. A capa interna chámase retina (30), e nela atópanse as células sensibles á luz: os bastóns e os conos. A parte anterior do globo ocular está cuberta pola córnea (8), unha membrana transparente e resistente que non posúe vasos sanguíneos.

Ao redor da córnea está a conxuntiva (4). Por detrás da córnea áchase a cámara anterior, limitada polo iris (9) e a pupila (18). Detrás da pupila atópase o cristalino, o corpo ciliar e a cámara posterior. As dúas cámaras están cheas dun líquido, o humor acuoso, que por unha banda mantén a tensión do interior do ollo e, por outro, humedece o cristalino e garante a súa nutrición. O iris está formado por unha fina rede de fibras conxuntivas, ou estroma, provista de numerosos vasos sanguíneos e dos músculos que controlan a dilatación e a contracción da pupila.

A cor do iris depende da transparencia do estroma e da cantidade de pigmento que contén. Cando o pigmento é escaso, os ollos son azuis, mentres que cando hai unha cantidade maior aprécianse matices verdes ou castaños.

O pigmento fórmase durante os primeiros meses de vida, polo que todos os recentemente nados teñen os ollos de cor azul grisácea. A cor definitiva establécese aos dous ou tres meses de vida. Senón hai pigmentación, os ollos parecen vermellos: é o caso dos albinos.

Cando o pigmento é escaso, os ollos son dunha cor azulada; se hai unha maior cantidade aprécianse matices verdosos ou castaños

O cristalino, situado xusto detrás da pupila, está sostido por unhas fibras conxuntivas moi finas que á súa vez están unidas ao músculo constrictor do corpo ciliar. O cristalino fórmase ao longo da terceira ou cuarta semana do embarazo. É brando e elástico nos nenos, pero se endurece co paso dos anos.

O cristalino medra durante toda a vida: nun individuo de 70 anos é case tres veces maior que nun bebé. Detrás do cristalino atópase o humor vítreo, unha masa xelatinosa, abrancazada e transparente que ocupa a maior parte do interior do ollo. Esta masa está rodeada pola retina, que é a túnica máis interna do ollo. A retina, sensible aos impulsos luminosos, está conectada coas fibras do nervio óptico que se prolonga cara ao cerebro.

A zona que rodea o nervio óptico é a papila óptica, un área que non contén células sensoriais e constitúe o denominado punto cego. Sobre a superficie da retina, no eixo anteroposterior do ollo, hai unha depresión: a mácula lútea ou amarela, que é a zona con maior agudeza visual. O ollo ve a luz visible que vai desde 400 milimicras a 750 milimicras, aproximadamente 3x107 Hz (3 por 10 elevado a 7 Hz) de frecuencia de ancho de banda.

Funcionamento do ollo[editar | editar a fonte]

Enfoque da luz dun obxecto distante e a luz dun obxecto preto do ollo

Pupila[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Pupila.

A pupila é a parte central do iris. Trátase dunha abertura dilatable e contráctil de cor negra coa función de regular a iluminación que lle chega á retina, na parte posterior do ollo.

A pupila é o diafragma do ollo. Os músculos do músculo ciliar que teñen forma circular e de radio, ábrena ou péchana en función da luminosidade.

Contracción da pupila
Pupila contraída
Pupila dilatada

Córnea e cristalino[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Córnea e Cristalino.

A córnea é unha importante porcion anatomica do ollo e o cristalino é un compoñente do ollo con forma viconvexa; constitúen o obxectivo do ollo. Cando un raio de luz pasa dunha sustancia transparente a outra, a súa traxectoria desvíase: este fenómeno coñécese co nome de refracción. A luz se refracta no cristalino e proxéctase sobre a retina. O cristalino regula a distancia curvándose máis ou menos. Se o cristalino é opaco, a retina transmite unha imaxe borrosa. Esta patoloxía é coñecida como "cataratas".

Retina[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Retina.

Na retina están as células visuais, polo que se pode comparar a unha película fotosensible. A luz, é dicir, a imaxe que percibimos, transfórmase alí en impulsos eléctricos que o nervio óptico transmite ao cerebro. Os nervios ópticos da zona nasal de ámbolos dous ollos entrecrúzanse antes de entrar no encéfalo, formando o quiasma óptico, en cambio a zona temporal non se cruza, deixando nun lado do cerebro o sector nasal dun ollo e o temporal do outro. Logo prolónganse polas vías visuais cara á zona media do cerebro e atravesando o tecido cerebral, alcanzan os centros visuais dos lóbulos occipitales. Ignórase que ocorre con exactitude despois, pero os impulsos eléctricos transfórmanse en imaxes. A imaxe chega investida á retina, pero o cerebro rectifícaa e podemos percibila na súa posición orixinal.

Conos e bastóns[editar | editar a fonte]

As células sensoriais da retina reaccionan de forma distinta á luz e as cores. Os bastóns actívanse na escuridade, e só permiten distinguir o negro, o branco e os distintos grises. Os conos, en cambio funcionan de día e en ambientes iluminados, e fan posible a visión nas cores.

En realidade hai tres tipos de conos, adaptados a cada un ás cores azul, vermello e verde; os cales interaccionan mezclandose para formar o espectro completo de luz visible. O pigmento dos conos é unha sustancia coloreada do retinol. Os conos están concentrados no centro da retina mentres que a frecuencia dos bastóns aumenta a medida que nos afastamos da mácula lutea cara á periferia. Cada Cono (célula) está conectado individualmente co centro visual do cerebro, o que na práctica permite distinguir a unha distancia de 10 metros dous puntos luminosos separados por só un milímetro.

Outras partes do ollo[editar | editar a fonte]

Cirurxía ocular.
Musculatura ocular.

Musculatura extrínseca[editar | editar a fonte]

Principais defectos e patoloxías do ollo[editar | editar a fonte]

Miopía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Miopía.

A miopía é a dificultade para ver de lonxe, xeralmente débese a un diámetro anteroposterior do ollo maior do normal a unha converxencia excesiva do cristalino ou a unha refracción demasiado forte da córnea. En todos os casos, as imaxes proxéctanse por encima da retina e transmítense de forma borrosa.

Hipermetropía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Hipermetropía.

A Hipermetropía xeralmente congénita, débese a un diámetro anteroposterior do ollo menor do normal, polo que as imaxes proxéctanse por detrás da retina. Non esta relacionada coa distancia ou proximidade do obxecto observado. Os nenos hipermétropes intentan ver mellor entornando os ollos co que sobrecargan os músculos que controlan a forma do cristalino. Por iso adoitan ter a vista cansa dores de cabeza e dificultades para concentrarse.

Presbicia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Presbicia.

A presbicia maniféstase en avanzada idade, cando xa resulta difícil ver de cerca e para poder ler o periódico hai que afastalo dos ollos. Este problema débese á perdida de elasticidade do cristalino. Para garantir unha boa visión de cerca, o cristalino debe contraerse: cando xa non pode facelo, a visión próxima faise borrosa con todo a visión de lonxe segue sendo boa. Prodúcese máis ou menos a partir dos 40 anos de idade.

Daltonismo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Daltonismo.

O daltonismo consiste nunha dificultade para distinguir o vermello e o verde aínda que hai casos en que tamén é difícil diferenciar os demais cores. O daltonismo, moito máis corrente no home que na muller pode ser hereditario. Non adoita causar outros trastornos, aínda que pode constituír un problema nalgunhas profesións que esixen unha correcta visión das cores.

Conxuntivite[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Conxuntivite.

A conxuntivite é unha inflamación da conxuntiva, que se irrita e adquire unha cor avermellada en vez do branco habitual. Tense picores no ollo e a sensación que se meteu po dentro. Tamén pode producirse pus como as secreciones coagulan durante a noite, pola mañá resulta difícil abrir as pálpebras. A conxuntivite é unha enfermidade infecciosa ou alérxica moi corrente.

Catarata[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Catarata.

A catarata corresponde a unha opacificación do cristalino e é unha enfermidade bastante frecuente nas persoas maiores. Dado que o cristalino vólvese opaco progresivamente pérdese visión. Moitas veces descoñécese as causas da enfermidade pero pode aparecer en casos de diabetes ou tras unha infección.

Glaucoma[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Glaucoma.

O glaucoma é unha afección caracterizada por unha acumulación de líquido no interior do ollo. Dentro do ollo hai unha produción constante de humor acuoso, pero este líquido evacúase na mesma produción. Se a canle por onde se drena o humor acuoso se obstruye, o líquido non se elimina e a presión intraocular aumenta en exceso. O glaucoma é unha afección grave que se non se cura a tempo, pode xerar a perdida da visión. Hai moitos medicamentos contraindicados cando se padece glaucoma. O incumprimento desta regra pode provocar unha cegueira.

Traumatismos[editar | editar a fonte]

Calquera ferida ou contusión do ollo pode alterar a visión ou causar unha cegueira. En principio o ollo está ben protexido dentro da órbita ósea pero un golpe directo, un proxectil, os anacos do parabrisas ou un produto irritante pode afectalo.

Oftalmía[editar | editar a fonte]

O ollo é moi sensible aos raios ultravioletas ben sexa de orixe natural (reflexo do sol na neve, a area ou o auga) ou artificial (soldaduras eléctricas, aparellos de esterilización, raios UVA).

Unha exposición excesiva produce unha inflamación moi dolorosa coñecida co nome de oftalmia. A única prevención consiste en levar lentes de sol tratadas cun filtro capaz de deter os raios ultravioletas e non uns simples cristais escuros.

Outros defectos e patoloxías[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ollo
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de ollo

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]