Alberto Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alberto Baltar Tojo")
Alberto Baltar Tojo
Nacemento 1 de abril de 1939
Lugar Santiago de Compostela
Falecemento 1993
Lugar Vigo

Alberto Baltar Tojo, nado en Santiago de Compostela o 1 de abril de 1939 e finado en 1993 en Vigo, foi un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na USC, en Barcelona e en Madrid e en 1965 asentouse en Vigo colaborando con profesionais como Xosé Bar Boo, Xaime Riera ou Xaime Garrido Rodríguez, cos que fixo os PXOUs de Baiona e Nigrán

Foi un dos fundadores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, do que foi secretario entre 1979 e 1981.

O mesmo ano do seu pasamento o Concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa: Arquitecto Alberto Baltar.[1]

Alberto Baltar rehabilitou o edificio central da Xunta de Galicia de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Centro Médico Povisa.
  • Rehabilitación de San Caetano.
  • Nave industrial na r/ Jacinto Benavente de Vigo, 1988.[2]
  • Nave Industrial Freiremar, en Vigo, 1988.[3]
  • Nave Industrial Galiciamar, en Vigo, 1989.[4]
  • Centro da Terceira Idade do Carballiño.
  • Centro da Terceira Idade da Estrada.
  • Escola Rosalía de Castro, de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]