Ramón Baltar Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Baltar Domínguez
Nacemento 1902
Lugar Santiago de Compostela
Falecemento 8 de setembro de 1981
Lugar Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación médico
Fillos Alberto Baltar Tojo e Rafael Baltar
editar datos en Wikidata ]

Ramón Baltar Domínguez, nado en Santiago de Compostela en 1902 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1981[1], foi un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ángel Baltar Cortés, estudou Medicina en Compostela. Foi profesor axudante de Anatomía, Patoloxía e Cirurxía na Facultade de Medicina da USC. Traballou desde 1928 como cirurxián no Hospital Real de Santiago. Dende a morte do seu pai dirixiu o Sanatorio Baltar (1934-1963) e o Gran Hospital (1940). Ao iniciarse a guerra civil foi mobilizado para traballar como cirurxián nos hospitais da vangarda da fronte no bando franquista. Inicialmente non tivo problemas, pero foi acusado polo Servizo de Información Militar de Burgos de ser "cotizante del Socorro Rojo, izquierdista y propagandista del Frente Popular. Tenido comúnmente por masón". Conseguiu saír sobresido grazas ás testemuñas que presentou. Pero en 1939 foi novamente sancionado coa inhabilitación perpetua para todo tipo de cargos directivos e de confianza. Ao rematar a guerra volveu exercer a docencia na Facultade de Medicina. Deu apoio médico a fuxidos, guerrilleiros e represaliados da comarca de Santiago. No seu Sanatorio fixéronselle radiografías ao guerrilleiro Foucellas en marzo de 1945 despois de terse ferido fortuitamente coa súa arma, e ser inicialmente atendido en Ordes e Tordoia. En 1947 foi encarcerado en Vigo xunto co médico Ulpiano Villanueva, acusados de contribuír ao Socorro Rojo Internacional aínda que, en realidade, estaban vinculados á Unión de Intelectuales Libres. Gañou a oposición a profesor da Sala de Cirurxía da Beneficencia Provincial e foi nomeado decano do corpo médico desa entidade (1952). Foi presidente da Sociedade Española de Cirurxía (1965). Publicou libros relacionados coa medicina e a historia e investigou a relación entre Castelao e a medicina, como reflicten o artigo "Castelao médico" e o volume Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII, 1961.
  • La Escuela Médica Compostelana, 1968.
  • Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte, Editorial Bibliófilos Gallegos, 1979.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Emma Tojo Sieyro e foi pai de Luís, Rafael, Fernando e Alberto Baltar Tojo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia 8-9-1981, p. 30.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]