Alberto Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de decembro de 2017 ás 14:47 por Xas (conversa | contribucións) (modelo biografía)
Infotaula de personaAlberto Baltar
Biografía
Nacemento1 de abril de 1939 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de agosto de 1993 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRamón Baltar Domínguez Editar o valor em Wikidata
IrmánsRafael Baltar Tojo, Luís Baltar Tojo e Fernando Baltar Tojo Editar o valor em Wikidata

Alberto Baltar Tojo, nado en Santiago de Compostela o 1 de abril de 1939 e finado en Vigo o 21 de agosto en 1993, foi un arquitecto galego.

Traxectoria

Fillo de Ramón Baltar Domínguez. Formouse na USC, en Barcelona e en Madrid e en 1965 asentouse en Vigo colaborando con profesionais como Xosé Bar Boo, Xaime Riera ou Xaime Garrido Rodríguez, cos que fixo os PXOUs de Baiona e Nigrán

Foi un dos fundadores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, do que foi secretario entre 1979 e 1981.

O mesmo ano do seu pasamento o Concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa: Arquitecto Alberto Baltar.[1]

Alberto Baltar rehabilitou o edificio central da Xunta de Galicia de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Obra

  • Centro Médico Povisa.
  • Rehabilitación de San Caetano.
  • Nave industrial na r/ Jacinto Benavente de Vigo, 1988.[2]
  • Nave Industrial Freiremar, en Vigo, 1988.[3]
  • Nave Industrial Galiciamar, en Vigo, 1989.[4]
  • Centro da Terceira Idade do Carballiño.
  • Centro da Terceira Idade da Estrada.
  • Escola Rosalía de Castro, de Vigo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía