Saltar ao contido

Paseo (fusilamento)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paseo é o eufemismo procedente da lei de fugas co que se coñeceu a unha serie de episodios de violencia e represión política acaecidos durante a guerra civil española. Tiveron lugar tanto no bando republicano como no sublevado[1] e viviron o seu auxe entre xullo e decembro de 1936. Íase buscar ás vítimas coa escusa de sacalas a dar un paseo, o cal terminaba co fusilamento nos descampados, moitas veces de noite.[2] Ás veces participaban neles delincuentes comúns.[3]

Indalecio Prieto definiría en 1961 en Cartas a un escultor estes paseos como:[4]

Execucións sen sumario que se prodigaron nas dúas zonas de España e que nos deshonraron por igual aos españois dun e outro bando.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]