Vítimas da guerra civil en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Monumento a Alexandre Bóveda no lugar onde foi fusilado o 17 de agosto de 1936

Durante a guerra civil española foron executadas en Galicia 4 699 persoas[1], e outras 8.106 [Cómpre referencia]máis foron procesadas por delitos relacionados co conflito, segundo as conclusións provisionais do informe As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, elaborado por unha comisión interuniversitaria a instancias da Consellaría de Cultura.[1]

Dos 4 699 mortos, 4 619 foron homes e 80 mulleres, mentres que dos procesados os homes foron 7.782 e as mulleres 324.[Cómpre referencia]

Distribución dos mortos[editar | editar a fonte]

O informe clasifica os falecidos en dous bloques, segundo as circunstancias da morte:

  • Extraxudicial (paseados, execucións sen formación de causa, morte na cadea, mortes en tiroteos)3 233
  • Execucións – 1 466.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Informe do proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, de xullo do 2008 (pdf) Datos actualizados en xaneiro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]