Nomes e voces
Nomes e voces | |
---|---|
Tipo | grupo de investicación |
Área de operación | Galicia |
Data de fundación | 2006 |
Persoas relacionadas | Lourenzo Fernández Prieto, Emilio Grandío Seoane, Xosé Manoel Núñez Seixas, Julio Prada Rodríguez, María Jesús Souto Blanco, Dionisio Pereira e Chus Martínez |
Premios | Premio Galiza Mártir |
País | España |
Na rede | |
http://www.nomesevoces.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nomes e voces, nomeado inicialmente As vítimas, os nomes, as voces e os lugares é un estudo que pretende recoller o número total de mortos e procesados en Galicia como consecuencia do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, así como as circunstancias que rodearon a súa morte ou axuizamento. Da elaboración do informe encargouse unha comisión formada por membros das tres universidades galegas[1], coordinados polo historiador Lourenzo Fernández Prieto, a instancia da Consellería de Cultura.
Cifras
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Vítimas da guerra civil en Galicia.
Segundo os datos do informe[2], como consecuencia do levantamento golpista morreron en Galicia 4.699 persoas, das cales 4619 foron homes e 80 mulleres. Outras 7.403[Cómpre referencia] (7.124 homes e 274 mulleres) foron procesadas.
Fontes
[editar | editar a fonte]O equipo empregou como fontes para a súa investigación as causas militares datadas entre os anos 1936 e 1939 das xurisdicións de Terra e da Armada da IV Rexión Militar (Ferrol), os rexistros civís de toda Galicia, xunto co de Zamora e Pasaia (Guipúscoa), así coma a bibliografía sobre a época. A maiores, realizaron 349 entrevistas en Galicia, Asturias, Barcelona, a Arxentina, Cuba e o Uruguai.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, Vieiros, 11/4/2006.
- ↑ Informe Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine. en xaneiro de 2012 de Nomes e voces 17/4/18
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do proxecto
- Informe provisional Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine., en xaneiro de 2012 de Nomes e Voces
- O franquismo non ten herdeiros, pero hai temor a remover o pasado, entrevista con Lourenzo Fernández Prieto, director do proxecto.