Xastre, xastra
Un xastre[1] ou alfaiate[2] é a persoa que exerce o oficio da xastrería, unha arte que consiste na creación de pezas de vestir principalmente masculinas (traxe, pantalón, chaleco) de forma artesanal e a medida, ou sexa, deseñando exclusivamente de acordo coas medidas e preferencias de cada cliente, sen facer un uso estandarizado de numeración preexistente.
Os xastres na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]A literatura popular galega recolle numerosas burlas e sátiras contra os xastres -e tamén as costureiras-, ó considerarse que o seu traballo é livián e cómodo, en comparación co traballo no campo, moito máis duro. Por iso táchanse ós xastres de delicados, afectados, pouco homes.[3]
Os mariñeiros seguen diferentes crenzas e cautelas á hora de construír unha barca ou facerse ó mar. Entre elas cómpre citar a prohibición de levar a bordo un cura ou falar deles, de cobras, de raposas, de zapateiros ou de xastres.[4]
Léxico
[editar | editar a fonte]Por veces chámanse xastres os piollos que se moven polas costuras dun vestido.
Xastre é un dos nomes comúns dun pequeno crustáceo denominado Galathea strigosa[1]
Locucións
[editar | editar a fonte]- Ser coma o xastre das Baíñas: dise de quen recibe un encarga, pon os materiais e logo non cobra. A expresión pode completarse así: ser coma o xastre das Baíñas, coser de balde e pór as liñas[5][6]
Refraneiro
[editar | editar a fonte]- Na cas do probe que dá o que ten, puntada curta e agoantar ben.[7]
- Na casa do rico que fai mala vida, puntada larga e acabar axiña. Na casa do pòbre que da do que ten, puntada corta e asegurar ben.[8]
Cantigueiro
[editar | editar a fonte]- A que non viches o que eu vin/ na feira do Rapadoiro:/ veinticinco castres xuntos/ cosendo nun barredoiro.[9]
- ¿Quen mo compra, que llas vendo/ catro cousas nun raial?/ Un xastre, unha costureira,/ unha agulla e un dedal.[9]
- Sete xastres fan un home,/ catorce fan un testigo,/ para botar unha firma/ fanche falla veintecinco.[9]
- Sete xastres fan un home/ e vintacinco un testigo,/ fan falla cento cincoenta/ para firmar un recibo.[10]
- Sete xastres fan un home/ o ano do pan barato,/ o ano que o pan é caro/ xa fan falla vintecatro.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xastre.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alfaiate.
- ↑ Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (en Dicionario de Dicionarios s. v. xastre).
- ↑ Eliseo Alonso: "Mariñeiros das gamelas", en Coloquio de etnografía marítima, Museo do Pobo Galego, Santiago 1988, px. 125.
- ↑ Francisco Javier Rodríguez (1863): Diccionario gallego-castellano, ed. de Antonio dela Iglesia González, A Coruña (en Dicionario de Dicionarios s. v. xastre).
- ↑ Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona (en Dicionario de Dicionarios s. v. xastre).
- ↑ Saudade 3, maio 1943, 24-25.
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar (en Dicionario de Dicionarios s. v. xastre).
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 Saudade 4, xullo 1943, 28.
- ↑ Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (en Dicionario de Dicionarios s. v. xastre).