Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Europa (en albanés: Evropa, en serbia: Европа) é o nome do himno nacional da República de Kosovo, aprobado polo parlamento o 11 de xuño de 2008. Esta melodía carece de letra, para evitar ofender á minoría serbia que habita nesta ex provincia serbia que declarou a súa independencia unilateralmente o 17 de febreiro de 2008. O himno, cuxo autor é o compositor albanés Mehdi Mendiqi, foi aprobado nunha sesión cerimonial do Parlamento tras gañar Mendiqi un concurso en cuxas bases se establecía que o tema musical non podía facer referencia á cultura de ningunha das etnias de Kosovo.
|
|
|
Himnos
de estados soberanos |
|
|
Himnos nacionais e rexionais de
entidades políticas |
|
|
| Himnos de entidades políticas desaparecidas |
|
|
Himno da
Unión Europea e
Concilio europeo |
|
|