Aliados da Segunda Guerra Mundial
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aliados.
Os Aliados eran os estados opostos ás Potencias do Eixo durante a Segunda Guerra Mundial.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Datas nas que os estados uníronse ós aliados
[editar] Trala invasión alemá de Polonia
Polonia: 1939 1 de setembro
Reino Unido: 1939 3 de setembro
Francia: 1939 3 de setembro
Australia: 1939 3 de setembro
Nova Celandia: 1939 3 de setembro
Nepal: 1939 4 de setembro
Terranova: 1939 4 de setembro
Tonga: 1939 4 de setembro
Sudáfrica: 1939 6 de setembro
Canadá: 1939 10 de setembro
[editar] Tralo fin da "Guerra de Broma"
Dinamarca: 1940 9 de abril
Noruega: 1940 9 de abril
Bélxica: 1940 10 de maio
Luxemburgo: 1940 10 de maio
Países Baixos: 1940 10 de maio
Francia Libre: 1940 18 de xuño
Grecia: 1940 28 de outubro
Reino de Iugoslavia: 1941 6 de abril
Unión Soviética: 1941 22 de xuño
Tannu Tuva: 1941 25 de xuño
[editar] Tralo Ataque a Pearl Harbor
Panamá: 1941 7 de decembro
Filipinas: 1941 7 de decembro
Costa Rica: 1941 8 de decembro
República Dominicana: 1941 8 de decembro
El Salvador: 1941 8 de decembro
Haití: 1941 8 de decembro
Honduras: 1941 8 de decembro
Nicaragua: 1941 8 de decembro
Estados Unidos: 1941 8 de decembro
República de China: 1941 9 de decembro
Guatemala: 1941 9 de decembro
Cuba: 1941 9 de decembro
República de Corea (Goberno exiliado): 1941 9 de decembro
Checoslovaquia (Goberno exiliado) : 1941 16 de decembro
México: 1942 22 de maio
Brasil: 1942 22 de agosto
Etiopía: 1942 14 de decembro
Iraq: 1943 17 de xaneiro
Bolivia: 1943 7 de abril
Irán: 1943 9 de setembro
Italia: 1943 13 de outubro (antigamente membro do Eixo)
Colombia: 1943 26 de novembro
Liberia: 1944 27 de xaneiro
[editar] Tralo Día-D
Romanía: 1944 25 de agosto, (antigamente membro do Eixo)
Bulgaria: 1944 8 de setembro, (antigamente membro do Eixo)
San Marino: 1944 21 de setembro
Albania: 1944 26 de outubro, (antigamente controlado polo Eixo)
Hungría: 1945 20 de xaneiro, (antigamente membro do Eixo)- Bahawalpur: 1945 2 de febreiro
Ecuador: 1945 2 de febreiro
Paraguai: 1945 7 de febreiro
Perú: 1945 12 de febreiro
Uruguai: 1945 15 de febreiro
Venezuela: 1945 15 de febreiro
Turquía: 1945 23 de febreiro
Líbano: 1945 27 de febreiro
Arabia Saudí: 1945 marzo
Arxentina: 1945 27 de marzo
Chile: 1945 11 de abril
República Popular de Mongolia: 1945 9 de agosto
[editar] Alianzas formais durante a guerra
[editar] Aliados orixinais
Os aliados orixinais foron aqueles estados que lle declararon a guerra á Alemaña nazi trala súa invasión de Polonia en setembro de 1939.
Estes países estaban aliados entre eles por unha rede de pactos de defensa común e pactos de alianzas militares asinados antes da guerra. A Alianza Franco-Británica databa da Entente Cordiale de 1904 e a Triple Entente de 1907, activadas durante a Primeira Guerra Mundial. A Alianza Franco-Polaca fora asinada en 1921 e renovada en 1927 e 1939. O Pacto de Defensa Común Polaco-Británico asinado o 25 de agosto de 1939 establecia promesas de asistencia militar mútua entre os estados no caso de que algún deles fose atacado por Alemaña.
As colonias británicas, francesas e holandesas loitaron xunto ós países da metrópole, e moitos deles continuaron coa loita despois de que estes foran ocupados.
[editar] Polonia
Polonia nunca se converteuse en membro oficial do Terceiro Reich e o goberno polaco no exilio despois de 1939 continuou coas contribucións polacas na Segunda Guerra Mundial en varios frontes con centos de milleiros de membros do exército polaco en Francia e no Reino Unido, e co Armia Krajowa (exército do interior) na Polonia ocupada. A Unión Soviética, porén, non recoñeceu ó goberno e en 1943 organizou o exército popular polaco baixo o mando de Rokossovsky, arredor do cal foi construido o estado sucesor da postguerra da República Popular de Polonia en 1952.
[editar] A Comunidade Británica de Nacións
Ademais do Reino Unido, varios membros independentes da Comunidade Británica de Nacións, declararon a guerra a Alemaña por separado, algúns no mesmo día, e outros pouco despois. Estes paises foron: Canadá, Australia, Nova Celandia, Terranova (que non foi parte de Canadá até 1949) e Sudáfrica.
O Imperio Indio (o area da República de India, Paquistán e Bangladesh) e a maioría das colonias britanicas arredor do mundo estaban controlados por Gran Bretaña e polo tanto comezaron coas hostilidades coa declaración de guerra británica. O Imperio Indio tivo 1,500,000 vítimas civís, máis que o Reino Unido. Tamén contribuiu con 2,500,000 militares e sufriu a perda de 87,000 homes, máis que calquera outro país da Commonwealth, agás Reino Unido.
[editar] O Grupo de Oslo
O Grupo de Oslo era unha organización de países oficialmente neutrais. Catro membros xuntáronse máis adiante ós aliados, como gobernos no exilio: o Reino de Noruega, o Reino dos Países Baixos, o Reino de Bélxica e o Gran Ducado de Luxemburgo.
A República de Finlandia foi invadida pola USSR o 30 de novembro de 1939 [1]. Máis tarde Finlandia e o Reino de Dinamarca uníronse formalmente ó Pacto Anti-Comintern do Eixo. O Reino de Suecia permaneceu oficialmente neutral. Seguindo ó armisticio de Moscova de setembro de 1944, Finlandia entrou de feito nos aliados e loitou contra as forzas alemás. Isto levou a unha serie de enfrontamentos chamados Guerra de Laponia.
Dinamarca foi invadida polos alemáns o 9 de abril de 1940. O goberno danés non declarou a guerra e rendeuse o mesmo día, coa idea de que mantía control sobre os asuntos internos. Non se formou ningún goberno no exilio. Os daneses loitaron tanto a carón dos aliados como das potencias do eixo. Islandia e Grenlandia, que estaban respectivamente unida con Dinamarca e sendo colonia danesa, foron ocupadas polos aliados durante a maioría da guerra. As forzas británicas tomaron o control de Islandia en 1940. As forzas dos Estados Unidos, malia ser oficialmente neutrais no momento, ocuparon Grenlandia o 9 de abril de 1941. Os EEUU tamén controlaron Islandia a partir do 7 de xullo de 1941. Islandia declarou a total independencia de Dinamarca en 1944, pero xamáis declarou a guerra a ningún dos poderes do eixo.
[editar] Portugal
A pesar de que Portugal permaneceu oficialmente neutral, a Alianza Anglo-Portuguesa foi recurrida na Segunda Guerra Mundial para o establecemento dunha base aliada nas Illas Azores. Portugal protestou pola ocupación do Timor portugués polas forzas aliadas en 1942, pero non ofreceu resistenza activa. A colonia foi subsecuentemente ocupada por Xapón; e os cidadáns portugueses e timoreses axudaron ós aliados a loitar contra o Xapón. Macao tamén foi ocupado `por Xapón.
[editar] Declaración das Nacións Unidas
Declaración da ONU, 1 de xaneiro de 1942
(26 asinantes)
- Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
- Estados Unidos
- República de China
- Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas
- Australia
- Bélxica
- Canadá
- Costa Rica
- Cuba
- República Checa (eslovaquia estaba ocupada)
- República Dominicana
- El Salvador
- Grecia
- Guatemala
- Haití
- Honduras
- India Británica
- Luxemburgo
- Paises Baixos
- Nova Celandia
- Nicaragua
- Noruega
- Panamá
- Polonia
- Sudáfrica
- Iugoslavia
(Note: Durante a declaración de 1942 adheríronse México, Filipinas, e Etiopía; nos catro primeiros meses de 1943, adheríronse Iraq, Brasil, e Bolivia.
[editar] Comintern
As seguintes forzas socialistas e prosoviéticas tamén combateron contra as Potencias do Eixo antes ou durante a segunda guerra mundial.
- Brigadas Internacionais
- Fronte Popular
- Exército de Liberación Nacional Albanés
- Exército Vermello Chinés
- Ethniko Apeleftherotiko Metopo
- Hukbalahap (Filipinas)
- Partido Comunista Malaio
- Mongolia
- Exército Popular Polaco
- URSS
- Viet Minh
- Partido Comunista de Iugoslavia
[editar] Unión Panamericana
Os membros da Unión Panamericana, que eran todos neutrais en 1939-41, formaron un pacto de mutua defensa nunha conferencia de Ministros de Asuntos Exteriores na Habana, dende o 21 de xullo ó 30 de xullo de 1940. A "Declaración de Asistencia Recíproca e Cooperación para a Defensa das Nacións das Américas" foi parte do Acta Final da Segunda Reunión de Ministros de Asuntos Exteriores das Repúblicas Americanas na Habana, Cuba, 30 de xullo de 1940.[1] Houbo 21 asinantes:
- Bolivia
- Brasil (25 de agosto de 1942)
- Colombia
- Costa Rica
- Cuba
- República Dominicana
- El Salvador
- Guatemala
- Haití
- Honduras
- México (1 de xuño de 1942)
- Nicaragua
- Panamá
- Estados Unidos
En xullo de 1944, unha Forza Expedicionaria Brasileira de 25,000 membros uniuse ós aliados na Campaña de Italia. En 1945, o Escuadrón 201 da Forza Aérea Mexicana uniuse á U.S. Far East Air Force, durante a campaña das Filipinas. Os outros países deste grupo contribuiron con unidades de apoio ou pequenas forzas de combate.