Parlamento Europeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Parlamento Europeo é a institución parlamentaria da Unión Europea. Elixido por un período de 5 anos por sufraxio universal directo polos cidadáns dos estados membros, o Parlamento Europeo é a expresión democrática de 450 millóns de cidadáns europeos. Constitúe así a Asamblea elexida nos termos dos Tratados, do Acto do 20 de setembro de 1976. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendenzas políticas existentes nos países membros. O parlamento ten a súa sé na cidade de Estrasburgo, en Francia.
O presidente do Parlamento Europeo é Hans-Gert Poettering.
Índice |
[editar] Composición
Artigo sobre as eleccións europeas
O Parlamento Europeo representa a máis de 450 millóns de cidadáns da Unión Europea. Os seus membros son coñecidos como Membros do Parlamento Europeo (MEPs nas súas siglas en inglés). Na actualidade hai 732 MEPs que son renovados cada 5 anos por sufraxio universal. Non existe un sistema uniforme para a eleción dos MEPs, cada estado membro os elixe do xeito que cren axeitado aínda que todos empregan sistemas semellantes de representación proporciónal.
A asignación de asentos para cada estado membro baséase na proporcionalidade decrecente en función da poboación pero ofrecendo ós estados pequenos un maior número de representantes dos que lles corresponderían pola súa poboación. Debido a que o número de MEPs asignados a cada país foi negociado mediante tratados non hay ninguna fórmula para calcularen o número de asentos para cada estado.
No 2004, o número de asentos do Parlamento Europeo aumentou temporalmente ata os 788 asentos para acolleren ós representantes dos novos estados membros unidos á UE o 1 de maio do mesmo ano. Actualmente o número é de 785.
A proporción de mulleres MEPs elixidas no 2004 era dun 30.2%, en 1979 era só o 16.5%.
| Representación | ||||
|---|---|---|---|---|
| Estado | * | Estado | * | |
| 99 | 18 | |||
| 78 | 18 | |||
| 78 | 14 | |||
| 78 | 14 | |||
| 54 | 14 | |||
| 54 | 13 | |||
| 35 | 13 | |||
| 27 | 9 | |||
| 24 | 7 | |||
| 24 | 6 | |||
| 24 | 6 | |||
| 24 | 6 | |||
| 24 | 5 | |||
| 19 | Total: | 785 | ||
[editar] Poderes e funcións
Nin o Parlamento Europeo nin o Consello de Ministros posúen iniciativa lexislativa. Este papel queda reservado para a Comisión Europea. Non obstante, as propostas de lei e as directivas da Comisión teñen que ser aprovadas polo Parlamento e polo Consello para poder entraren en vigor.
O Parlamento ten o poder de arranxar e bloquear as iniciativas lexislativas naquelas áreas nas que ten competencia de codecisión. Nalgunhas áreas pode aceptar ou vetar as propostas da Comisión e noutras só ten poder consultivo.
O Presidente da Comisión Europea é elixido polo Consello Europeo, aínda que ten que ser ratificado polo Parlamento. O resto dos comisarios tamén teñen que ser ratificados polo Parlamento quen acepta ou rexeita á Comisión presentada polo Presidente da Comisión Europea en bloque.
O Parlamento Europeo exerce unha función de supervision democrática sobre as actividades da UE e en especial sobre aquelas que leva a termo a Comisión Europea. O Parlamento ten o poder de presentar unha moción de censura á Comisión. Neste caso a moción ten que ser aprovada por unha maioría de dous terzos para ser aprovada.
[editar] Ubicación
O Parlamento Europeo ten a súa base en tres cidades diferentes. O protocolo do Tratado de Amsterdam require que haxa sesións mensuais na cidade de Estrasburgo, onde está a sé oficial do Parlamento, mentres que as sesións extra e os comites fanse na cidade de Bruxelas. A cidade de Luxemburgo é a sé do Secretariado do Parlamento Europeo.
Na actualidade existe un forte movemento que quere que Bruxelas sexa a capital de tódalas institucións da UE (a Comisión Europea, o Consello Europeo e o Consello da Unión Europea). A pesares disto, e do millón de sinaturas pedindo o seu traslado, Francia se opón fortemente.
[editar] Organización
As principais oficinas e órganos do Parlamento son os seguintes:
- Presidente - obligacions (en inglés)
- Vicepresidentes - obligacions (en inglés)
- Bureau - obligacions (en inglés)
- Conferencia de Presidentes - obligacions (en inglés)
- Quaestors - obligacions (en inglés)
- Conferencia dos Presidentse do Comité - descripció (en inglés)
- Conferencia dos Presidentes da Delegación - descripción (en inglés)
[editar] Lista de comités
Asuntos interiores
- BUDG - Comité de orzamentos
- CONT - Comité de control presupostario
- ECON - Comité de asuntos económicos e presupostarios
- EMPL - Comité de traballo e asuntos sociais
- ENVI - Comité de medio ambiente, saúde pública e seguridade alimentaria
- ITRE - Comité de industria e enerxía
- IMCO - Comité de mercado interior e defensa do consumidor
- TRAN - Comité de transporte e turismo
- REGI - Comité de desenvolvemento rexional
- AGRI - Comité de agricultura e desenvolvemento rural
- PECH - Comité da industria pesqueira
- CULT - Comité de educación e cultura
- JURI - Comité de asuntos legais
- LIBE - Comité de liberdades civís, xustiza e asuntos interiores
- AFCO - Comité de asuntos constitucionales
- FEMM - Comité polos dereitos da muller e a igualdade de xénero
- PETI - Comité de peticións e demandas
Asuntos exteriores
- AFET - Comité de asuntos exteriores
- DROI - Subcomité de dereitos humanos
- SEDE - Subcomité de seguridade e defensa
- DEVE - Comité de desenvolvemento
- INTA - Comité de comercio internacional
[editar] Grupos e partidos políticos
- Vexa o artigo principal eleccións europeas
Os partidos políticos con representación no Parlamento Europeo están organizados en grupos políticos, si ben a disciplina de grupo é moi débil e tanto as delegacións estatais como os MEPs a título individual son libres de establecer alianzas segundo crean convinte.
Actualmente (2004) hai sete grupos, así como un conxunto de MEPs non adscritos a ningún grupo. O 21 de xullo de 2004 a composición era a seguinte:
| Grupo | Partidos membros/subgrupos | Escanos |
| Partido Popular Europeo - Demócratas Europeos (EPP-ED) | Partido Popular Europeo Demócratas Europeos |
268 |
| Partido Socialista Europeo (PES) | 200 | |
| Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (ALDE) | Partido Reformista Liberal e Demócrata Europeo (ELDR) Partido Europeo Democrático |
88 |
| Os Verdes-Alianza Libre Europea (Greens-EFA) | Partido Verde Europeo Alianza Libre Europea |
42 |
| Izquierda Unida Europea - Izquierda Verde Nórdica (GUE-NGL) | Izquierda Europea Alianza Verde e de Esquerdas Nórdica (NGLA) (Outros partidos de esquerdas) |
41 |
| Independencia e Democracia | 37 | |
| Unión pola Europa das Nacións (UEN) | 27 | |
| Non Adscritos | 29 | |
[editar] Historia
A Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA) estableceu unha 'Asemblea Comunitaria' en setembro de 1952, os 78 membros da cal proviñan dos parlamentos estatais dos estados membros. Esta asemblea foi ampliada en marzo de 1958 para tratar de cubrir tamén a Comunidade Económica Europea e ó Euratom e adóptase o nome de Asemblea Parlamentaria Europea até 1962 que é sustituido polo de Parlamento Europeo. En 1979 o Parlamento foi ampliado e os seus membros foron elexidos directamente por vez primeira. Dende aquela, o Parlamento tense expandido a medida que se foron incorporando novos estados á UE.


