Alfabeto cirílico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Historia do alfabeto |
|---|
|
Idade do Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
| Meroítico s. –III. |
| Xenealoxía completa |
O alfabeto cirílico ou азбука (azbuka) é o alfabeto utilizado para escribir seis linguas eslavas: bielorruso, búlgaro, eslavo-macedonio, ruso, serbio e ucraíno, ademais de moitas outras linguas da antiga Unión Soviética, Europa Oriental e Asia como: abxasio, azerí, casaco, komi, mongol, taxiko e iakut, noutras aínda que non é oficial o seu uso segue a ter arraigo como no caso do usbeco e o turcomán. O moldavo, a variedade do romanés oficial na República Socialista Soviética de Moldova utilizou o alfabeto cirílico de forma oficial ata 1989. Na República de Transnistria, non recoñecida internacionalmente, o moldavo segue a utilizarse oficialmente co alfabeto cirílico. En Rusia unha lei aprobada no ano 2002 prescribe que todas as linguas do país teñen que ser escritas no alfabeto cirílico, o que atopou unha forte oposición por parte do goberno e dos medios culturais tártaros, que avogan polo alfabeto latino.
Foi inventado no século X por un misioneiro do Imperio Bizantino en Bulgaria (posibelmente san Clemente de Ohrid). Este alfabeto está basado no alfabeto glagolítico, inventado polos santos Cirilo e Metodio, misioneiros do Imperio Bizantino, para traducila Biblia ós pobos eslavos no século IX. O idioma desta Biblia era o Eslavónico eclesiástico antigo, baseado nun dialecto eslavónico que aprenderon en Tesalónica. Este idioma foi empregado pola Igrexa Ortodoxa Rusa entre os séculos IX e XII. O alfabeto actual data de 1708.
* letras arcaicas