Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo
| United Nations Interim Administration Mission in Kosovo Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo |
|||||
|
|||||
|
|||||
| Capital | Pristina | ||||
| Lingua | albanés, serbio, inglés | ||||
| Goberno | Administración das Nacións Unidas | ||||
| Historia | |||||
| • Establecido | 1999 | ||||
A Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (MINUK) (en inglés: United Nations Interim Administration Mission in Kosovo - UNMIK), é a administración provisional por parte da ONU da provincia serbia de Kosovo. A Misión xestou en Kosovo unha fase de transición cara á resolución do seu status definitivo despois da guerra de 1999. Tras o fracaso das negociacións entre as autoridades serbias e as do goberno provisional kosovar, estas últimas optaron por declarar unilateralmente, e co apoio dos Estados Unidos, da súa independencia de Serbia o 17 de febreiro de 2008. Esta independencia foi recoñecida por Estados Unidos e moitos dos seus aliados, pero non foi aceptada por Serbia, Rusia, nin polas Nacións Unidas.
A MINUK foi creada pola resolución 1244 do Consello de Seguridade da ONU o 10 de xuño de 1999, ao final da Guerra de Kosovo.
Representantes do Secretario Xeral [editar]
O dirixente principal da MINUK e o Representante Especial do Secretario Xeral das Nacións Unidas en Kosovo. Este cargo foi exercido polas seguintes persoas:
| Nome | Nacionalidade | Período |
| Bernard Kouchner | Francia | 1999 - 2001 |
| Hans Haekkerup | Dinamarca | 2001 |
| Michael Steiner | Alemaña | 2001 - 2003 |
| Harri Hermanni Holkeri | Finlandia | 2003 - 2004 |
| Søren Jessen-Petersen | Francia | 2004 - 2006 |
| Joachim Rücker | Alemania | 2006 - 2008 |
| Lamberto Zannier | Italia | Desde 2008 |