Asemblea Xeral das Nacións Unidas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa política que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas é un dos seis principais órganos das Nacións Unidas. Está constituída polos representantes de tódolos Estados membros das Nacións Unidas e reúnese en sesións anuais dirixidas por un presidente elixido de entre os representantes.
Como o único órgano da ONU na que están representados tódolos membros, a Asemblea serve como foro para que os membros propoñan iniciativas sobre paz, progreso económico e dereitos humanos. Pode iniciar estudos; facer recomendacións; desenvolver a lei internacional; promove-los dereitos humanos; e fomentar programas internacionais económicos, sociais, culturais e educacionais.