Bauxita
| Bauxita | |
|---|---|
| Bauxita masiva | |
| Fórmula química: | Al2O3·2H2O |
| Clase: | Hidróxidos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Triclínico |
| Cor: | Parda, turquesa |
| Brillo: | De vítreo a terroso |
| Dureza: | 3,5 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Moi imperfecta |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 2,4 g/cm3 |
A bauxita é un mineral da clase dos hidróxidos cuxa fórmula química é Al2O3·2H2O e que constitúe unha importante fonte de aluminio.
Índice |
Aspecto [editar]
A bauxita preséntase normalmente en forma de agregados amorfos do tamaño aproximado dun chícharo. É de cor parda (aínda que pode mostrar en ocasións tonalidades azuladas) e o seu brillo case sempre é terroso.
Lugares onde se atopa [editar]
É frecuente encontrar bauxita en zonas de oxidación. Pode aparecer pola acción oxidante dos procesos meteorolóxicos sobre as rochas ígneas e pola erosión de rochas aluminosas en condicións tropicais, depositándose en forma de coloide. Aparece tamén en mesturas de arxila e granito.
Usos da bauxita [editar]
Debido o seu alto contido en aluminio, a bauxita utilízase para obter alúmina, que despois dun proceso electrolítico é transformada en aluminio que servirá para a fabricación de papel de aluminio, avións, buques, láminas, teitos e utensilios para o fogar.