Lingua montenegrina
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Montenegrino (Црногорски/Crnogorski) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Montenegro | |
| Rexións: | Balcáns | |
| Total de falantes: | 144.838 | |
| Posición: | Fóra das 100 primeiras | |
| Familia: | Indoeuropea Eslava Eslava meridional Montenegrino |
|
| Escrita: | Latino e cirílico | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | ||
| Regulado por: | Xunta para a Estandarización da Lingua Montenegrina | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | sla | |
| ISO 639-3: | srp | |
O montenegrino (Црногорски језик/Crnogorski jezik) é unha lingua eslava meridional falada en Montenegro e pola diáspora montengrina. Está baseada no dialecto Shtokavian e é a lingua oficial do país.
Dende o ano 2004 a comunidade académica e literaria montenegrina estivo a propoñer a idea de instituír a idea da lingua montenegrina á opinión pública, un movemento que ten a súa orixe en 2003 trala caída do comunismo. Despois da independencia de Montenegro a lingua pasou a ser a oficial do país coa Constitución do 22 de outubro de 2007 e foi estandarizada o 10 de xullo de 2009. Ethnologue identifica a lingua como un nome alternativo do serbio.[1]
Índice |