Kofi Annan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Kofi Atta Annan | |
|
|
|
|---|---|
| 1 de xaneiro de 1997 – 31 de decembro de 2006 | |
| Precedido por | Boutros Boutros-Ghali |
| Sucedido por | Ban Ki-moon |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 8 de abril de 1938 (75 anos) Kumasi, Gana |
| Cónxuxe | Nane Maria Lagergren |
| Relixión | protestante |
Kofi Atta Annan, nado o 8 de abril de 1938 en Kumasi, Gana, foi Secretario Xeral da Organización das Nacións Unidas e laureado co Premio Nobel da Paz no 2001.
Traxectoria [editar]
De orixe nobre na súa terra natal, o seu nome significa "nacido nun venres". Despois de comezar a estudar Economía na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Kumasi, Kofi recibiu unha bolsa para continuar os seus estudos nos EUA.
Annan comezou a traballar nas Nacións Unidas ao ingresar en 1962 na Organización Mundial da Saúde. Ao longo dos anos exerceu diferentes funcións na ONU ata chegar ao posto de secretario-xeral o 1 de xaneiro de 1997. En decembro de 2006, logo de nove anos no cargo, foi substituído polo surcoreano Ban Ki-Moon.
| Predecesor: Butros Butros-Ghali |
Secretario Xeral das Nacións Unidas 1997 - 2006 |
Sucesor: Ban Ki-moon |