15 de maio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Abr - Maio - Xuñ | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 15 de maio é o 135º día do ano do calendario gregoriano e o 136º nos anos bisestos. Quedan 230 días para finalizar o ano.
14 de maio < 15 de maio < 16 de maio
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1918 - Termina a Guerra Civil en Finlandia
- 1891 - O papa León XIII publica a encíclica Rerum Novarum
[editar] Nacementos
- 1567 - Claudio Monteverdi, compositor italiano (m. 1634).
- 1859 - Pierre Curie, físico francés (m. 1906).
- 1867 - Eoin MacNeill, historiador e político irlandés (m. 1945).
- 1915 - Paul Samuelson, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía
- 1937 - Trini López, cantante estadounidense.
- 1948 - José Antonio Durán, escritor e investigador.
- 1948 - Brian Eno, músico e produtor musical británico.
- 1951 - Frank Wilczek, físico estadounidense, Premio Nobel de Física
- 1953 - Michael Oldfield, multi-instrumentista e compositor inglés.
- 1965 - Raí, futbolista brasileiro.
[editar] Mortes
- 1634 - Hendrick Avercamp, pintor holandés (n. 1585).
- 1782 - Marqués de Pombal, primeiro ministro de Portugal (n. 1699).
- 1924 - Francisco Tettamancy Gastón, escritor galego (n. 1854).
- 1924 - Paul-Henri-Benjamin d'Estournelles de Constant, diplomata francés, Premio Nobel da Paz (n. 1852).
- 1935 - Kasimir Malevich, pintor ruso precursor da Arte moderna.
- 1966 - Venceslau Braz, presidente de Brasil (n. 1868).
- 1967 - Edward Hopper, pintor estadounidense (n. 1882).
- 1978 - Robert Menzies, primeiro ministro de Australia (n. 1894).
- 2012 - Carlos Fuentes, escritor mexicano (n. 1928).
[editar] Festas e celebracións
- O Día Internacional da Familia foi instituído pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1993. Acordouse celebrar no ano 1994 o Ano Internacional da Familia e concretar no día 15 de maio de tódolos anos os actos conmemorativos, que se comezaron a convocar en todo o mundo a partir dese ano 1994.
- O obxectivo proposto é poñer de manifesto a importancia que a comunidade internacional debe conferir á familia como unidade básica da sociedade e motor do desenvolvemento económico e social, o que conleva tomar en consideración tódolos problemas que poidan afectar á situación das familias no mundo e promove-la adopción das medidas adecuadas para resolver eses problemas, incluíndo a necesidade de que os gobernos teñan en consideración as necesidades familiares á hora de establecer prioridades nas decisións políticas que adopten.
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro