Guantánamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGuantánamo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 20°08′18″N 75°12′22″O / 20.13833, -75.20611Coordenadas: 20°08′18″N 75°12′22″O / 20.13833, -75.20611
País insularCuba
ProvinciasProvincia de Guantánamo Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación228.436 (2012) Editar o valor em Wikidata (308,11 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie741.400.000 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado porBaía de Guantánamo Editar o valor em Wikidata
Altitude46 m Editar o valor em Wikidata
Creación1510 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal95100 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico21 Editar o valor em Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2000 (24ª Sesión)
Identificador1008-007

Guantánamo é o nome dunha cidade situada no sueste de Cuba. É a capital da provincia de Guantánamo. A poboación é de preto de 208.000 habitantes, a gran maioría vivindo da cultura do azucre e do algodón.

Historia[editar | editar a fonte]

Cando chegaron os españois, esta rexión estaba habitada por indíxenas taínos. Os taínos, caracterizados por ser oleiros e labregos, tamén foron un dos grupos máis rebeldes no seu rexeitamento aos conquistadores españois.

A cidade fundouse no ano 1796 co nome de Santa Catalina de Guantánamo no centro do val de Guantánamo, unha rexión fértil onde se estableceron numerosos muíños de azucre e trapiches, aproveitando a existencia de tres ríos de importancia económica: Bano, Jaibo e Guaso.

Durante a Guerra dos Dez Anos, as tropas comandadas polo xeneral Máximo Gómez intentaron invadir o val en dúas ocasións sen éxito.

Guantánamo e a base estadounidense de Guantánamo Bay

O 4 de decembro de 1870, alcanzou a condición de vila e comezou un amplo desenvolvemento grazas á súa posición estratéxica en relación ao comercio de café que se cultiva nas montañas próximas, o azucre e outros produtos agrícolas.

O 24 de febreiro de 1895, Guantánamo únese á Guerra de Independencia de Cuba cando Pedro Agustín Pérez organiza a revolta na granxa "La Confianza" nos arredores da cidade.

Durante a Intervención dos Estados Unidos entre 1898 e 1902, a baía preto da cidade comezou a chamar a atención do goberno intervencionista debido ao seu gran potencial estratéxico para o control militar do Caribe occidental.

A Emenda Platt, lei do Congreso dos Estados Unidos imposta á primeira Constitución cubana a comezos do século XX, baixo a ameaza de que, se non se aceptase, a illa permanecería ocupada militarmente, estableceu a obrigación de ceder porcións de territorio para instalacións militares aos Estados Unidos. Non tardou moito en poñer en práctica ese requisito.

En decembro de 1903, Estados Unidos tomou posesión "ata que o necesiten" da baía de Guantánamo, a través do chamado Tratado Cubano-Americano. Desde entón ata a Revolución Cubana (máis de medio século) foi o centro para unha marcada influencia dos Estados Unidos e pola presenza de cidadáns estadounidenses. O goberno de Cuba considera que o enclave é ilegal e desde 1960 négase a recibir o pago simbólico anual do contrato de arrendamento de 5.000 dólares. Pedro Manuel Pérez regalou os terreos para a Igrexa e a Praza de Armas destinada aos exercicios das tropas españolas. Primeiro eran pequenos camiños de terra que conducían á igrexa; máis tarde os corredores e xardíns de cemento foron construídos de forma rectangular con pequenas paredes de pedra arredor.

Outro lugar moi importante na historia da cidade é o Parque 24 de Febreiro. A terra onde descansa foi doada por José Rafat en 1841 e nelas proxectouse a praza Isabel II, en honor da Raíña de España. No centro do parque levantouse unha base na que se colocaron anacos de moedas e pergameos con inscricións e datas. Esta base estaba destinada a recibir a estatua da raíña que nunca chegou. Esta praza chamábase tamén Praza da Constitución.

Guantánamo tornouse célebre despois da implantación, a 15 km da cidade, da base naval dos Estados Unidos de América de Guantánamo. É no interior desta base onde se encontra a prisión de Guantánamo, medindo 117,6 km² alugada polo goberno estadounidense por 4.085 dólares por ano.

Desde xaneiro de 2002 están encarcerados nesta base prisioneiros afgáns e iraquís acusados de cooperación cos grupos dos Talibáns e de al-Qaída, nunha área excluída de todo e calquera control internacional no relativo ás condicións de detención dos seus prisioneiros. Segundo a Cruz Vermella internacional, eses prisioneiros serían mesmo vítimas de tortura. É usada hoxe en día para torturar prisioneiros non respectando os dereitos humanos e a convención de Xenebra.

José Martí tornou Guantánamo mundialmente coñecida coa súa canción Guantanamera (a meniña de Guantánamo).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]