Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Cristal |
|---|
|
|
Instancia de
| |
Título
Cristal (es) | |
Lingua
|
|
|
|
Fundación / creación
1932 | |
Data de publicación
1932 |
|
|
|
Lugar de publicación
| |
País de orixe
|
|
|
| Wikidata |
Cristal foi unha revista literaria editada en Pontevedra entre 1932 e 1933.
Apareceu o 25 de xullo de 1932, fundada e dirixida por Xoán Vidal Martínez, ao que logo se uniron Antonio Díaz Herrera e Xosé María Álvarez Blázquez. A súa periodicidade foi mensual durante os oito primeiros, para se pasar a bimensual nas dúas derradeiras entregas. Foi unha publicación bilingüe -con predominio do castelán- que contou cunha importante presenza de escritores non galegos, entre eles Ramón Pérez Cienfuegos. Entre os galegos destacan Xerardo Álvarez Limeses, Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Fermín Bouza-Brey, Álvaro de las Casas, Aquilino Iglesia Alvariño e os xa daquela falecidos Luís Amado Carballo e Manuel Antonio. Chegou a publicar un total de dez números.
En 1998 fíxose unha edición facsímile a cargo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.