Lhosca Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLhosca Arias
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de setembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Actividade
Ocupaciónprogramador , produtor de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAntón Arias Curto Editar o valor em Wikidata

Lhosca Arias López, nado en Monforte de Lemos en 1970 e finado o 28 de setembro de 2023, foi un creador e animador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Imaxe e Son da Coruña, primeiro operación de imaxe e son, e logo realización e produción de programas audiovisuais. En 1992, e dentro da escola, realizou a súa primeira obra experimental de videocreación, 'A mirada', inspirada en Sartre.[1] Como proxecto de fin de módulo produciu e debuxou 'Lumi', que está considerado o primeiro filme de stop motion e a primeira curta de animación[2] producida en Galicia (1994), que lle valeu para encetar o proxecto empresarial de Bandua Produccións. Estivo dirixindo esta produtora ata o ano 2000, cando tamén realizou o piloto de 'O visgo máxico', unha curta de animación, coproducida por Antón Reixa.

Anos despois desenvolveu unha serie de 26 epidosodios dun minutos de duración do personaxe do Carrabouxo (2007). Porén, a súa carreira profesional no século XXI virou[3] do audiovisual ao desenvolvemento web (e Bandua Produccións pasou a ser Bandua.net, e despois Emprender Conectando e Comunicar Conectando, respectivamente).[4] Estes proxectos, dos que foi director, tiñan a súa sede na comarca de Lugo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • A mirada (1992).
  • Lumi (1994).
  • O visgo máxico (2000).
  • O Carrabouxo (2007).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi o fillo de Antón Arias Curto.[5] Viviu en Friol.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A mirada". AVG - Audiovisual Galego. Consultado o 2023-10-01. 
  2. culturagalega.org (2023-09-29). "Falece Lhosca Arias, pioneiro da animación en Galicia". Cultura Galega (en castelán). Consultado o 2023-10-01. 
  3. Cráneo, Manuel (2023-10-02). "Lhosca Arias, o pioneiro que tiña un sorriso nos beizos". La Región. Consultado o 2023-10-02. 
  4. "Lhosca Arias". Linkedin. Consultado o 1/10/2023. 
  5. "Academia Galega do Audiovisual. Post en Facebook. Comentarios.". www.facebook.com. Consultado o 2023-10-01. 
  6. "Lhosca Arias". www.facebook.com. Consultado o 2023-10-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]