Antolín López Peláez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antolín López Peláez
Antolín López Peláez.jpg
Nacemento 31 de agosto de 1866
Lugar Manzanal del Puerto (Villagatón)
Falecemento 22 de decembro de 1918
Lugar Madrid
Profesión sacerdote (arcebispo)
Antolín López Peláez, firma.jpg
editar datos en Wikidata ]

Antolín López Peláez, nado en Manzanal del Puerto (Villagatón) o 31 de agosto de 1866 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1918, foi un bispo e escritor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai era garda civil destinado en Manzanal del Puerto. Toda a súa familia paterna era de Noceda del Bierzo, onde viviu de neno algúns anos e foi á escola. Gañou unha bolsa para estudar no seminario de Astorga e fixo a carreira eclesiástica. Ordenado sacerdote, foi nomeado ecónomo de Mombuey e, posteriormente Maiordomo do seminario de Astorga. En 1890, con 23 anos, foi Cóengo Maxistral de Lugo, onde ademais de dedicarse ao profesorado, foi polemista na prensa católica. Colaborou en Revista Gallega. Permaneceu en Lugo seis anos e foi despois Doutor da Metropolitana de Burgos. En 1905 foi nomeado bispo de Jaca e elixido senador pola súa provincia eclesiástica ata ser elixido arcebispo de Tarragona en 1913.

Investigador e historiador da igrexa de Lugo, pertenceu ás Reais Academias da Lingua, da Historia, de Belas Artes, e das Ciencias Morais e Políticas.

Obras[editar | editar a fonte]

El Monasterio de Samos,1894.
  • Las aras de la catedral de Lugo.
  • La exposición continua del Santísimo en la santa iglesia catedral de Lugo, 1892.
  • El darwinismo y la ciencia.
  • El Pontificado y el actual pontifice: libro escrito con motivo del jubileo episcopal de León XIII, 1893.[1]
  • Historia del culto eucarístico en Lugo.
  • El monasterio de Samos, 1894.
  • Historia de la enseñanza en Lugo.
  • Los benedictinos de Monforte, 1895.
  • El gran gallego (Fr. Martín Sarmiento), 1895, Biblioteca Gallega.
  • El señorío temporal de los obispos de Lugo.
  • Las poesías de Feijoo, sacadas á luz con un prólogo de Antolín López Peláez, 1899.[2]
  • Los escritos de Sarmiento y el siglo de Feijoo, 1901, Biblioteca Gallega.[3]
  • El Derecho español en sus relaciones con la Iglesia, 1902.
  • Los daños del libro, 1905.
  • La importancia de la prensa, 1907.
  • El gran rotativo católico, 1911.
  • Vida póstuma de un santo (el culto de San Froilán), 1911.
  • Museos diocésanos. Discurso en la inauguración del de Tarragona, 1914.
  • La lucha contra la usura, 1917.
Museo Diocesano de Tarragona.
Predecesor:
-
Bispo de Jaca
19051913
Sucesor:
-
Predecesor:
Tomàs Costa i Fornaguera
Arcbishoppallium.png
Arcebispo de Tarragona
19131918
Sucesor:
Francisco Vidal Barraquer

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]