Revista Gallega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Revista Gallega
SEMANARIO DE LITERATURA É INTERESES REGIONALES
Revista Gallega 1 (17.03.1895).pdf
Ano 1. Número 1 (en PDF).
Formato de páxina 35 x 25’5 cm.
Nº de páxinas 8.
Fundación 17 de marzo de 1895
Remata 30 de xuño de 1907
Propietario Galo Salinas Rodríguez
Director Galo Salinas Rodríguez
Fundador Galo Salinas Rodríguez
Tendencia rexionalismo liberal
Lingua castelá e galega
Localidade A Coruña
Periodicidade semanario dominical.
Prezo 0’10 pesetas (invariábel).
Seccións Campo Neutral, Prosa y Verso, Entre Serio y Broma, Bibliografía, Crónica Semanal (“Palique”), Informaciones e outras.
Sucesor A Nosa Terra
Arquivo Hemeroteca da RAG

A Revista Gallega, subtitulado Semanario de literatura é intereses regionales, foi un semanario galego, dominical[1] e bilingüe, publicado na Coruña. Foi fundado en 1895 por Galo Salinas Rodríguez e rematou de publicarse en 1907, cun total de 640 números. Autoproclamado Órgano oficial de la Liga Gallega en la Coruña, durante os seus doce anos de historia constituíuse na publicación emblemática do rexionalismo liberal desa cidade.[2]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 17 de marzo de 1895[3]. Estaba dirixido por Galo Salinas Rodríguez, propietario e fundador do mesmo, como tamén figuraba no cabezallo do semanario, e da súa redacción facían parte Uxío Carré Aldao, Eladio Rodríguez González, Florencio Vaamonde Lores e Francisco Tettamancy Gastón[4]; outros xornalistas, como Salvador Golpe Varela, Waldo Álvarez Insua ou Manuel Lugrís Freire colaboraron moi estreitamente, nas súas respectivas etapas coruñesas, co cadro desta publicación.

Galo Salinas, fundador, propietario e director.

Redacción[editar | editar a fonte]

A sede da redacción e administración da Revista Gallega foi habitualmente a Libraría Rexional de Carré Aldao[5], nos mesmos locais en que se desenvolvían polas tardes os célebres faladoiros da Cova Céltica, nucleados desde o seu traslado á Coruña arredor da figura de Manuel Murguía, e onde tantas iniciativas a prol do rexurdimento político e cultural de Galicia se idearan, entre elas a propia Revista Gallega.[6]

"Aos académicos lusitás", RG 360, 9/2/1902.

Colaboradores[editar | editar a fonte]

Contou cunha ampla nómina de sinaturas colaboradoras, do mais alto nivel[7][8], como Eladio Fernández Diéguez, Evaristo Martelo Paumán, Lisardo Rodríguez Barreiro, Heraclio Pérez Placer, Alfredo Brañas, Manuel Amor Meilán ou Aurelio Ribalta, na que a presenza feminina era realmente notábel, con Valentina Lago-Valladares, Filomena Dato Muruais, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán, Elvira Novo García, María Barbeito, Fanny Garrido, Dolores de Gortázar Serantes e moitas outras (Rosalía Castro, Narcisa Pérez Reoyo…).

Contidos[editar | editar a fonte]

Ademais de narrativa e poesía, publicou artigos sobre economía, política e sociedade, lingua e literatura, teatro galego, emigración, historia do xornalismo en Galiza, como tamén interesantes fotografías. A partir do 7 de marzo de 1897 (RG 105) comezou a publicar unha Sección Bibliográfica que viña suplir ao desaparecido Boletín Bibliográfico de la Librería Gallega. O fondo documental que contén a Revista Gallega é así extenso e múltiple, debido ás moitas materias en que se ocupou[9], e do mesmo xeito tense destacado a súa modernidade editorial, sentido crítico e inusitada estabilidade[10]. Coincidindo co oitavo aniversario da Revista, o 15 de marzo de 1903 (RG 417), comezou a publicar o folletín Luisa ( Páginas de un sacrificio), que non está asinado.

Orientación ideolóxica[editar | editar a fonte]

Na súa longa vida a Revista Gallega acadou un considerábel prestixio xornalístico[11], e constituíuse na publicación emblemática do rexionalismo liberal e progresista que confluía na capital coruñesa[2]; entre o 14 de novembro de 1897 (RG 140) e o 10 de xullo de 1898 (RG 174) proclamouse Órgano oficial de la Liga Gallega en la Coruña (como así figurou no cabezallo, en vez da propiedade do xornal, entre os citados números), acentuando as súas posicións respecto da normalización da lingua galega e o seu ensino, así como a publicación de textos neste idioma[12]. Con todo, e a pesar da súa manifesta vocación bilingüe, o predominio do español nas súas páxinas é absoluto, e o espazo ocupado pola lingua galega no dominical oscilará en realidade ao ritmo das vicisitudes políticas do rexionalismo, observándose unha progresiva diminución dos textos en galego segundo avanza o século XX. Porén, en todos e cada un dos números da Revista Gallega publicouse en galego como mínimo un “Palique”, normalmente asinado por Janiño ou Xaniño (Galo Salinas)[13], e na colección da revista aparecen un gran número de textos de todo xénero en catalán e noutras linguas europeas.

N.º 521 (10º aniversario) co seu consello de redacción.

Fin da publicación[editar | editar a fonte]

Tras doce anos de inquebrantábel adhesión rexionalista[14] e de superar non poucas dificultades, a Revista Gallega cesou a súa publicación o domingo 30 de xuño de 1907 (RG 640), logo de que o seu director decidiu aceptar o cargo de cónsul xeral da República Oriental do Uruguai en Madrid que lle ofreceu o novo presidente deste país[15], o conservador reformista Claudio Williman (1907-1911), do Partido Colorado, vello amigo de Salinas desde a súa estadía en Montevideo[16] e a quen dedicou amplo espazo no último número do xornal[17].

Para substituír a Revista Gallega naceu ás poucas semanas na Coruña o semanario bilingüe A Nosa Terra (1907-1908)[18], que aínda chegaría a publicar 60 números erguendo a bandeira dun rexionalismo[19] xa na encrucillada perante novas realidades históricas.

Notas[editar | editar a fonte]

Abreviaturas:
DLG = Véxase bibliografía: Vilavedra Fernández, Dolores.
GEG (vol.) = Véxase bibliografía: Cañada Acebal, Silverio.
RG x = Revista Gallega n.º x
  1. Publicouse en sábado, por mor da chamada Ley del descanso dominical, entre a RG 496 (17.09.1904) e a RG 576 (31.03.1906).
  2. 2,0 2,1 Máiz (1984: 170-176); Molina (1989: 114-123); Barreiro (1993)
  3. Como así figura no propio cabezallo da publicación: domingo, 17 de marzo de 1895 (RG 1). Cfr. Fernández Pulpeiro (1981: 154): 1 de enero de 1895; Molina (1989: 113): 1 de xaneiro de 1895; DLG II (1997: 421): 12 de marzo de 1895.
  4. Carballo Calero (1975: 426); Máiz (1984: 171); Molina (1989: 114); Santos Gayoso (1990: 328).
  5. Rúa Real 30; RG 1 (17.03.1895: 1) e ss. En outubro de 1900 esta libraría trasladouse ao número 31 da rúa Real; RG 292 (21.10.1900: 6) e ss. E en xullo de 1903 á rúa Rego de Auga 16; RG 432 (28.06.1903: 1) e RG 433 (05.07.1903: 1) e ss. A Librería Regional de Carré permanecerá xa neste local do Rego de Auga até o seu peche definitivo en 1908. Só nas últimas semanas de vida (dez números) fixou a RG a súa redacción e imprenta nas oficinas de Fortunato García Ybarra (rúa Real 66), quen ademais de se facer cargo da administración da publicación introduciu no mesmo importantes novidades gráficas; RG 630 (21.04.1907: 1 e 6) a RG 640 (30.06.1907: 1 e 6).
  6. (…) Cantas veces tiña él (Víctor Said Armesto) a ocasión de visital-a nosa leda Cruña, parece que se gozaba en parolar con grande agarimo —concedéndolles especial preferencia— c’os seus íntimos, cales foran o noso escelso Murguía, e aqueles outros poucos amigos, de enxebreza acreditada, que tiñan en ben se axuntaren á cotío na que, uns cantos tan imbéciles como cobizosos, deran en alcumar A Cova Céltica (Libreiría do cultísimo Euxenio Carré Aldao en malhora desaparecida) e, abofellas, que do tal alcume, querendo facere un chiste trocouse en honrosísima gabanza; cantas veces, repitirei, congregados n-esa Cova, na que se aspiraba unha solencia de rescendente cultura e de enxebrismo gallego, somellando á os Celtas cando celebraban seus ritos relixiosos, Víctor Said, actuando, por veces, de gran sacerdote, co a sua substanciosa erudición nos falaba d’aqueles tempos millores e patriarcals e da sua futura labor literaria que tiña entre das mans (…); F. Tettamancy: Víctor Said Armesto (1917: 12-14); ver tamén: “Carré Aldao”, GEG (VIII: 55); “Cova Céltica”, GEG (XII: 183); “Cova Céltica”, DLG IV (2004: 375-376).
  7. DLG II (1997: 421-422).
  8. Nela colaboraron cáseque todos os escritores galegos do seu tempo (); Carballo Calero (1975: 426). La flor y nata de la intelectualidad gallega (); Barreiro (1993).
  9. Molina (1989: 133).
  10. Carballo Calero (1975: 426). Fernández Pulpeiro (1981: 158). Supo conciliar la defensa de un ideario regionalista con la modernidad editorial, ya que estamos ante una publicación urbana, moderna, crítica y de gran contenido cultural; Barreiro (1993). Segundo Molina (1989: 114), a publicidade foi xa o principal sustento económico do xornal; ver tamén, con relación á publicidade na RG, Fernández Pulpeiro (1981: 155).
  11. Estas razones (), permiten destacar a la REVISTA GALLEGA muy por encima de cualquier otra publicación, pues de las 12 restantes que había en La Coruña en 1896, la REVISTA era la de mayor prestigio, pues no sólo las revistas de La Coruña reproducían sus artículos, sino las de otras provincias [gallegas] (), continentes (), y de otras regiones españolas (); Fernández Pulpeiro (1981: 158). Esta revista é unha das publicacións culturais e políticas más importantes do século XIX en Galicia; Molina (1989: 114). Una de las más importantes publicaciones literarias salidas de Galicia; Santos Gayoso (1995: 133).
  12. Fernández Pulpeiro (1981: 155); GEG (XXXVIII: 113); DLG II (1997: 421-422).
  13. “O púbrico”, RG 640 (30.06.1907: 5), nota asinada por G. Salinas.
  14. “Nuestra bandera”: Es la de Galicia. (); RG 1 (17.03.1895: 1). “El primer aniversario”: () Todo, pero todo por Galicia. Todo, pero todo para Galicia. Ante la amada Región nada. En pos de la Región amada todo. (); RG 53 (15.03.1896: 1). “El segundo aniversario”: () trabajamos en pro de Galicia, y no hay obstáculo por accidentado que fuere que haga decaer nuestro ánimo, porque siempre y á toda hora hemos de hallar alientos para compendiar nuestras aspiraciones en esta frase: ¡VIVA GALICIA!; RG 106 (14.03.1897: 1). “El tercer aniversario”: () ¿Qué vino á hacer la REVISTA GALLEGA al iniciar sus pasos en la prensa periódica? Pues vino á hacer patria, á unir voluntades, á tratar de quebrantar antagonismos existentes entre pueblos hermanos, á poner muy en alto el pendón de Galicia… y lo hemos conseguido. Mas nuestras aspiraciones no se contrajeron á que la región gallega fuera una é indivisible: (). El regionalismo, pues, se abre camino y es ya idea que no espanta, estando todos conformes en que, desnuda del ropaje del platonismo en el que se envolvía, es hoy partido político y como tal dispuesto á la lucha. (); RG 157 (13.03.1898: 1). “El cuarto aniversario”: () El regionalismo ha sido, es y será nuestra divisa y á él hemos confiado la salvación del país. (); RG 209 (12.03.1899: 1). “El quinto aniversario”: () En nuestro corazón hay un solo sentimiento y en nuestro cerebro un solo pensamiento: el amor á la región gallega; el triunfo del regionalismo… (); RG 261 (11.03.1900: 1). “El sexto aniversario”: La REVISTA GALLEGA ha realizado un milagro: cumplió el sexto año de su vida pública: () una senda de sacrificios () que enardece á los que tienen fe en sus ideales, si son tan patrióticos como el Regionalismo. (); RG 312 (10.03.1901: 1). “El séptimo aniversario”: () Nuestro credo es hoy el mismo que preconizamos en el primer número de nuestro periódico; todo por la región gallega y todo para la región gallega. () á esta región sueño de nuestras ansias todo nuestro amor, toda nuestra adhesión y todos nuestros sentimientos compendiados en esta frase: ¡DIOS Y LA PATRIA GALLEGA!; RG 365 (16.03.1902: 1). “El octavo aniversario”: La REVISTA GALLEGA cumple hoy su octavo año de existencia periodística, consagrada á levantar el buen nombre de esta idolatrada región á la que hemos dedicado todos nuestros esfuerzos y los medios de que pudimos disponer. Solos en la lucha, ni nos arredró [sic] el abandono ni nos importaron los obstáculos (); RG 417 (15.03.1903: 1). “El noveno aniversario”: () recibimos elogios que por entero rendimos ante el altar de la patria de nuestra alma, repitiendo una vez más con la efusión y vehemencia del fanático patriota: ¡VIVA GALICIA!; RG 469 (13.03.1904: 1). “El décimo aniversario”: () Aferrados á nuestros ideales nos cupo la suerte de contar con lectores cultos, sensatos y patriotas, y nuestras armas templadas al fuego del entusiasmo avivado por el amor á la región gallega, no se han embotado, y brillantes y pulidas consérvanse tan punzantes y afiladas como cuando la primera vez entraron en lid, y continuarán del mismo modo para defender lo bueno y herir la maldad que solapadamente quiera salirnos al paso, ó con intentos de rebajar á nuestra idolatrada región. (); RG 521 (11.03.1905: 2). “El undécimo aniversario”: () nunca pudiéramos imaginar que aquí, en esta tierra donde tantas revistas apenas vivieron la vida de una flor, pudiese la nuestra sostenerse tantos años y continuar con los mismos arrestos juveniles que cuando comenzamos á luchar en defensa de Galicia. Y es que en cuantos trabajos hemos publicado, pusimos al lado de la honradez de nuestros principios, las palpitaciones de nuestro corazón que late por amor á Galicia (); RG 574 (17.03.1906: 1). “El duodécimo aniversario”: REVISTA GALLEGA (…) hállase hoy con el mismo vigor, con iguales entusiasmos, con idéntica lozanía que cuando publicó su primer número, cuyo programa ha venido cumpliendo a conciencia, con aquella constancia que caracteriza á los que tienen la persuasión de que llenan un sagrado deber: () luchamos por Galicia y no tenemos para que repetir lo que en cientos de veces hemos dicho respecto á los sentimientos que nos mueven hacia la bien amada región, núcleo de nuestras ansias. (); RG 626 (17.03.1907: 1).
  15. “Nuestro director”, RG 637 (09.06.1907: 3).
  16. “El presidente del Uruguay”, RG 625 (10.03.1907: 1); Salinas emigrou ao Uruguai en 1864, de onde volvería en 1876.
  17. RG 640 (30.06.1907: 1-2).
  18. Redacción y Administración: Riego de Agua, 16 —Librería de Carré—. Coruña: ANT 1 (04.08.1907: 6) e ss.
  19. El Regionalismo es un régimen de libertad, y tiene por objeto instaurar el principio natural de la variedad en la unidad, reconociendo la personalidad de las regiones dentro del Estado, y proclamando el derecho que tienen de regir por sí propias sus particulares intereses. Los regionalistas gallegos reconocen y declaran como absolutamente necesaria para la feliciadad de la Patria, las más estrecha y fraternal unión de todas las regiones que constituyen el Estado español; pero también anhelan vivamente en todos los órdenes de la vida de los pueblos, el particular bienestar de Galicia mediante una amplísima libertad regional y municipal; ANT 1 (04.08.1907: 1) e ss., é a solemne proclamación que figurou sobre o cabezallo en todos os números deste xornal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]