Aureliano Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aureliano Pereira
Aureliano Pereira.jpg
Nacemento22 de xaneiro de 1855
Lugar de nacementoLugo
Falecemento31 de outubro de 1906
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
Na rede
Discogs: 4863664 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aureliano José Pereira de la Riva, nado en Lugo o 22 de xaneiro de 1855[1][2] e finado en Madrid[3] o 31 de outubro de 1906,[1][4] foi un político, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixes familiares humildes, non lle foi posible cursar estudos superiores.

Labor periodístico[editar | editar a fonte]

Desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego, El Diario de Lugo e El Regional (que dirixiu desde a súa fundación en 1884 ata 1893). Colaborou con varios periódicos e revistas como La Ilustración Republicana Federal (1872),[2]El Bazar (1874), La Familia (1875), Barcelona Cómica (1895), La Ilustración Española y Americana[5]​ o El País.[4] A finais de 1899, en Madrid, encargouse da dirección, e foi redactor, da revista Nuevo Mundo[6], El Nacional e outros periódicos.[5]

Ideoloxía política[editar | editar a fonte]

Liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove. Estivo afiliado durante anos ao Partido Republicano Federal de Galicia,[7] no que ocupou cargos de certo relevo provincial, chegando a ser elixido concelleiro de Lugo en 1887. O seu peso na organización federal viría confirmarse ao ser nomeado, conxuntamente con Manuel Mosquera Lequerica e Modesto Moyrón, membro da comisión encargada, xunto a Moreno Barcia, da redacción do Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego, texto clave do federalismo en Galicia, que sería discutido e aprobado na Asemblea de Lugo do 2 ao 7 de xullo de 1887.

Sen abandonar o federalismo, en 1890 intégrase na Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía e Alfredo Brañas, como Secretario do Comité Rexionalista de Lugo. Sendo un caso único no galeguismo do século XIX, ao articular o rexionalismo cultural e político co federalismo republicano.

Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha sociedade laica e inimigo do sistema foral, foi un home preocupado pola situación da muller do seu tempo e un simpatizante do movemento obreiro.

Apartado da practica política rexionalista desde 1893, apoia o Partido Liberal Fusionista. En 1894 trasládase a Madrid cun posto de modesto funcionario no Ministerio de Fomento, e alí tamén, afastado de Galicia, transcorreron os derradeiros anos da súa vida.

Obra[editar | editar a fonte]

Aureliano José Pereira de la Riva.

Entre a súa obra poética, na súa totalidade en lingua galega, destacan Cousas da aldea (1891) Terra a miña (1891) e A cova da serpe (1892), coas que obtería galardóns diversos en certames e xustas. Publicou ademais numerosas composicións soltas en xornais e revistas. Así mesmo, preocupado polo futuro da literatura galega, sentiu a necesidade de crear unha editorial, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.

Títulos[editar | editar a fonte]

  • Soledad, Lugo, 1879.[8]
  • El Regionalismo, Barcelona, 1887.[9]
  • Poesías, Lugo, 1891 (con D. L. González López).[10]
  • Romancero de la ciudad de Lugo, Lugo, 1892.[11]
  • A Cova d'a serpe, Lugo, 1892.[12]
  • El Regionalismo y la poesía gallega, Lugo, 1895.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Carballo (1975), p. 439
  2. 2,0 2,1 Máiz (2006), p. 14
  3. "«Necrología». La Correspondencia de España (Madrid) (17.795)". Biblioteca Virtual de Prensa Histórica. 31-10-1906. p. 2. Consultado o 02-06-2018. 
  4. 4,0 4,1 Máiz (2006), p. 34
  5. 5,0 5,1 Ossorio (1903), p. 339
  6. Revista Gallega, 244, 12-11-1899, p. 3.
  7. Máiz (2006), p. 35
  8. Soledad Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  9. El Regionalismo Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  10. Poesías Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  11. Romancero de la ciudad de Lugo Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  12. A Cova d'a serpe Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  13. El Regionalismo y la poesía gallega Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]