Isabel de Borbón e Borbón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1851 Madrid, España |
Morte | 22 de abril de 1931 (79 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | La Granja de San Ildefonso (1991–) |
Residencia | Quintana Palace (en) (1902–1931) |
Outro | |
Título | Infanta de España |
Familia | Dinastía Borbón |
Cónxuxe | Caetano de Bourbon-Duas Sicílias (1868–) |
Pais | Francisco de Asís de Borbón e Isabel II de España |
Irmáns | Infante Luis, Prince of Asturias Fernando Francisco de Bourbon Maria Cristina de Bourbon (1854) Infanta Margarita of Spain Infante Francisco de Asís, Prince of Asturias Afonso XII de España Infante Francisco de Asís of Spain |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide |
Isabel de Borbón e Borbón (de nome completo María Isabel Francisca de Asís Cristina Francisca de Paula Dominga de Borbón e Borbón),[1] coñecida popularmente como La Chata, nada en Madrid o 20 de decembro de 1851 e finada en París o 23 de abril de 1931, filla primoxénita de Isabel II e Francisco de Asís de Borbón, foi infanta de España, princesa de Asturias de 1851 a 1857 e de 1874 a 1880 e condesa de Girgenti por casamento.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A infanta Isabel naceu o 20 de decembro de 1851 no Palacio Real de Madrid como a filla primoxénita da raíña Isabel II e Francisco de Asís de Borbón. Ao día seguinte, foi bautizada na Capela Real do palacio cos nomes de María Isabel Francisca de Asís Cristina Francisca de Paula Dominga de Borbón e Borbón, sendo os padriños os seus avós a raíña María Cristina e o infante Francisco de Paula de Borbón.[3]
Considerada princesa de Asturias desde o seu nacemento, unicamente desde o 24 de marzo de 1852 ostentou o título por concesión da súa nai en real decreto. A Cruz da Vitoria, símbolo do Principado de Asturias e dos herdeiros da Coroa, tampouco lle foi conferida ao seu nacemento, senón sete anos despois, en 1857. Este último ano, naceu o seu irmán Alfonso, quen pasou a ser o herdeiro de Isabel II.
Matrimonio
[editar | editar a fonte]A infanta Isabel contraeu matrimonio con Caetano de Borbón-Dúas Sicilias, conde de Girgenti, fillo de Fernando II rei das Dúas Sicilias, o 13 de maio de 1868. Foi un matrimonio concertado e non mantiveron nunca moita proximidade entre si. A infanta Isabel e Caetano non tiveron descendencia. Durante a súa viaxe de vodas, fóra de territorio español tivo a noticia do derrocamento da súa nai e non puido regresar a España ata a restauración da monarquía en 1874. Caetano de Borbón-Dúas Sicilias, padecía epilepsia, non sendo advertida desta circunstancia a infanta Isabel antes de casar. En setembro de 1871, a infanta Isabel sufriu un aborto espontáneo, evento que foi un duro golpe emocional para o seu esposo e que prexudicou definitivamente a súa saúde mental. Dous meses máis tarde, o 26 de novembro, Caetano suicidouse pegándose un tiro na cidade de Lucerna.
Vida posterior
[editar | editar a fonte]Coa proclamación do príncipe Afonso como rei de España, a infanta Isabel converteuse por segunda vez en princesa de Asturias, herdeira ao trono ata que se produciu o nacemento da súa sobriña a princesa María de las Mercedes en 1880, aínda que o goberno resistiuse a xurala e recoñecela oficialmente como herdeira.
En 1900 adquiriu o palacio de Quintana,[4] onde residiu de 1902 a 1931.[5][6]
Unha das actividades públicas da infanta Isabel que tivo maior transcendencia foi a viaxe a Buenos Aires, representando á Coroa Española, con motivo de celebración do Centenario da Revolución de Maio (1810) da República Arxentina que tivo lugar en 1910, estando presente na colocación da primeira pedra do Monumento á Carta Magna e as Catro Rexións Arxentinas.
Foi inmortalizada polo pintor José María López Mezquita saíndo dos touros, en coche de cabalos e acompañada da súa amiga da infancia e dama de compañía María Dolores Balanzat y Bretagne, marquesa de Nájera. O cadro, datado en 1915, exponse no Museo de Historia de Madrid, pois a infanta Isabel foi un personaxe que gozou de gran simpatía popular, especialmente entre a poboación madrileña, que a coñeceu co apelativo da Chata. No seu honor foi nomeada a coñecida rúa da Princesa en Madrid. Grazas a esta popularidade, sendo case octoxenaria, non foi obrigada polas novas autoridades a exiliarse ao proclamarse en España a II República. Con todo, Isabel decidiu acompañar aos seus parentes e partiu cara a Francia. Cinco días logo de abandonar España morreu de causa natural nun convento de Auteuil, preto de París. Foi enterrada en Francia.
O 23 de maio de 1991, por orde do rei Xoán Carlos I, foron trasladados os seus restos a España e depositados na Colexiata da Santísima Trindade do Palacio Real da Granja xunto aos do rei Filipe V e a súa esposa Isabel de Farnesio. Descansa na Colexiata deste Real Sitio de España porque estivo moi vinculada a el, pasando alí as vacacións e organizando faladoiros da clase feminina da alta nobreza da época no "Pequeno Versalles", os xardíns deste lugar. Ademais, aínda se mantén o seu recordo, xa que trala apertura ao público no ano 2000 deste Palacio dedicouse a última habitación da primeira planta a esta infanta de España, colocando tres fotografías encima dun piano de cola.
Xunto ao Parque do Oeste en Madrid érguese un conxunto escultórico na súa memoria, na rúa do pintor Eduardo Rosales (número 30).
Títulos e tratamentos
[editar | editar a fonte]- 20 de decembro de 1851 - 24 de marzo de 1852: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón
- 24 de marzo de 1852 - 28 de novembro de 1857: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Dona Isabel de Borbón e Borbón, princesa de Asturias
- 28 de novembro de 1857 - 13 de maio de 1868: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón
- 13 de maio de 1868 - 26 de novembro de 1871: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón, condesa de Girgenti
- 26 de novembro de 1871 - 24 de marzo de 1875: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón, condesa viúva de Girgenti
- 24 de marzo de 1875 - 11 de setembro de 1880: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Dona Isabel de Borbón e Borbón, princesa de Asturias, condesa viúva de Girgenti
- 11 de setembro de 1880 - 23 de abril de 1931: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón, condesa viúva de Girgenti
Escudos de armas
[editar | editar a fonte]Distincións honoríficas
[editar | editar a fonte]Do Reino de España
[editar | editar a fonte]- 20 de decembro de 1851: Dama da Orde das Damas Nobres da Raíña María Luisa.[7]
- 16 de maio de 1928: Dama gran cruz da Orden Civil de Beneficencia.[8]
Estranxeiras
[editar | editar a fonte]- Dama de primeira clase da Orde da Cruz Estrelada. ( Imperio Austrohúngaro)[9][10]
- Dama de honor da Orde de Teresa.[10] ( Reino de Baviera).
- Dama gran cruz da Orde de San Carlos.[11] ( Imperio mexicano)
Antepasados
[editar | editar a fonte]Na ficción
[editar | editar a fonte]Aparece representada en dous filmes da segunda metade do século XX:
- ¿Dónde vas, Alfonso XII? (de 1958), interpretada pola actriz Lucía Prado.
- ¿Dónde vas, triste de ti? (de 1960), interpretada pola actriz Marta Padován.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vázquez y Rodríguez, Leopoldo (1880). Crónica de los Festejos Reales celebrados con motivo del Regio Enlace de S.M. el Rey don Alfonso XII con S.A.R. la Archiduquesa de Austria Doña María Cristina en 29 de noviembre de 1879. p. 7. Imprenta Enrique Rubiños. Madrid.
- ↑ Campo, Carlos Robles do (2009). "Los Infantes de España tras la derogación de la Ley Sálica (1830)" (PDF). Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía (en castelán) (12): 329–384. ISSN 1133-1240. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
- ↑ "Madrid 22 de Diciembre" (PDF). Gaceta de Madrid. 22/12/1851.
...bautizo de la augusta Princesa, la cual recibió los nombres de María Isabel, Francisca de Asís, Cristina, Francisca de Paula ... alegría y animación extraordinarias ... Te Deum ... en acción de gracias por el feliz alumbramiento de S.M. la Reina ... Durante el día las casas de la población ostentaron lujosas colgaduras
- ↑ Malvadi Domingo, Arantxa. "La biblioteca de la Infanta María Isabel Francisca de Asís Borbón, “la Chata”". Revista General de Información y Documentación (Madrid: Ediciones Complutense) 27 (1): 139. ISSN 1132-1873. doi:10.5209/RGID.56565.
- ↑ Jiménez Ruiz, José (2011). Francisco José Portela Sandoval, ed. "Presentación" (PDF). El palacio de Quintana, residencia de la infanta doña Isabel de Borbón, la Chata. Edificios Militares Singulares (Madrid: Ministerio de Defensa de España). ISBN 978-84-9781-647-2.
- ↑ "Palacio de la infanta Isabel de Borbón. Inmueble F2.13". Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid. Arquivado dende o orixinal o 5/10/2018. Consultado o 23/10/2017.
- ↑ Guía oficial de España (en castelán). Imprenta Nacional. 1876. Consultado o 9/5/2018.
- ↑ "Real decreto concediendo la Gran Cruz de la Orden Civil de Beneficencia, con distintivo blanco, libre de todo gasto, a S. A. R. la Srma Señora Doña María Isabel Francisca, Infanta de España" (PDF). Gaceta de Madrid. 17/5/1928.
- ↑ Hof- und Staats-Handbuch der Österreichisch-Ungarischen Monarchie - 1912. Consultado o 6/3/2017.
- ↑ 10,0 10,1 Allen County Public Library Genealogy Center (1923). Almanach de Gotha. Gotha, Germany : Justus Perthes. Consultado o 31/10/2018.
- ↑ "Cancillería.- Concesión de la Gran Cruz de San Carlos á S. A. R. la Serma. Sra. Infante Doña María Isabel" (PDF). Gaceta de Madrid. 29/12/1866.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel de Borbón e Borbón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castro Jiménez, Juan Antonio. "Borbón y Borbón, María Isabel Francisco de Asís (1851-1931)". Enciclopedia Universal Micronet (en castelán).
- Ortega-Morejón, José Mª de (1943). Doña Isabel de Borbón, Infanta de España. Madrid: Ediciones Aspas.
- Rubio, María José (2003). La Chata. La Infanta Isabel de Borbón y la Corona de España. Madrid: La Esfera de los Libros.
Predecesor: Isabel de Borbón |
Princesa de Asturias 1851–1857 |
Sucesor: Afonso de Borbón |
Predecesor: Manuel Filiberto de Savoia |
Princesa de Asturias 1875–1880 |
Sucesor: María de las Mercedes de Borbón |