Maria Radnoti-Alföldi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maria Radnoti-Alföldi
Datos persoais
Nome completoAlföldi Mária
Nacemento6 de xuño de 1926
LugarCoa Hungary Town Budapest big.svg Budapest
Hungría Hungría
NacionalidadeHúngara.
CónxuxeAladár Radnóti.
Actividade
CampoNumismática
Alma máterUniversidade Eötvös Loránd (Budapest).
Contribucións e premios
Coñecida porEstudos de numismática Romana.
Premios- 1978: Jeton de Vermeil (SFN).
- 1982: Premio de Honra da GIG.
- 1992: Cruz do Mérito con banda da Orde do Mérito de Alemaña.
- 1995: Medalla da RNS.
- 2000: Medalla Huntington (ANS).
editar datos en Wikidata ]

Maria Radnoti-Alföldi, nada o 6 de xuño de 1926 Budapest, é unha arqueóloga e numismática húngaro-alemá coñecida polas súas investigacións acerca da da distribución dos achados monetarios, a historia de Roma e a representación dos emperadores romanos na moeda da Antiga Roma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Maria era a única filla do historiador Geza Alföldi, especialista na Idade Antiga, e da súa muller, Olga. En 1944 finalizou a súa educación secundaria e entre ese ano e 1949 cursou estudos superiores na facultade deFilosofía da Universidade Eötvös Loránd. En 1947 casou co arqueólogo Aladár Radnóti (1913-1972) e comezou a traballar no Museo Nacional Húngaro ata 1957. No ano 1950 exerceu tamén a docencia na Universidade Eötvös Loránd.

Logo da represión da Revolución Húngara de 1956 o matrimonio Radnoti-Alföldi fuxiu a Viena en 1957 e desde alí posteriormente a Baviera. Nesa época, entre os anos 1957 e 1962, foi colaboradora científica nun poroxecto sobre os achados de moeda romana en Alemaña, da Sociedade Alemá de Investigación (Deutsche Forschungsgemeinschaft), que se desenvolveu en Mónaco, e nesa cidade obtivo no verán de 1961 a habilitación da Universidade Ludwig Maximilian para a nova especialidade de Numismática Antiga.

En 1962 acompañou o seu marido a Frankfurt, onde este accedeu a unha praza de profesor na Universidade Johann Wolfgang Goethe. Logo do falecemento de Aladár Radnóti en decembro de 1972, a partir do ano seguinte Maria fíxose cargo da mesma praza que o seu marido ocupara na universidade de Frankfurt. Alí, ata a súa xubilación en 1991, estivo vinculada ao Seminario para a Historia de Grecia e Roma, como profesora de Arqueoloxía Provincial Romana e Medicina Antiga. A partir da súa xubilación foi nomeada profesora emérita da Universidade Johann Wolfgang Goethe.[1]

Radnoti-Alföldi foi unha salientable especialista en numismática antiga e focalizou as súas investigacións na análise dos achados monetarios, na historia de Roma e na representación dos emperadores romanos na moeda da Antiga Roma. Entre outros, dirixiu proxectos como o de moeda da Antiga Grecia da Academia de Ciencias de Berlín-Brandeburgo, ou o de achados monetarios da Antigüidade (Fundmünzen der Antike) da Academia de Ciencias e Literatura de Maguncia, xunto con Hans-Markus von Kaenel.[2][3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A súa actividade científica foi recoñecida internacionalmente coa concesión de diversas distincións honoríficas.

Maria Radnoti-Alföldi é membro honorario da Sociedade Numismática Austríaca, da Sociedade Francesa de Numismática, do Consello Internacional de Numismática, da Sociedade Numismática Húngara e da Sociedade Húngara para os Estudos da Antigüidade.[8]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

Estas son algunhas das monografías publicadas por Maria Radnoti-Alföldi ao longo da súa traxectoria:[9][10]

  • (1960): Die Fundmünzen der römischen Zeit in Deutschland. Von Zabern. ISBN 978-3805340090
  • (1963): Die Constantinische Goldprägung. Untersuchungen zu ihrer Bedeutung für Kaiserpolitik und Hofkunst. Zabern. Maguncia.
  • (1976): Dekadrachmon. Ein forschungsgeschichtliches Phänomen. Steiner. Wiesbaden. ISBN 3-515-02402-6
  • (1978): Antike Numismatik. Teil 1: Theorie und Praxis. Von Zabern. Maguncia. ISBN 3-8053-0230-4
  • (1978): Antike Numismatik. Teil 2: Bibliographie. von Zabern, Mainz 1978 (Kulturgeschichte der antiken Welt, Band 2) ISBN 3-8053-0335-1
  • (1989): Methoden der antiken Numismatik. Wissenschaftliche Buchgesellschaft. Darmstadt. ISBN 3-534-07533-1
  • (1999): Bild und Bildersprache der römischen Kaiser. Beispiele und Analysen. Von Zabern. Maguncia. ISBN 3-8053-2455-3
  • (2004): Phoenix aus der Asche. Die Liburna, ein Gründungsmonument von Constantinopolis. Steiner. Stuttgart. ISBN 3-515-08612-9
  • (2011): Die römische Wölfin. Ein antikes Monument stürzt (con E. Formigli e J. Fried:). Franz Steiner Verlag. Stuttgart. ISBN 978-3-51509876-2

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hans-Christoph Noeske (1991). Die Münze. Bild - Botschaft - Bedeutung. Festschrift für Maria R. Alföldi. Lang. Frankfurt. ISBN 3-631-42640-2