Humberto Francisco Burzio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHumberto Francisco Burzio

Humberto Francisco Burzio en 1970

Biografía
Nacemento2 de xullo 1902
Morte18 de agosto de 1980 (78 anos).
Buenos Aires.
Arxentina.
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina
EducaciónEscola Superior de Comercio de Buenos Aires.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, numismática e Forzas Armadas.
Ocupaciónhistoriador , diplomático , mariño , numismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
· (1960): Medalla Huntington (ANS).
· (1960): Conde Garriga (ANE).


Humberto Francisco Burzio, nado en Buenos Aires o 2 de xullo de 1902 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1980, foi un historiador naval, numismático, militar e diplomático arxentino.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Humberto Francisco Burzio naceu o 2 de xullo de 1902 en Buenos Aires, fillo de Genoveva Tuté e de Francisco Burzio.[2]

En 1917 comezou na Escola Superior de Comercio de Buenos Aires os estudos de Perito Mercantil, título que acadou en 1921.[2]

En 1923 ingresou na Armada Arxentina como gardamariña contador, especialidade na que se mantivo durante toda a súa carreira militar, ata o grao de capitán de navío,[3] co que accedeu ao retiro en 1964. En 1948 formou parte da delegación oficial do seu país na celebración en Sevilla do sétimo centenario da fundación da Mariña de Castela.[2]

Burzio foi un importante coleccionista de moedas e medallas e dedicou boa parte da súa vida á investigación numismática e tamén sobre a historia marítima e militar.[2] Os seus estudos sobre numismática hispanoamericana sitúano como sucesor do chileno José Toribio Medina.[4]

Entre outras entidades académicas e asociativas, foi desde 1939 membro de número do Instituto Bonaerense de Numismática e Antigüidades,[5] que presidiu entre 1951 e 1955. Tamén presidiu a Comisión de Numismática e Sixilografía Relixiosa; foi membro da Academia Nacional de Historia da República Arxentina desde 1946,[6] membro correspondente da Academia Chilena da Historia, socio de honra da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos,[7] membro de honra da Sociedade Numismática do Perú e, desde 1946, membro correspondente da American Numismatic Society.[2][3][4]

No ámbito público, Burzio ocupou o posto de Embaixador da República Arxentina no Perú[8][9] e o de director do o Museo Histórico Nacional da Arxentina.[3][10] Ademais, foi o creador do Departamento de Estudos Históricos Navais da Arxentina.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe non exhaustiva dos traballos monográficos publicados por Humberto Francisco Burzio ao longo da súa carreira académica:"[13]

Obra numismática[editar | editar a fonte]

  • (1940). Medallas del litigio de límites argentino chileno. Instituto Bonaerense de Numismática y Antigüedades.
  • (1945). La ceca de la Villa Imperial de Potosí y la moneda colonial. Peuser, Buenos Aires.
  • (1945). Historia numismática de la Armada Argentina. Ministerio de Marina, Buenos Aires.
  • (1949). La moneda de la Tierra y de cuenta en el régimen monetario colonial hispano-americano. Maestre, Madrid.
  • (1956-1958). Diccionario de la moneda hispanoamericana (3 volumes). FHB José Toribio Medina, Santiago de Chile.
  • (1957). La medalla y el escudo a los libertadores de Montevideo: 1814. Buenos Aires.
  • (1958). La ceca de Lima: 1565-1824. FNMT, Madrid.
  • (1961). La marina en la moneda romana. Secretaria de Estado de Marina, Buenos Aires.
  • (1981). Buenos Aires en la medalla. Municipalidad de Buenos Aires (póstuma)

Obra marítima e militar[editar | editar a fonte]

  • (1940). Nociones marítimas argentinas. Liga Naval Argentina, Buenos Aires.
  • (1957). Almirante Guillermo Brown: síntesis biográfica. Comisión Provincial de Homenaje al Almirante Guillermo Brown, La Plata.
  • (1960). Armada Nacional. Reseña histórica de su origen y desarrollo orgánico. Centro Naval, Buenos Aires.
  • (1968). Historia del torpedo y sus buques en la Armada Argentina 1874-1900. Dep. de Estudios Históricos Navales, Buenos Aires.
  • (1972). Historia de la Escuela Naval Militar. Departamento de Estudios Históricos Navales, Buenos Aires.

Outros[editar | editar a fonte]

  • (1962). Historia de la Pirámide de Mayo (con R. Zabala). Academia Nacional de la Historia, Buenos Aires.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Burzio, Humberto F. 1902-1980". Biblioteca Nacional Mariano Moreno.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Burzio, Humberto F.". En Quien es quien [...] (1955)
  3. 3,0 3,1 3,2 Blasco, M. E. (2022). "Historia y museos. Operaciones políticas sobre la memoria reciente en la Argentina de segunda mitad del siglo XX". En Coordenadas. Revista de Historia local y regional. Ano IX. Nº 1. ISSN 2362-4752. Páxina 176.
  4. 4,0 4,1 4,2 De Ávila Martel, A. (1981). Páxinas 337-338.
  5. "Miembros de Número". Instituto Bonaerense de Numismática y Antigüedades.
  6. "Académicos de Número (1893-2021)". Academia Nacional de la Historia de la República.
  7. "Socios de Honor, vocales natos de la junta directiva". En Numisma. Ano 1. Nº 1. 1951. Sociedad Iberoamericana de Estudios Numismáticos. Páxina 83
  8. Directorio de Relaciones Oficiales. Instituto Interamericano de Ciencias Agrícolas de la OEA. San José, Costa Rica. 1964. Páxina 40.
  9. Boletín de la Biblioteca Nacional. Lima. 1º trimestre. 1962. Páxinas 60-62.
  10. "Disertación [...] por el director del Museo Histórico Nacional [...] Don Humberto F. Burzio, el 7 de octubre de 1960". En Museo Histórico Nacional. Serie II. Nº XIX. 1962.
  11. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  12. Titvla de Felipe Nateu y Llopis. Universidade de Barcelona. 1984. Páxina 98. ISBN 84-7528-160-85.
  13. "Burzio, Humberto F.". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • De Ávila Martel, A. (1981). "Humberto H. Burzio. 1902-1980". En Boletín de la Academia Chilena de la Historia. Nº 92. Páxinas 337-338.
  • "Burzio, Humberto F.". En Quien es quien en La Argentina. Biografías contemporáneas. 2ª ed. Ed.Kraft, Buenos Aires. 1955. Páxina 120.

Obituarios[editar | editar a fonte]

  • "Capitán de navío Humberto Burzio. Falleció ayer". En Diario La Prensa. 19 de agosto de 1980.
  • "Inhumáronse los restos del capitán Humberto F. Burzio". En Diario La Prensa. 20 de agosto de 1980.