Oğuz Tekin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oğuz
Datos persoais
Nacemento1958
LugarAncara
Turquía Turquía
NacionalidadeTurca.
Actividade
CampoNumismática e arqueoloxía.
Alma máterUniversidade de Istambul.
Director de teseOktay Aksit.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos sobre historia do diñeiro na Antigüidade.
Premios(2019): Medalla Huntington (ANS).
editar datos en Wikidata ]

Oğuz Tekin, nado en 1958 en Ancara, é un historiador, arqueólogo e numismático turco especializado na circulación monetaria e a historia do diñeiro na Antigüidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Oguz Tekin fixo estudos de Arqueoloxía Clásica na Universidade de Istambul, onde se graduou en 1982, con mestrado en 1987. En 1991 acadou o seu doutoramento na mesma universidade cunha tese titulada Aspendos Sikkeleri ("Moedas de Aspendos"), dirixida por Oktay Aksit.[1] No departamento de Historia Antiga comezou a exercer a docencia a partir da súa graduación, ata acadar a xefatura do departamento entre os anos 2006 e 2016.[2][3]

A partir de 2017 é profesor do departamento de Arqueoloxía e Historia da Arte da Universidade Koç, de Istabul, onde ademais dirixe o Centro Suna & Inan Kiraç de Investigación para as Civilizacións Mediterráneas (AKMED).[2][3][4]

Os focos de interese das súas investigacións son a historia do diñeiro na Antigüidade, sinaladamente na área mediterránea, e os pesos antigos do mundo islámico. Desde o ano 2000 é o director en Turquía do proxecto internacional Sylloge Nummorum Graecorum, e desde 2006 coordina o Corpus Ponderum Antiquorum et Islamicorum.[2][3]

Tekin é membro correspondente do Instituto Alemán de Arqueoloxía desde 2017 e presidente do Instituto Turco de Arqueoloxía desde 2019.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tekin, Oguz . (1991). Aspendos Sikkeleri (tese de doutoramento). Istambul Üniversitesi.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Oguz Tekin". Academia.edu
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Oguz Tekin: CV[Ligazón morta]". Koç Üniversitesi.
  4. "AKMED Team". Suna & Inan Kiraç Research Center for Mediterranean Civilizations.
  5. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  6. "2019 Huntington Award". American Numismatic Society.
  7. "2019 Archer M. Huntington Award for Prof. Oguz Tekin". En Coins Weekly. 3 de outubro de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]