Patrick Bruun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Patrick Bruun
Datos persoais
Nome completoPatrick Magnus Bruun
Nacemento17 de abril de 1920
LugarHelsinki.vaakuna.svg Helsinqui.
Finlandia Finlandia
Falecemento30 de xuño de 2007 (87 anos)
LugarTurku.vaakuna.svg Turku.
Finlandia Finlandia
NacionalidadeFinlandesa.
Cónxuxe- Kyllikki Forssell.
- Eva Ulli Margareta Aminoff.
FillosChrister Bruun
Actividade
CampoNumismática.
Alma máterUniversidade de Helsinqui.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática romana.
Premios- (1974): Jeton de Vermeil (SFN).
- (1980): Medalla da Royal Numismatic Society.
- (1989): Medalla Huntington (ANS).
- (1992): Medalla Gunnar Holst.
editar datos en Wikidata ]

Patrick Magnus Bruun, nado o 17 de abril de 1920 en Helsinqui e finado o 30 de xuño de 2007 en Turku, foi un numismático finlandés especialista na moeda da Antiga Roma.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Patrick Bruun era fillo de Otto Bruun e de Elsa Maria Inberg, e irmán do sociólogo Kettil Brunn.[2] Graduouse en 1953 na Universidade de Helsinqui coa tese titulada The Constantinian Coinage of Arelate.[1]

De 1952 a 1957 foi redactor cultural do xornal finlandés Nya Pressen, e entre 1957 e 1960 ocupou nese medio o posto de secretario de redacción.[1]

Durante case dúas décadas (1956-1972) exerceu a docencia universitaria de Numismática Romana na Universidade de Helsinqui, cunha interrupción entre 1965 e 1968, cando foi director do Institutum Romanum Finlandiae, en Roma.[1]

En 1968 foi chamado a ocupar a cátedra de Historia Xeral en Åbo Akademi, a universidade en lingua sueca con sede en Turku, onde exerceu a docencia ata 1983 e na que tamén exerceu o cargo de vicerreitor entre 1969 e 1975.[1]

O interese principal das súas investigacións foi sempre a moeda romana, sinaladamente a da Antigüidade tardía. En 1966 saíu á luz o sétimo volume de Roman Imperial Coinage (RIC), de cuxa edición se responsabilizou Bruun, que abrangue as emisións monetarias do período entre Constantino I e Licinio (313-337 d. de C.).[1]

Canto á súa vida persoal, Patrick Bruun casou dúas veces, a primeira en 1945 coa actriz finlandesa Kyllikki Forssell, da que se divorciou en 1950, e a segunda (1953-1992) con Eva Ulli Margareta Aminoff.[2][3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Bruum foi nomeado membro correspondente do Instituto Alemán de Arqueoloxía (1979) e membro de honra da Sociedade Numismática Finlandesa (1989) e da Sociedade de Anticuarios de Londres (1990).[4]

Premios[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das monografías máis representativas de Patrick Bruun publicadas ao longo da súa traxectoria académica:[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Bruun, Patrick". Uppslags-verket Finland.
  2. 2,0 2,1 "Patrick Magnus Bruun". Geni.com
  3. Ellonen, Leena (ed.) (2008). Suomen professorit 1640–2007. Professoriliitto, Helsinqui. Páxina 88. ISBN 978-952-99281-1-8
  4. "Patrick Magnus Bruun". Institute for Advanced Study. Princeton.
  5. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  6. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  8. "Bruun, Patrick". WorldCat Identities.
  9. "Bruun, Patrick Magnus 1920-2007". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Westman, R. (1991). Patrick Bruun. En Engman, M. (ed.). Historiens Studium vid Åbo Akademi. Åbo Akademis förlag, Åbo. Páxinas 219-243. ISBN 951-9498-94-X