John Walker (numismático)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Walker
Datos persoais
Nacemento4 de setembro de 1900.
LugarGlasgow Coat of Arms.png Glasgow.
Flag of Scotland.svg Escocia.
Falecemento12 de novembro de 1964 (64 anos)
LugarArms of Essex.svg Chelmsford, Essex.
Flag of England.svg Inglaterra.
NacionalidadeReino Unido Reino Unido.
Actividade
CampoNumismática.
Alma máterUniversity of Glasgow arms.svg Universidade de Glasgow.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de moeda do mundo islámico.
Premios- (1955): Medalla Huntington (ANS).
- (1956): Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

John Walker, nado en Glasgow o 4 de setembro de 1900 e finado en Chelmsford, Essex, o 12 de novembro de 1964, foi un numismático escocés especializado na moeda do mundo islámico.

A súa vida profesional transcorreu vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

John Walker naceu en Glasgow o 4 de novembro de 1900,[1] o máis novo dos sete fillos dun carpinteiro procedente de Banffshire, tamén chamado John Walker, e da súa esposa.[2]

A súa primeira formación transcorreu entre a John Street School e a Whitehill School, nos anos 1912 a 1918. Logo de servir no exército durante pouco tempo ao final da primeira guerra mundial, ingresou na Universidade de Glasgow,[3] na que en 1922 se graduou cun mestrado en linguas semíticas.[1][2] Walker iniciou tamén o proceso para o doutoramento cunha tese acerca da pedagoxía árabe na Idade Media, aínda que non chegou a concluílo.[4]

Carreira docente[editar | editar a fonte]

Posteriormente acadou a súa habilitación docente na Jordanhill Training College, de Glasgow, e entre os anos 1924 e 1927 residiu en Exipto, onde exerceu a docencia na St Andrew's Boys School de Alexandría.[2][4]

Ao seu regreso a Escocia, en 1927 volveu á Universidade de Glasgow, onde exerceu como profesor axudante de lingua árabe durante un curso. Posteriormente volveu a Exipto, onde pasou tres anos máis (1928-1930) ao servizo do Ministerio de Educación británico.[2][3][4]

Carreira no British Museum[editar | editar a fonte]

Logo do seu regreso definitivo ás illas británicas en 1931, Walker atopou traballo no Museo Británico,[3] como conservador axudante do seu Departamento de Moedas e Medallas, e aproveitando o seu coñecemento das linguas semíticas encomendóuselle a catalogación da colección de moeda do mundo islámico, que quedara inconcluso a partir dos catálogos publicados en 1890 por Stanley Lane-Poole.[4][5]

O primeiro volume dos catálogos elaborados como resultado deste labor apareceu en 1941, dentro da serie British Museum Catalogues of Coins, mais os traballos tiveron que paralizarse por mor da segunda guerra mundial, e Walker pasou os seus dous anos derradeiros nos servizos de intelixencia da Forza Aérea.[5] De volta ao Museo en 1945 retomou a actividade. Foi ascendido a conservador adxunto en 1949 e a conservador titular en 1952. O segundo volume do catálogo viu a luz en 1956, mais os problemas de saúde comezaron e Walker non puido completar a catalogación conforme estaba previsto.[3][6][7]

Desde 1937, John Walker foi tamén profesor de Lingua Árabe e Epigrafía na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres, posto que desenvolveu ata 1947 en paralelo á súa dedicación ao Museo Británico.[3][8]

Ademais da súa actividade profesional, Walker contribuíu con diversos artigos en varias enciclopedias (Creshan Encyclopaedia, Moslem World e Folklore) sobre temas islámicos e tamén publicou traballos fóra do ámbito numismático, entre eles un libro sobre o Corán en 1931, que se fixo moi popular, e outro en 1934 sobre a medicina popular en Exipto.[3][4][5][9]

Walker ingresou en 1931 na Royal Numismatic Society, da que foi secretario entre 1948 e 1964, e coeditor da súa publicación Numismatic Chronicle de 1952 a 1964.[1][5] Entre outras entidades académicas, formou parte tamén da Sociedade de Anticuarios de Londres, da Real Academia das Ciencias de Suecia, do Instituto de Exipto e, a partir de 1958, tamén da Academia Británica.[3][8][10]

John Walker morreu no Hospital de Chelmsford, no condado de Esex, o 13 de marzo de 1964.[11]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Honras[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

John Walker é autor de máis de 70 artigos sobre numismática publicados nas máis prestixiosas revistas do seu tempo.[16] De entre os seus traballos monográficos, os máis salientables son os seguintes:[17]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]