Bernhard Woytek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bernhard Woytek
Datos persoais
Nacemento16 de agosto de 1974
LugarWien 3 Wappen.svg Viena
Austria Austria
NacionalidadeAustríaca
Actividade
CampoNumismática e historia antigas.
Alma máterUni wien siegel.png Universidade de Viena
Contribucións e premios
Premios(2021): Jeton de Vermeil (SFN).
editar datos en Wikidata ]

Bernhard Woytek, nado en Viena o 16 de agosto de 1974 é un numismático e historiador austríaco especializado na moeda da Antigüidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bernhard Woytek é fillo do filólogo clásico austríaco Erich Woytek.[1]

En 1992 ingresou na Universidade de Viena para cursar Numismática, Historia Antiga e Estudos Clásicos, dos que se gaduou en 1996. O 12 de marzo de 2002 acadou o seu doutoramento, cunha tese centrada na historia financeira romana e na cuñaxe de moedas entre os anos 49 e 42 a. de C., que foi publicada en 2003 baixo o título de Arma et nummi.[2] Posteriormente acadou a súa habilitación docente e en 2009 recibiu a licenza venia docendi, cun traballo de investigación sobre a moeda imperial de Traxano,[3] para exercer como profesor privado da materia de Numismática e Historia Monetaria na Universidade de Viena.[4][5]

En 2001, Woytek comezou a traballar na Comisión de Numismática da Academia Austríaca de Ciencias, e a partir de 2005 integrouse no Instituto de Numismática e Historia Monetaria da Universidade de Viena, onde desde 2013 dirixe o Departamento Documenta Antiqua.[4] Ademais, ocupou a xefatura adxunta do Departamento de Estudos Clásicos do Instituto Arqueolóxico de Austria, que forma parte da Academia de Ciencias.[5]

Bernhard Woytek participou en estadías formativas en diversas institucións internacionais, como a American Numismatic Society, de Nova York (2010) ou a Universidade de Cambridge (2010-2011), e posteriormente impartiu docencia como profesor visitante ou invitado no Centro Ernest Babelon de Orleáns (2015), na Universidade Stanford (2016), na Universidade de Warwik (2018), no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico (2018) e na Universidade de Oxford (2019).[4][5]

Entre outras entidades académicas internacionais, en 2009 foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres, en 2013 membro correspondente en Alemaña da Academia de Ciencias de Austria e en 2019 membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán.[4][5]

Ademais, Woytek é membro de diversas institucións numismáticas, entre elas a Royal Numismatic Society, de Londres, a Sociedade Real de Numismática de Bélxica, a Sociedade Suíza de Numismática ou a Sociedade Numismática Austríaca.[5][6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Woytek publicou decenas de capítulos en obras conxuntas, así como artigos sobre numismática antiga nas máis prestixiosas revistas do sector (Schweizerische Numismatische Rundschau, Revue Belge de Numismatique, Schweizer Münzblätter, Revue Numismatique etc.).[8] Ademais, é autor dos seguintes traballos monográficos:[5][9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Revue belge de numismatique et de sigillographie. Nº 151. (2005). Páxina 263.
  2. Recensión da obra (a cargo de Zehnacker Hubert), en Revue numismatique. 2005. Nº 161. Páxinas 227-230.
  3. Véxase (2010) en "Publicacións".
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Woytek, Bernhard". En Coins Weekly. 28 de setembro de 2016.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Bernhard Woytek". ORDID.org
  6. "Doz.Mag.Dr.Bernhard Woytek". Österreichische Akademie der Wissenschaften.
  7. "Assemblée générale - 11 septembre 2021 (provisoire)". Société française de numismatique.
  8. "Woytek, Bernhard 1974-". Digital Library Numis.
  9. "Woytek, Bernhard". WorldCat Identities.
  10. "Publikationen. Priv.-Doz. Mag. Dr. Bernhard Woytek". Österreichische Akademie der Wissenschaften.