Kurt Regling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKurt Regling
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1876
Berlín Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 1935
Berlín
Alemaña Alemaña
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Coñecido porEstudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático , profesor universitario , conservador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir, Privatdozent, honorary professor (en) Traducir (1907–1935)
Gabinete Numismático de Berlín, Q2532847 Traducir, director's assistant (en) Traducir, conservador, director, wissenschaftlicher Assistent (en) Traducir (1899–1935)
Griechisches Münzwerk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1929): Medalla Huntington (ANS).
- (1933): Medalla da Royal Numismatic Society.


Kurt Ludwig Regling, nado o 8 de novembro de 1876 en Berlín e finado o 10 de agosto de 1935 na mesma cidade, foi un numismático alemán especializado en numismática antiga.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kurt Regling cursou a educación secundaria no instituto Friedrich Wilhelm, de Berlín, entre 1886 e 1895, ano en que comezou a súa formación superior na Universidade de Berlín, grazas a unha das bolsas de estudos establecidas por Friedrich Imhoof-Blumer.[2] En 1899 acadou o doutoramento coa tese titulada De belli Parthici Crassiani fontibus.[3]

Regling obtivo a súa habilitación como profesor universitario na Universidade de Berlín en 1907 e a partir dese ano impartiu docencia de Numismática nesa institución académica, desde 1921 en condición de profesor honorario.

Paralelamente, en 1899 ingresou no Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín como voluntario, inicialmente como axudante de investigación, a partir de 1902 como axudante da dirección e desde 1919 como conservador do Gabinete. En 1921 foi nomeado director do Münzkabinett, posto que desempeñou ata o seu falecemento en 1935.[1]

O ámbito principal das investigacións de Regling foi a numismática antiga, e tamén se sentiu atraído pola arte da medallística renacentista. De feito, Regling estudou a moeda fundamentalmente desde a súa perspectiva artística.

Foi tamén colaborador do proxecto académico Griechisches Münzwerk ("Moeda grega") da Academia de Ciencias de Prusia, no marco do cal publicou o volume Dacien und Moesien, xunto con Behrendt Pick.[4]

Kurt Regling foi membro honorario da Royal Numismatic Society, de Londres.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ademais destes premios, os Museos Estatais de Berlín (Staatliche Museen zu Berlin), institución na que se encadra o Gabinete Numismático de Berlín, instituíron na súa homenaxe a Medalla Kurt Regling (Kurt-Regling-Medaille).[8]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Escolma de monografías[editar | editar a fonte]

Artigos publicados en Zeitschrift für Numismatik[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Zeitschrift für Numismatik.

Estes son os artigos publicados por Kurt Regling en Zeitschrift für Numismatik, a revista do Sociedade Numismática de Berlín, da que el foi editor entre 1921 e 1935, xunto con Julius Menadier:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Regling, Kurt (1876-1935) ". Kalliope-Verbund.
  2. Bloesch, H. (1974). "Imhoof, Friedrich". En Neue deutsche Biographie. T. X. Berlin. Páxinas 156-157. ISBN ISBN 3-428-00191-5
  3. "De belli parthici crassiani fontibus". WorldCat.
  4. "Griechisches Münzwerk". Berlin-Brandenburgische Akademie der Wissenschaften.
  5. "Alphabetical List of All Honorary Fellows of the RNS (1904-)". Royal Numismatic Society.
  6. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  7. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  8. "Lichtenfeld, Gerhard: Kurt Regling". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst e.V.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lederer, P. (1935). "Kurt Regling †". En Deutsche Münzblätter. Nº. 54/54. Páxinas 405-408 ISSN 0932-2302.
  • Lehmann-Haupt, C. F. (1935). "Kurt Regling". En Klio. Nº 28. Páxinas 350-352.
  • Suhle, A. (1935). "Kurt Regling †". En Berliner Museen. 56. H. 4. Páxinas 76-79. ISSN 0934-3911
  • Schiering, W. (1988). "Anhang". En Lullies, R.; Schiering, W. (eds.) Archäologenbildnisse. Porträts und Kurzbiographien von Klassischen Archäologen deutscher Sprache. Von Zabern, Mainz. Páxina 333. ISBN 3-8053-0971-6
  • Killy, W.; Vierhaus, R. (eds.) (1998). Deutsche Biographische Enzyklopädie. 8. Plett – Schmidseder. K. G. Saur, Múnic. Páxina 187. ISBN 3-598-23168-7
  • Kluge, B. (2004). Das Münzkabinett. Museum und Wissenschaftsinstitut. Berlín, Münzkabinett. ISBN 3-88609-494-4

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]