Albert Raff
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 |
País de nacionalidade | Alemán |
Educación | Universidade de Educación de Ludwigsburg. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, historiador |
Premios | |
(1993): Premio da GIG. (1996): Premio literario (AINP). (2016): Premio Von Hessenthal. (2024): Eligiuspreis (DNG). |
Albert Raff, nado en Pomerania en 1944, é un profesor e numismático alemán especializado nas moedas e medallas de Württemberg.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que Albert Raff naceu en Pomerania, no seo dunha familia de agricultores, cando o exército ruso matou o seu pai, a nai fuxiu con Albert e os seus dous irmáns e instaláronse no distrito de Dagerloch, en Stuttgart.[1]
Logo de completar a súa formación como impresor tipográfico en 1964 e logo graduarse na Escola Técnica Superior en 1967, Raff ingresou na Universidade de Educación de Ludwigsburg, onde se formou como mestre.[1][2]
Ata 2008 exerceu a docencia e foi directivo de varios centros educativos en Stuttgart, e en diversos momentos foi tamén asesor técnico educativo.[2]
Mais a figura de Albert Raff é salietable pola súa dedicación á numismática, área na que levou a cabo numerosas publicacións. A súa principal contribución foi a elaboración, xunto con Ulrich Klein, do catálogo das moedas e as medallas de Württemberg,[1] que se publicou en sete volumes entre 1981 e 2013.[2]
Raff é membro da Sociedade Numismática Alemá, entidade que presidiu entre 1998 e 2004, e na que presidiu o xurado do premio Eligiuspreiss.[3] Entre 1995 e 2004 foi tamén asesor da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, e tamén presidiu a Asociación Numismática de Württemberg a partir de 1982.[2]
En 2007, o medallista Peter Götz Güttler creou unha medalla na honra de Albert Raff.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1993: Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt.[4]
- 1996: Premio Literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[5]
- 2016: Premio Von Hessenthal de falerística, da Sociedade Alemá de Estudo das Ordes.[6]
- 2024: Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá.[7][8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Albert Raff ao longo da súa carreira:[9][10]
- (1986). Die Münzen und Medaillen der Stadt Schwäbisch Hall. Kricheldorf, Friburgo. ISBN 9783925766510
- (1991). Die Württembergischen Münzen von 1798-1873. Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783980270618
- (1992). Die württembergischen Münzen von 1693-1797 (con U. Klein). Verl. der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783980270625
- (1993). Die Württembergischen Münzen von 1374-1693. Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung Stuttgart, Stuttgart. ISBN 9783980270632
- (1995). Die Württembergischen Medaillen von 1496-1797. Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783980270649
- (1997). Die Münzen und Medaillen von Esslingen (con U. Klein). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783980270663
- (2003). Die württembergischen Medaillen von 1797-1864 (con U. Klein). Verl. der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783936047004
- (2009). Darstellungen von Friedrich Schiller auf Münzen, Medaillen, Plaketten und Kleinreliefs (con U. Klein). Württembergischer Verein für Münzkunde, Stuttgart. ISBN 9783000293030
- (2010). Die württembergischen Medaillen von 1864-1933 (con U. Klein). Verl. der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783936047028
- (2013). Die Münzen und Medaillen der württembergischen Nebenlinien (Mömpelgard, Neuenstadt, Oels und Weiltingen) (con U. Klein). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 3-936047-03-0
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sägesser, J. A. (2014).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Raff, Albert". En Coins Weekly. 3 de maio de 2017.
- ↑ "Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft.
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
- ↑ "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
- ↑ "Mitgliederversammlung der DGO in Rastatt vom 9.–11. September 2016". Deutsche Gesellschaft für Ordenskunde
- ↑ "Eligiuspreis 2024, Albert Raff". Sitio web da DNG.
- ↑ "Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.
- ↑ "Raff, Albert". WorldCat Identities.
- ↑ "Albert Raff (*1944). Zusammenstellung von Schriften". Coingallery.de
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sägesser, J. A. (2014). "Albert Raff im Porträt. Das lebendige Fotoalbum". En Stuttgarter Zeitung. 1 de abril.
- "Raff, Albert". En Coins Weekly. 3 de maio de 2017.