Martin Price

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartin Jessop Price
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1939
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 1995 (56 anos)
Londres
Reino Unido Reino Unido
Director of the British School at Athens (en) Traducir
1994 – 1995 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBritánica
EducaciónUniversidade de Cambridge
Coñecido porEstudo e catalogación da moeda da Antiga Grecia.
Actividade
Campo de traballoNumismática, antigüidades
Ocupaciónnumismático , vendedor de antiguidades (pt) Traducir , conservador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Zenaki
Premios
(1981 e 1988): Premio Lhotka.
(1982): Premio literario AINP.
(1992): Medalla da Royal Numismatic Society.
(1994) Medalla Gunnar Holst
Notes
Membro de:
Museo Británico.
Instituto Alemán de Arqueoloxía.
Real Sociedade de Numismática.
Escola Británica de Atenas.


Martin Jessop Price, nado o 27 de marzo de 1939 en Londres e finado na mesma cidade o 29 de abril de 1995, foi un numismático e anticuario británico vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo dos seus estudos na King's School de Canterbury e no Queens's College da Universidade de Cambridge, Price especializouse en estudos clásicos. Nesa universidade acadou o seu doutoramento en 1967 baixo a dirección de Edward Robinson, cunha tese acerca da introdución da moeda de bronce no mundo grego.[2]

En 1961 obtivo unha bolsa para a Escola Británica de Arqueoloxía de Atenas, nunha convocatoria de intercambios de investigadores promovida polo Goberno grego.[2]

No relativo á súa vida persoal, en 1965 casou con Maria Zenaki, con quen tivo dous fillos e unha filla.[2]

A partir de 1966 comezou a traballar no Museo Británico, no Departamento de Moedas e Medallas, ocupándose principalmente das moedas da Antiga Grecia, e en 1978 converteuse en conservador interino da institución.[2]

Foi membro correspondente do Instituto Alemán de Arqueoloxía e, no curso 1986-1987, exerceu como profesor visitante no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.[2]

Price foi un dos responsables do proxecto Sylloge Nummorum Graecorum da Academia Británica, e a el débeselle ademais a redacción e a edición de catro estudos vinculados a esta iniciativa.[3]

En 1992 foi merecedor da prestixiosa medalla da Royal Numismatic Society.[2][4] Previamente, en 1981 e en 1988, fora xa recoñecido co premio Lhotka, desa mesma entidade británica,[5] e en 1982 co premio literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[6] En 2009 recibiu tamén a Medalla Gunnar Holst, concedida en Goteburgo, Suecia.[7]

En 1994, na súa condición de estudoso da numismática grega ao máis alto nivel mundial, foi nomeado director da Escola Británica de Atenas, aínda que o seu falecemento aos poucos meses impediu que puidese levar a cabo os seus proxectos nesa institución.[2]En 1998, tres anos despois da súa morte, publicouse na súa honra unha colección de estudos de numismática grega.[8]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Bolsas de investigación Martin Price[editar | editar a fonte]

A Royal Numismatic Society estableceu en 1997, con carácter anual, o Fondo Martin Price de Numismática da Antiga Grecia, en memoria do insigne numismático, que foi membro, directivo e medallista da sociedade. O fondo utilízase en forma de bolsas de investigación para a promoción do estudo da numismática dese período no seu sentido máis amplo, e cos investigadores novos como obxectivo prioritario.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Price, Martin, 1939-1995". En Library of the Congress Authorities.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Bland, R. "Obituary: Martin Price Arquivado 21 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". En Independent. 4 de maio de 1995.
  3. "About the authors and contributors: Martin J. Price". En The Seven Wonders of the Ancient World. Routledge. 1988. Páxina 11. ISBN 0-415-05036-7
  4. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  5. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  6. "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
  7. "Carmen Arnold-Biucchi får Gunnar Holstmedaljen 2012". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Setembro de 2012. Páxina 114.
  8. Ashton, R.; Hurter, S. et al. (1998) Studies in Greek Numismatics in Memory of Martin Jessop Price. Spink & Son. Londres. ISBN 9780907605959
  9. "The Martin Price Fund for Ancient Greek Numismatics". The Royal Numismatic Society.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arnold-Biucchi, C. (1995). "M. J. Price". En ANS Newsletter. 66. American Numismatic Society. Páxina 8.