George Francis Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para outros artigos de persoas chamadas George Hill, véxase a páxina de homónimos George Hill
George Francis Hill
–G. F. Hill–
Datos persoais
Nacemento22 de decembro de 1867
LugarBerhampur
Emblem of West Bengal.svg Bengala Occidental
British Raj Red Ensign.svg India Británica
Falecemento18 de outubro de 1948 (80 anos)
LugarLondres
Inglaterra Inglaterra
NacionalidadeFlag of the United Kingdom.svg Británica
CónxuxeMary Paul (1897)
Actividade
CampoNumismática, biblioteconomía, museística
Alma máter- Universidade de Londres
- Universidade de Oxford
Contribucións e premios
Coñecido por- Traballos sobre moeda da Antiga Grecia e sobre medalla renacentista.
- Director do Museo Británico.
Premios- 1915: Medalla da RNS.
- 1923: Medalla Huntington, da ANS.
- 1934: Jeton de Vermeil, da SFN.
- 1948: "Serena Medal", da BA.
editar datos en Wikidata ]

George Francis Hill, nado en Brahmapur, India Británica, o 22 de decembro de 1867, e finado en Londres o 18 de outubro de 1948, foi un numismático e historiador británico, bibliotecario principal e director do Museo Británico (1931-1936). Foi un destacado especialista en moeda da Antiga Grecia e en medallas renacentistas.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e formación[editar | editar a fonte]

O seu avó paterno, Micaiah Hill, fora o fundador en Londres da London Missionary Society, unha institución de misioneiros da igrexa congregacional, e o seu pai, Samuel John Hill, establecérase en Brahmapur, onde naceu George Francis Hill.[1][2]

Formouse xa desde rapaz en Inglaterra; primeiro no Blackheath College, ao sueste de Londres, e posteriormente no University College, da Universidade de Londres, e finalmente no Merton College, da Universidade de Oxford, onde foi alumno do numismático e arqueólogo clásico Percy Gardner (1846-1937) e acadou a súa graduación en estudos clásicos.[1][2][4]

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1893 ingresou no Museo Británico, onde se adscribiu ao seu Departamento de Moedas e Medallas, que naquel momento era un importante centro de estudo da moeda da Antiga Grecia. Alí traballou con persoeiros tan salientables como Barclay Head e Reginald Poole, e cinco anos máis tarde publicou o seu primeiro traballo sobre moeda grega.[1][2]

A Hill débeselle a publicación de moitos dos catálogos das coleccións numismáticas do Museo Británico. En 1912 pasou a ser o conservador do Departamento de Moedas e Medallas e en 1931 foi nomeado director e bibliotecario principal do Museo Británico. Baixo a súa dirección compróuselle á Unión Soviética o Codex Sinaiticus e, xunto co Victoria and Albert Museum, a colección de antigüidades orientais de George Eumorfopoulos.[1][2]

Hill foi tamén editor do Journal of Hellenic Studies, da Sociedade de Promoción dos Estudos Helénicos, desde 1898 ata 1912. He was knighted in 1933.[1][2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1897 casou con Mary Paul (finada en 1924). Hill xubilouse en 1936 e faleceu en Londres en 1948.[1][2][3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

Estas son as monografías máis salientables publicadas por George Francis Hill:[1][2][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Hill, George Francis, Sir". En Dictionary of Art Historians.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Sir George Hill, Deep And Wide Learning". En The Times. 20 de outubro de 1948. Páxina 7.
  3. 3,0 3,1 Myres, J. L. (1948). "Sir George Hill, K.C.B.". En Nature. Vol. 162. Nº 4.123. Páxinas 725-726.
  4. Levens, R. G. C., ed. (1964). Merton College Register 1900-1964. Basil Blackwell. Oxford. Páxina 213.
  5. "The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society.
  6. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  7. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  8. "Serena Medal". The British Academy.
  9. "Hill, George Francis 1867-1948". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]