Friedrich Imhoof-Blumer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Friedrich Imhoof-Blumer
Datos persoais
Nacemento11 de maio de 1838
LugarWappen Winterthur.svg Winterthur
Flag of Canton of Zürich.svg Cantón de Zürich
Suíza Suíza
Falecemento26 de abril de 1920
LugarWappen Winterthur.svg Winterthur
Flag of Canton of Zürich.svg Cantón de Zürich
Suíza Suíza
SoterradoRosenberg cemetery
NacionalidadeSuíza
Actividade
CampoNumismática
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática antiga.
Influíu enKurt Regling, Behrendt Pick.
Premios- (1888): Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

Friedrich Imhoof-Blumer, nado o 11 de maio de 1838 en Winterthur, no Cantón de Zürich, e finado o 26 de abril de 1920 na mesma cidade, foi un numismático suízo.[1][2][3][4]

A partir do seu matrimonio en 1862 con Elisabeth Blumer, cambiou o seu apelido orixinal "Imhoof" polo composto "Imhoof-Blumer".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Friedrich Imhoof-Blumer era fillo do empresario Friedrich Ludwig Imhoof e da súa esposa Sophie Hotze, naturais de Glaris. Logo da súa formación inicial cursou estudos de comercio en Winterthur e uniuse á empresa familiar.[1]

O seu interese polo coleccionismo de moedas manifestouse xa de neno, e en 1862 adquiriu a primeira peza da súa colección. Grazas aos negocios de importación e exportación do seu pai, Imhoof-Blumer puido establecer contactos con Grecia, Turquía e Oriente Medio, que aproveitou para facer numerosas adquisicións de pezas. As súas clases de linguas e de historia co profesor Hermann Hitzig (1843-1918) servíronlle para dotar a súa colección dunha sólida dimensión científica, que se manifestou nas súas publicacións.[3]

A súa colección experimentou un notable avance en 1866, aos seus 28 anos, cando puido adquirir unha extensa colección de moeda suíza aos herdeiros do conselleiro do Goberno de Berna Carl Friedrich Ludwig Lohner.[3] En 1870, cando tiña 32 anos, retirouse definitivamente dos negocios da súa familia e pasou a ocuparse en exclusiva do coleccionismo de moedas e o seu estudo ata o final da súa vida.[1][3]

Finalmente, Imhoof-Blumer acabou por vender en 1900 a súa nutrida colección ao Gabinete Numismático de Winterthur (Münzkabinett und Antikensammlung der Stadt Winterthur), naquel momento ao abeiro da biblioteca da cidade, da que el fora director desde 1861. Con esta operación, que contou con Theodor Mommsen como mediador, o Münzkabinett incrementou os seus fondos en arredor de 21.000 pezas e pasou a posuír a mellor colección de moeda suíza de todo o país. Pola súa banda, Imhoof-Blumer empregou o diñeiro recadado en establecer unha fundación coa que financiar, mediante bolsas, a formación de novos numismáticos, entre os destacan, entre outros, algúns da relevancia de Kurt Regling ou Behrendt Pick.[3]

Nesa época, Imhoof-Blumer comezou a conformar a súa segunda colección numismática, que tras a súa morte pasou ás mans do seu xenro, o doutor Oscar Bernhard (1861-1939). En 1927, Kurt Regling puido adquirir arredor de 2.000 destas moedas e doarllas ao Gabinete Numismático de Berlín.[3]

Paralelamente á súa colección de moedas, Imhoof-Blumer foi elaborando unha colección de moldes en cera de moedas da Antiga Grecia que ía conseguindo facer durante as súas viaxes. A partir destes moldes, a súa neta, Lily Sulzer, foi elaborando ao longo dos anos arredor de 100.000 xogos de reproducións en xeso destas moedas, que aínda son na actualidade unha ferramenta de referencia para o estudo da moeda grega.[3]

Imhoof-Blumer foi quen de complementar a súa dedicación ao coleccionismo numismático co afondamento noutros temas relacionados, como a mitoloxía grega, a filoloxía e a arqueoloxía, e das súas publicacións xurdiron novos métodos de investigación que aínda permanecen vixentes.[3]

Foi membro correspondente das academias de Ciencias de Prusia, Baviera, os Países Baixos[5] e Austria.[3] Tamén foi membro correspondente estranxeiro da Académie des inscriptions et belles-Lettres de París.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Friedrich Imhoof-Blumer". En Dictionnaire historique et biographique de la Suisse. T. IV. Neuchâtel. 1928. Páxinas 207-208.
  2. Zäch, B. (2007).
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 Bloesch, H. (1974).
  4. "Friedrich Imhoof-Blumer (1838-1920), Numismatiker". Stadtliebe.ch
  5. "F. Imhoof Blumer (1838 - 1920)". KNAW Past Members.
  6. "Imhoof-Blumer Friedrich". Comité des travaux historiques et scientifiques. École nationale des chartes.
  7. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]