Saltar ao contido

Francesco Gnecchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancesco Gnecchi
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1847
Milán Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xuño de 1919
(71 anos)
Roma
País de nacionalidade Italiano.
Educación Universidade de Pavia.
Q89547790Estudos de moeda italiana.
Pintura paisaxista.
Actividade
Campo de traballoNumismática e pintura.
Ocupaciónpintor, numismático, coleccionismo de moedas Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPintura paisaxística Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIsabella Bozzotti (1873). Editar o valor en Wikidata
IrmánsErcole Gnecchi Editar o valor en Wikidata
Premios
(1906): Medalla da Royal Numismatic Society.

BNE: XX1189843

Francesco Gnecchi, nado o 8 de setembro de 1847 en Milán e finado o 15 de xuño de 1919 en Roma, foi un numismático e pintor italiano.[1][2]

O seu traballo máis salientable é Medaglioni romani ("Medallóns romanos"), publicado en tres volumes en 1912.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gnecchi procedía dunha familia adiñeirada de comerciantes de seda, fillo de Giuseppe Gnecchi e de Giuseppina Turati. Ata os 18 anos estudou nun colexio relixioso da orde dos Barnabitas en Monza e posteriormente comezou os seus estudos de Xurisprudencia na Universidade de Pavia.[1][2]

En 1866 alistouse no exército como voluntario na guerra contra Austria.[2]

Ata 1875 compaxinou a súa dedicación á pintura co traballo coa empresa familiar e, ese ano pasou a formar parte da sociedade Figli di Giuseppe Antonio Gnecchi, dedicada ao sector téxtil. Porén, en 1878 a familia vendeu o negocio e Francesco comezou a ocupar postos directivos en diversas compañías lombardas.[2]

Il Sempione dal Lago Maggiore (1884), de Francesco Gnecchi (Fundación Caprilo, Milán).

Gnecchi iniciouse nos estudos artísticos da man de Mosè Bianchi e de Achille Formis, e dedicouse principalmente ás pinturas de paisaxes, nas que aplicou trazos característicos do naturalismo lombardo da súa época. A maioría das súas paisaxes corresponden á zona do Lago Maior, na Engiadina.[2]

A presenza constante nas principais exposicións milanesas e en toda Italia na década entre 1881 e 1891 contribuíu a definir unha concepción profesional da súa actividade. A súa amizade con Luigi Scrosati favoreceu o seu interese pola pintura de flores.[2]

Numismático

[editar | editar a fonte]
Lámina de fotografías dun artigo de Francesco Gnecchi na Rivista italiana di numismatica

A partir de 1870 comezou a dedicarse ao coleccionismo e ao estudo de moedas da Antiga Roma, e publicou, xunto co seu irmán Ercole (1850-1931) algúns opúsculos dedicados á clasificación da súa colección, seguindo o criterio de ordenación alfabética das lendas do reverso, característico de Henry Cohen. Os irmáns Gnecchi acabaron por repartirse, cara a 1870, os seus centros de interese: a moeda romana para Francesco e a moeda medieval Italiana para Ercole.[1][2][4]

Xunto con outros numismáticos, fundaron en 1888 a Rivista italiana di numismatica, dirixida inicialmente por Solone Ambrosoli e a continuación por ambos os irmáns. En 1892, Francesco participou tamén na fundación da Società numismatica italiana, xunto a outros estudosos desta disciplina.[4][5]

Á súa morte, en 1919, a súa colección numismática abranguía 20.000 pezas, e en 1923 foi adquirida polo Estado italiano para o Museo Nacional Romano, con sede no Palazzo Massimo alle Terme.[4][6]

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

O 11 de febreiro de 1873 casou con Isabella Bozzotti, con quen tivo dous fillos, Cesare e Vittorio, e unha filla, Carla.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 Gorini, G. (2002) Arquivado 08 de marzo de 2022 en Wayback Machine.. Páxina 65.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 Parise, N. (2001).
  3. Véxase (1912) en "Publicacións".
  4. 1 2 3 Laffranchi, L. (1919).
  5. 1 2 Gorini, G. (2002) Arquivado 08 de marzo de 2022 en Wayback Machine.. Páxina 66.
  6. Gorini, G. (2002) Arquivado 08 de marzo de 2022 en Wayback Machine.. Páxinas 66-67.
  7. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]