Lucia Travaini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucia Travaini
Datos persoais
Nacemento3 de agosto de 1953
LugarInsigne Romanum coronatum.svg Roma
Italia Italia
NacionalidadeItaliana
Actividade
CampoNumismática e arqueoloxía
Alma máter- Universidade de Roma La Sapienza
- Universidade de Milán
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática medieval
Influído porPhilip Grierson
Premios- (1999) Jeton de Vermeil da Sociedade Francesa de Numismática.
- (2012): Medalla da Royal Numismatic Society.
- (2014) Premio Duchalais da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
- (2016) Membro honorífico da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.
- Outros: ver sección "Recoñecementos" deste artigo.
editar datos en Wikidata ]

Lucia Travaini, nada en Roma o 3 de agosto de 1953, é unha numismática e arqueóloga italiana profesora de Numismática Medieval e Moderna na Universidade de Milán.[1][2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de realizar os seus estudos de ensino secundario no instituto Terenzio Mamiani, de Roma,Travaini titulouse en arqueoloxía en 1976 na Universidade de Roma La Sapienza e asistiu tamén á Escola de Especialización en Arqueoloxía da Universidade de Nápoles, e logo traballou na Superintendencia Arqueolóxica do ministerio italiano de Bens Culturais e no gabinete de moedas e medallas do Museo Nacional Romano.[1][3][5]

En 1977 obtivo unha bolsa de estudos na Academia de Ciencias de Polonia, en Varsovia, Cracovia e Poznan, para afondar nos métodos de escavación e interpretación en arqueoloxía medieval.[5]

Entre 1979 e 1981 aprendeu da man de Paul Balog, en Roma, a ler as inscricións árabes das moedas normandas de Sicilia, o que lle resultou unha experiencia fundamental para as súas futuras investigacións.[5]

En 1983 tivo a oportunidade de estudar un achado de moeda siciliana depositado no Ashmolean Museum, de Oxford, onde tomou contacto con numismáticos británicos que mantivo durante toda a súa carreira investigadora. Particularmente salientable foi a súa participación no VIII Simposio sobre Moeda e Historia Monetaria, en Oxford, en 1985.[1][5]

Entre 1992 e 1998, foi unha investigadora integrada no equipo de Philip Grierson no Museo Fitzwilliam da Universidade de Cambridge, e con el participou moi activamente no desenvolvemento do proxecto Medieval European Coinage, particularmente na elaboración e na edición dun volume dedicado ás emisións medievais da Italia meridional, Sicilia e Sardeña.[1][6] En relación coas súas investigacións sobre moeda italiana medieval colaborou tamén con outros numismáticos de prestixio como D. M. Metcalf, da Universidade de Oxford, ou Carlo M. Cipolla na Universidade Berkeley.[2][3][5]

En 1998, regresou a Italia para ingresar como profesora asociada da cátedra de numismática medieval e mdoerna, no Departamento de Estudos Históricos da Universidade de Milán.[1][2][3][7]

A Travaini encomendóuselle a redacción de diversas entradas vinculadas coa numismática da Enciclopedia Treccani, como é o caso da do augustal de Federico II.[8]

Entre outras asociacións e sociedades numismáticas, Travaini é membro da Royal Numismatic Society, de Londres, da Société Royale de Numismatique de Belgique, de Bruxelas, da Société Française de Numismatique, de París, da Società Numismatica Italiana, de Milán, e do Consello Internacional de Numismática, no marco do cal participou como membro do comité organizador do XV Congreso Internacional de Numismática, que tivo lugar en Messina en 2015.[1][9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Estes son os premios e recoñecementos outorgados a Lucia Travaini ao longo da súa carreira como investigadora numismática:[1][10]

  • 1999: a Sociedade Francesa de Numismática concedeulle o Jeton de Vermeil.[11]
  • 2002: recibiu o premio Albino Bazzi do Circolo Filatelico Numismatico Mantovano.[12]
  • 2004: o Círculo de Estudos Numismáticos de Bruxelas concedeulle o Premio Quinquenal de Numismática.
  • 2005: recibiu o Óscar á Numismática do Circolo Filatelico Numismatico Reggiano.
  • 2008: concedéuselle a medalla da Gunnar Holst Numismatic Foundation, de Suecia.
  • 2010: concedéuselle o premio Mestres da Numismática do Circolo Numismatico Pugliese
  • 2012: Travaini foi galardoada coa prestixiosa Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres, un dos maiores premios mundiais da numismática.[13]
  • 2014: outorgóuselle o Premio Duchalais da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, de Francia, polo seu traballo Le zecche italiane fino all'Unità (2011).[14]
  • 2016: foi elixida membro honorífico da Real Sociedade Numismática de Bélxica, con ocasión do 175 aniversario da institución.[15][16]

Escolla de obras[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

Travaini publicou desde 1977 máis de 200 artigos sobre arqueoloxía e, fundamentalmente, sobre numismática medieval en publicacións conxuntas e en moi diversas revistas especializadas nestas disciplinas, como a Rivista Italiana di Numismatica, en Numismatic Chronicle ou no Bulletin de la Société Française de Numismatique.[17][18]

Monografías[editar | editar a fonte]

Esta é unha selección das monografías máis significativas publicadas por Lucia Travaini:[1][19]

  • (1990): Due castelli medievali. Affile e Arcinazzo Romano. Roma.
  • (1991): Storia di una passione: Vittorio Emanuele III e le monete. Ed. Quasar. Roma. ISBN 978-8871402857
  • (1995): La monetazione nell'Italia normanna. Istituto Storico Italiano per il Medio Evo. Roma. Hai unha 2ª edición actualizada publicada por Ars Classica. Zürich. ISBN 9788894220001
  • (1998): Medieval European Coinage, vol. 14: Italy (3). South Italy, Sicily, Sardinia, Cambridge University Press. Cambridge. Con Philip Grierson. ISBN 978-0521582315
  • (1999): Moneta locale, moneta straniera: Italia ed Europa XI-XV secolo. The Second Cambridge Numismatic Symposium. Società Numismatica Italiana.
  • (2003): Monete mercanti e matematica. Monete medievali nei trattati di aritmetica e nei libri di mercatura. Jouvence. Roma. ISBN 9788878013254
  • (2003): L'Agontano : una moneta d'argento per l'Italia medievale. Società Numismatica Italiana.
  • (2004): L'immaginario e il potere nell'iconografia medievale. Società Numismatica Italiana.
  • (2005): Monete medievali e materiali nella tomba di San Geminiano a Modena. Centro Studi Storici Nonantolani.
  • (2007): Monete e storia nell'Italia medievale. Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. Roma.
  • (2007): Conii e scene di coniazione. Con Alessia C. Bolis. Ed. Quasar. Roma. ISBN 9788871403557
  • (2009): Valori e disvalori simbolici delle monete. I Trenta denari di Giuda. Ed. Quasar. Roma. ISBN 9788871404042
  • (2010): Il patrimonio artistico di Banca Carige. Monete, pesi e bilance monetali. Fondazione Garige. ISBN 9788836618378
  • (2011): Le zecche italiane fino all'unità. 2 volumes. Istituto Poligrafico dello Stato. Roma. ISBN 9788824013338
  • (2012): Philip Grierson, Irish Bulls, and Numismatics. Ed. Quasar. Roma. ISBN 978-8871404707
  • (2013): Polis, urbs, civitas: moneta e identità. Atti del convegno di studio del Lexicon Iconographicum Numismaticae (Milano 25 ottobre 2012). Con G. Arrigoni. Ed. Quasar. Roma. ISBN 978-8871405377
  • (2013): I capelli di Carlo il Calvo. Indagine sul ritratto monetale nell’Europa medievale. Ed. Quasar. Roma. ISBN 978-8871404929
  • (2013): Il lato buono delle monete: devozione, miracoli e insolite reliquie. EDB. ISBN 978-8810555156
  • (2013): Le collezioni della Fondazione Banco di Sicilia. Le monete. Le monete siciliane dal Vespro al 1836. Silvana Editoriale. ISBN 9788836626298
  • (2016): Il tesoro di Montella (Avellino). Fiorini e ducati d’oro occultati nella metà del Trecento. Ed. Quasar. Roma. ISBN ISBN 9788871407586

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Currículo Europass de Lucia Travaini. Università degli Studi di Milano.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Lucia Travaini: Biografia". Mueso Nazionale Rai Radio 3.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Lucia Travaini". En Numismatic Who's Who. Coins Weekly.
  4. "Lucia Travaini". Dipartimento di Studi storici". Università degli Studi di Milano.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Curriculum Vitae". Web persoal de trvaini.
  6. "Mediaval European Coinage". The Fitzxilliam Museum.
  7. "Travaini Lucia". Università degli Studi di Milano.
  8. Entradas "zecca", "conio", "moneta" e "agustale" En Enciclopedia Italiana di Scienze, Lettere ed Arti. Istituto Giovanni Treccani.
  9. "Associazioni". No sitio web de Travaini.
  10. "Riconoscimenti". No sitio web de Travaini.
  11. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique.
  12. "Premio Albino Bazzi". Circolo Filatelico Numismatico Mantovano
  13. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  14. "Prix 2014: En sa séance du vendredi 21 mars 2014". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
  15. "Membres honoraires – Honoraire leden (1/12/2017)". Socieété Royale de Numismatique de Belgique.
  16. "Honors celebrating the 175th anniversary of the Royal Numismatic Society of Belgium". Coins Today. 6 de xuño de 2016.
  17. "Articoli". No sitio web dr Travaini.
  18. "Lucia Travaini". En Academia.
  19. "Libri". No sitio web de Travaini.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]