Eric P. Newman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eric P. Newman
Datos persoais
Nacemento25 de maio de 1911
LugarFlag of St. Louis, Missouri.svg Trenton, Nova Jersey
Flag of Missouri.svg St. Louis, Missouri
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento15 de novembro de 2017 (106 anos)
LugarClayton, Missouri
Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstadounidense
CónxuxeEvelyn Edison
Actividade
CampoNumismática
Alma máter- Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.
- Universidade Washington en St. Louis.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos sobre as primeiras moedas dos EEUU.
Influído porBurdette G. Johnson.
Premios- 1964: Medalla o mérito (ANA).
- 1969: Farran Zerbe Memorial (ANA).
- 1978: Medalla Huntington (ANS).
- 1986: Hall of Fame (ANA).
- 1991: Medalla da RNS.
- 2001: Burnett Anderson Memorial (ANA-ANS-NLG).
editar datos en Wikidata ]

Eric Pfeiffer Newman, nado en St. Louis, Missouri, o 25 de maio de 1911, e finado en Clayton, Missouri, o 15 de novembro de 2017, foi un numismático estadounidense, recoñecido particularmente polas súas publicacións acerca das primeiras emisións de moeda nos Estados Unidos.[1][2][3]

Newman vendeu a súa colección de moedas mediante poxas públicas entre 2013 e 2014 por máis de 70 millóns de dólares e utilizou os beneficios para fundar a Sociedade Newman de Educación Numismática (Newman Numismatic Education Society) e o seu portal numismático, para "pór á disposición de todos, de xeito gratuíto e para sempre, a literatura e as imaxes de numismática, particularmente da estadounidense".[3][4][5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Newman naceu en St. Louis, Missouri, fillo de Samuel Elijah Newman e Rose (Pfeiffer) Newman.[7] O seu interese polas moedas comezou aos seus sete anos, cando o seu avó lle deu unha moeda dun centavo de 1859.[1]

Cando tiña 10 anos visitaba, cada dúas semanas, a tenda de moedas do numismático Burdette G. Johnson, no centro da súa cidade natal, e Johnson chegou, deste xeito, a ser non só o seu amigo senón o seu mentor como numismático.[2][8]

Newman acadou a súa graduación en Ciencias no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) en 1932, e o seu doutoramento en xurisprudencia na Universidade de Washington en St. Louis en 1935. Tres anos despois foi elixido vicepresidente da Sociedade Numismática de Missouri, e en 1939 secretario e tesoureiro da Sociedade Numismática dos Estados Centrais.[9] Logo exerceu a avogacía ata 1943, e o ano seguinte foi contratado polos grandes almacéns Edison Brothers Stores, onde chegou a ocupar o posto de vicepresidente en 1968. Newman retirouse en 1987.[2][7]

5 dólares da Casa da Moeda de Charlotte, unha das pezas da colección de Eric P. Newman, procedente da de E. H. R. Green

Na súa etapa de estudante do MIT tomou contacto co home de negocios e coleccionista de moedas E. H. R. Green. Antes da morte deste en 1936, Newman conseguiu 600 dólares da súa familia para comprar algúns dos billetes que tiña Green e, cando llo comentou ao seu amigo e comerciante numismático Burdette G. Johnson, asociáronse para comprar en conxunto unha boa parte da colección de Green, incluídos os únicos cinco exemplares coñecidos da moeda de 5 centavos de 1913. Porén, a moeda favorita de Newman de entre as da súa colección era unha un exemplar único dunha proba en ouro de 1792 que cría que pertencera a George Washington.[2][7]

Vida familiar e legado[editar | editar a fonte]

Unha das salas do Newman Money Museum, creado por Eric P. Newman

Eric Newman casou con Evelyn Edison o 29 de novembro de 1939, e xuntos tiveron dous fillos. Eric e Evelyn caracterizáronse polo seu apoio filantrópico a diversas causas, relativas a aspectos tan diversos como a investigación médica ou proxectos culturais en St. Louis.[10] En 2003, doaron dous millóns de dólares á Universidade Washington en St. Louis para o establecemento alí do Museo Newman do Diñeiro (Newman Money Museum), dentro das instalacións do museo de arte Mildred Lane Kemper.[2] O museo numismático abriu as súas portas en 2006 e desde entón vai amosando, de xeito rotativo, a colección de Newman.[2][11]

Newman e a súa muller estableceron tamén o Centro de Educación Eric P. Newman na Facultade de Medicina da Universidade Washington, dotado de diversas bolsas económicas.[12]

Evelyn Edison finou o 1 de setembro de 2015, aos 95 anos.[13][14] Eric Newman faleceu dous anos despois, o 15 de novembro de 2017, aos 106 anos.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2011, ademais, a American Numismatic Society emitiu unha medalla de bronce e outra de prata co busto de Eric P. Newman, na súa honra, en conmemoración do centésimo aniversario do seu nacemento.[19][20]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

Newman escribiu arredor de 15 libros sobre numismática. É moi coñecido polo seu estudo pioneiro The Early Paper Money of America (1967), que segue a ser a obra de referencia neste tema, con diversas edicións posteriores, e por outros traballos sobre moeda estadounidense, como os dedicados ao dólar de 1804 ou ao dólar continental. Algunhas das súas monografías máis destacadas son as seguintes:[1][21]

  • (1952): The 1776 Continental Currency Coinage: Varieties of the Fugio Cent. Wayte Raymond. [Edición máis recente: 2012. Literary Licensing. ISBN 978-1258503628]
  • (1962): The Fantastic 1804 Dollar. Whitman Publishing. [Edición máis recente: 2009. ISBN 978-0794828295]
  • (1956): Coinage for colonial Virginia. American Numismatic Society. Nova York.
  • (1964): Nature printing on colonial and continental currency. American Numismatic Association. Colorado Springs.
  • (1967): The Early Paper Money of America [Edición máis recente (5ª): 2008. Krause Publications. ISBN 9780896893269]
  • (1995): The dollar $ign : its written and printed origins. American Numismatic Association. Colorado Springs.
  • (2000): U.S. Coin Scales and Counterfeit Coin Detectors. E.P. Newman & A.G. Mallis.
  • (2008): United States fugio copper coinage of 1787. John Lusk.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Otten, L. (2003). "Background on Eric P. Newman". Washington University in St. Louis.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Orzano, M. (2011). "Eric P. Newman reflects on life, looks ahead". En Coin World. 29 de maio.
  3. 3,0 3,1 3,2 Gilkes, P. (2017). "Numismatist Eric Newman dies at age 106". En Coin World. 16 de novembro.
  4. Miyatsu, R. (2018). "Newman Tower Exhibit: The Eric Newman Money Collection". Washington University in St. Luis.
  5. Healy, M. (2014). "In Coins, Man Found a Century of Learning". En The New York Times. 18 de maio.
  6. "Newman Collection Part V Realizes $10.4+ Million". CoinNews.net. 25 de novembro de 2014.
  7. 7,0 7,1 7,2 Wilson Hoge, R. (2003). "Eric P. Newman: A Collector Profile". En ANS Magazine.
  8. "Eric P. Newman / B. G. Johnson". En Montgomery, P et al. (2005). Million Dollar Nickels. Mysteries of the illicit 1913 Liberty Nickels revealed. Bowers and Merena. Páxinas 344-346. ISBN 0-9742371-8-3
  9. Ray Lockwood, W. "The History of Central States Part 1 continued 1939". Central States Numismatic Society.
  10. "The Eric P. Newman Story". En About NNP. Newman Numismatic Portal.
  11. Otten, L. (2006). "Newman Money Museum to open at Washington University in St. Louis Oct. 25". Washington University in St. Louis. 17 de outubro.
  12. Duffy, R. W. (2015). "Evelyn Edison Newman: Creative philanthropist made it fun for others to contribute". En St. Luis Public Radio. 2 de setembro.
  13. "Evelyn Newman (1920-2015)". En The E-Sylum. Vol. 18. Nº 36. 6 de setembro de 2015.
  14. Bogan, J. (2015). "Evelyn Newman: Queen of St. Louis fundraising has died". En St. Louis Post-Disopatch. 3 de setembro.
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 "Past Service Award Recipients". American Numismatic Association.
  16. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  17. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  18. "Eric P. Newman recieves numismatic writing award". American Numismatic Association. 11 de agosto de 2001.
  19. "ANS Unveils New Medal Honoring Eric P. Newman". En Coins Weekly. 15 de novembro de 2011.
  20. "Eric P. Newman Medal". American Numismatic Society.
  21. "Eric P. Newman". Worldcat.org

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Joel Augsburger, L; Burdette, R. (2017). Truth Seeker: The Life of Eric P. Newman. Ivy Press. ISBN 978-1633513709

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]