Lodovico Laffranchi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1875 |
Morte | 6 de xuño de 1952 Milán |
País de nacionalidade | Italiano. |
Q89547790 | Estudos de moeda da Antiga Roma |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Premios | |
(1952): Medalla da Royal Numismatic Society. |
Lodovico Laffranchi (tamén coa variante Ludovico), nado en 1875 e finado o 6 de xuño de 1952 en Milán, foi un numismático italiano especializado na moeda da Antiga Roma.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Laffranchi era un empregado municipal que se iniciou na numismática da man do seu tío, Pompeo Monti. En 1910 participou xa no III Congreso Internacional de Numismática, en Bruxelas, onde interveu cun relatorio titulado I diversi stili nella monetazione romana, e en 1927 foi nomeado comisario para xestionar a colección de moedas do Castelo Sforzesco, do municipio milanés.[1]
Entre 1913 e 1917 foi editor da Rivista Italiana di Numismatica e, logo da renuncia dos irmáns Ercole e Francesco Gnecchi ao seu órgano directivo, ofrecéuselle a Laffranchi a oportunidade de dirixir a revista en 1918. Baixo a súa dirección saíron os dous derradeiros números correspondentes a ese ano e os catro primeiros de 1919, e a partir dese momento decidiu abandonar o cargo de director, por motivos descoñecidos, aínda que se mantivo como asiduo colaborador coa revista. No seu breve período, a publicación pasou de ser un órgano de comunicación entre coleccionistas a dotarse dunha perspectiva científica recoñecida internacionalmente.[1]
Coincidindo coa chegada dos fascistas ao poder en Italia en 1924, Laffranci cancelou a súa colaboración coa Rivista Italiana di Numismatica, coa que se amosou tan contrario como co propio réxime, e non a retomou ata 1940, co envío dun novo artigo. Esta desafección co réxime fascista impediulle acceder a postos académicos acordes á súa valía intelectual, mais el continuou a publicar artigos en publicacións numismáticas tan diversas como Bollettino del Circolo Numismatico di Napoli (Italia), Schweizer Numismatischen Zeitschrift (Suíza), Numismatische Zeitschrift (Austria), Numizmatikai Közlöny (Hungría), Revue belge de numismatique (Bélxica) ou The Numismatic Chronicle (Reino Unido).[1][2]
En 1941 asumiu novamente un posto no comité de dirección da revista, ao que renunciou posteriormente e que retomou en 1950.[1]
Os seus artigos versan fundamentalmente sobre a numismática romana. Moi influído polas novas vías de investigación numismática abertas polas escolas vienesa e inglesa, Laffranchi estudou aspectos como os obradoiros monetarios romanos e a organización da produción de moeda imperial, e destacan os seus artigos sobre as cuñaxes de Augusto e de Magnencio, ou sobre a ceca de Mediolanum (Milán) en tempos de Galieno.[3]
Lafranchi faleceu en 1952, en palabras de Herbert A. Cahn "nunha soidade completa".[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dalgúns dos artigos máis salientables dos publicados por Laffranchi ao longo da súa carreira:[2][5][6]
- (1903). "I due Massimiani Erculeo e Galerio nella monetazione del bronzo Arquivado 28 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine." (con P. Monti). En Bollettino di Numismatica e di Arte della Medaglia. (1903) Nº 1. Páxinas 8-12.
- (1904). "Ancora 'Tarraco o Ticinum'?". En Bollettino di Numismatica e di Arte della Medaglia. Nº 10. Páxinas 113-115.
- (1906). "La cronologia delle monete di Adriano". En Rivista italiana di numismatica, 19. Páxinas 329-374.
- (1912-1918). "La monetazione di Augusto". En Rivista italiana di numismatica. Nos 25-27, 29, 31.
- (1912). Parte I. "Introduzione". Nº 25. Páxinas 147-170.
- (1913). Parte II. "Zecca di Lugdunum". Nº 26. Páxinas 303-323.
- (1914). Parte III. "Zecca di Roma". Nº 27. Páxinas 308-328.
- (1916). Parte IV. "Zecche della Bitinia". Nº 29. Páxinas 209-222.
- (1916). Parte V. "Zecche della Provincia d'Asia". Nº 29. Páxinas 283-298.
- (1918). Parte VII. "Emisioni Militari in Cirenaica". Nº 31. Páxinas 169-188.
- (1915). "Sulla numismatica dei Flavii". En Rivista italiana di numismatica, 28. Páxinas 139-154.
- (1923). "Il fascio littorio sulle monete antiche, a proposito di monete moderne Arquivado 28 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.". En Rivista Italiana di Numismatica, 26. Páxinas 5-20.
- (1930). "Commento numismatico alla storia dell’imperatore Magnenzio e del suo tempo". En Atti e memorie dell’istituto italiano di numismatica, 6. Páxinas 134-205.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Savio, A. "Lodovico Laffranchi Arquivado 19 de abril de 2022 en Wayback Machine.". I Grandi Numismatici. Società numismatica Italiana.
- ↑ 2,0 2,1 Pagani, A. (1955).
- ↑ 3,0 3,1 Cahn, H. A. (1952).
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Laffranchi, Lodovico". WorldCat Identities.
- ↑ "Lodovico Laffranchi (1875-1952)". BnF Data.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cahn, H. A. (1952). "Nécrologie: Lodovico Laffranchi". En Schweizer Münzblätter 3/10. Agosto. Páxina 47.
- Pagani, A. (1955). "Bibliografia numismatica di Ludovico Laffranchi Arquivado 28 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.". Rivista Italiana di Numismatica. III. Serie 5ª. LVII. Páxinas 148-156.
- Savio, A. (2012). "La "RIN" fra le due guerre, da Lodovico Laffranchi a Serafino Ricci (1918-1943)". En Rivista italiana di numismatica. Nº 113. Páxinas 123-162.
- Ulrich-Bansa, O. (1953). "Ludovico Laffranchi (1875-1952) Arquivado 28 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.". En Rivista Italiana di Numismatica. Vol. I. Serie 5ª. LIV-LV. 1952-1953. Páxinas 1-2.