William E. Metcalf
- Non confundir co numismático británico Michael Metcalf
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de decembro de 1947 |
| Morte | 2 de agosto de 2025 (77 anos) Silver Spring, Maryland. Estados Unidos. |
| País de nacionalidade | |
| Educación | |
| Q89547790 | Estudos de moeda provincial romana. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática. |
| Ocupación | escritor, numismático, profesor universitario |
| Empregador | Universidade Columbia Universidade Rutgers American Numismatic Society Universidade de Nova York Bryn Mawr College Universidade de Princeton Universidade de Padua. Centro Universitario para a Historia da Resistencia e a Idade Contemporánea - CASREC Universidade Yale |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Jane H. Salinger. |
| Premios | |
| (2008): Jeton de Vermeil (SNF). (2024): Medalla Huntington (ANS). | |
William Edwards Metcalf, nado en East Grand Rapids, Míchigan, o 16 de decembro de 1947 e finado en Silver Spring, Maryland, o 2 de agosto de 2025, foi un numismático estadounidense e historiador da Antigüidade, experto na moeda da Antiga Roma e, máis concretamente, na moeda provincial romana.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Metcalf cursou os seus estudos universitarios na Universidade de Míchigan: primeiro graduouse en Latín (Bachelor of Arts) en 1969, con distinción honorífica; logo en Estudos Clásicos (Master of Arts) en 1970, e finalmente acadou o doutoramento, tamén en Estudos Clásicos, en 1973. Nesa universidade tivo profesores como o eminente numismático T. V. Buttrey.[1][2][3]
En canto obtivo o grao de doutor, ingresou como conservador axudante de moeda romana e de moeda bizantina na American Numismatic Society (ANS), en Nova York, posto que ocupou ata 1975, cando foi ascendido a conservador asociado. En 1978 pasou a ser conservador xefe adxunto e, finalmente, en 1979 foi nomeado conservador xefe, sucedendo no posto a Margaret E. Thompson, onde permaneceu ata 2000. A partir dese momento foi conservador honorario e membro permanente da ANS.[1][3]
Metcalf foi tamén profesor visitante, adxunto ou asociado en diversas institucións académicas de prestixio, como a Universidade de Columbia, a Universidade de Princeton, a Universidade de Padua, o Bryn Mawr College (Pensilvania), a Universidade Rutgers (Nova Jersey) ou a Universidade de Nova York.[1][2][3]
No ámbito universitario, foi tamén conservador de moedas e medallas na Universidade Yale e profesor adxunto de Estudos Clásicos nesa mesma universidade en 2002. En 2007, o posto de conservador en Yale tomou o nome honorífico de Ben Lee Damsky, e Metcalf ocupouno ata o seu retiro en 2014.[1][3]
William E. Metcalf formou parte do consello editorial da revista numismática suíza Schweizerische Numismatische Rundschau.[4]
Metcalf finou o 2 de agosto de 2025, aos 77 anos,[5] na súa residencia familiar en Silver Spring, Maryland.[6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1988): Membro do Instituto para o Estudo Avanzado, de Princeton.[1][7]
- (1998): Membro da Sociedade de Anticuarios de Londres.[1][8]
- (2008): Jeton de Vermeil, da Société française de Numismatique, de París.[9]
- (2024): Medalla Huntington, da American Numismatic Society.[10]
En 2008, o Archaeological Institute of America elixiuno como protagonista da súa tradicional serie anual de conferencias.[11]
A Sociedade Numismática Austríaca nomeouno membro de honra.[12]
Ademais, en 2018, a American Numismatic Society editou na súa honra unha publicación conxunta titulada Concordia Disciplinarum: Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf.[13][14][15]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa traxectoria académica, William E. Metcalf foi autor de numerosas publicacións, entre libros e artigos en revistas especializadas.[2][16] Esta é unha escolma das monografías máis salientables das publicadas por William E. Metcalf ao longo da súa traxectoria académica:[2][17]
- (1980). The Cistophori of Hadrian. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897220040
- (1989). America's gold coinage. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897222389
- (1992). The Silver Coinage of Cappadocia, Vespasian-Commodus. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 0-89722-254-7
- (1996). The Silver Coinage of Caesarea in Cappadocia, Vespasian to Commodus. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897222549
- (2012). The Oxford Handbook of Greek and Roman Coinage (editor). Oxford University Press. ISBN 9780195305746
- (2017). The Later Republican Cistophori. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897223478
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Elkins, N. T.; Evans, J. D. (eds.) (2018). Páxinas vii, viii.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Curriculum Vitae of William E. Metcalf Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Yale University Art Gallery.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "ANS Record Group 2: Curatorial. Series 18: William E. Metcalf curator correspondence". American Numismatic Society.
- ↑ "Editorial Board Arquivado 24 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Schweizerische Numismatische Gesellschaft.
- ↑ "William E. Metcalf (1947-2025)". American Numismatic Society (Numismatics.org).
- ↑ "Dr. William Edwards Metcalf Obituary". Collinsfuneralhome.com
- ↑ "William E. Metcalf". Institute for Advanced Study.
- ↑ "Fellows: Dr William Metcalf Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Society of Antiquaries of London.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "ANS Announces 2024 Huntington Award to William E. Metcalf Arquivado 26 de setembro de 2024 en Wayback Machine.". American Numismatic Society (Numismatics.org). 26 de xullo de 2024.
- ↑ "William E. Metcalf Lectures In Numismatics". Archaeological Institute of America.
- ↑ "Ehrenmitglieder Arquivado 08 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Österreichische Numismatische Gesellschaft.
- ↑ Elkins, N. T.; Evans, J. D. (eds.) (2018).
- ↑ "[https://coinsweekly.com/concordia-disciplinarum-festschr ift-in-honor-of-william-e-metcalf/ Concordia Disciplinarum: Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf]". En Coins Weekly. 12 de setembro de 2019.
- ↑ "Concordia Disciplinarum: Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf". American Numismatic Society.
- ↑ "Metcalf, William Edwards Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Metcalf, William E.". WorldCat.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William E. Metcalf |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Elkins, N. T.; Evans, J. D. (eds.) (2018). Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf. American Numismatic Society. Numismatic Studies 38. ISBN 978-0-89722-357-7
