Helen Farquhar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Helen Laura Farquhar
Datos persoais
Nacemento1859
LugarBrackley
Coat of arms of Northamptonshire County Council.png Northamptonshire
Flag of England.svg Inglaterra
Falecemento3 de xaneiro de 1953 (94 anos)
LugarCoat of Arms of The City of London.svg Londres
NacionalidadeFlag of the United Kingdom.svg Británica
Actividade
CampoNumismática británica
Contribucións e premios
Coñecido por- Estudos e coleccionismo de moeda dos Estuardo.
- Pioneira como muller numismática.
Premios- 1911: Medalla Sanford Saltus, da BNS.
- 1931: Medalla da RNS.
- 1950: Membro honorario da British Numismatic Society.
editar datos en Wikidata ]

Helen Laura Farquhar, nada en Brackley, Northamptonshire, en 1859, e finada en Londres o 3 de xaneiro de 1953, foi unha numismática e historiadora británica, membro fundador da Sociedade Numismática Británica en 1903, da que chegou a ser vicepresidenta.[1][2]

Farquhar, citada adoito como H. L. Farquhar, foi unha das primeiras mulleres do mundo en contar cun corpus propio de publicacións en materia numismática.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Farquhar criouse no barrio londinense de Chelsea xunto cos seus pais, Harvie Morton Farquhar e Louisa Harriet Ridley-Colbourne. O pai, descendente de familia nobre, era o xerente da compañía Messrs Herries, Farquhar & Co, posteriormente absorvida por Lloyds Bank.[4][5]

Farquhar foi unha intelectual moi prolífica e o seu arquivo está hoxe conservado nos Arquivos Nacionais do Reino Unido, na Welllcome Collection, de Londres, e no Museo Británico.[6][7]

A especialidade das súas investigacións foi a numismática británica e, destacadamente, as emisións monetarias dos Estuardo, sobre as que publicou abundantemente no British Numismatic Journal entre 1905 e 1930.[8]

Ao longo da súa vida foi tamén compondo unha importante colección de moedas, medallas e insignias, principalmente do período dos Estuardo, que lle foron doadas antes do seu falecemento ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[9][10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

A totalidade dos artigos numismáticos elaborados por H. L. Farquhar foron publicados no British Numismatic Journal (BNJ), órgano da Sociedade Numismática Británica, e en The Numismatic Chronicle (THC), da Real Sociedade Numismática de Londres.[1][3][14][15]

British Numismatic Journal[editar | editar a fonte]

  • (1905): "Portraiture of the Stuarts on the Royalist Badges". BNJ Nº 2. Páxinas 243-290.
  • (1906): "Patterns and medals bearing the legend IACOBVS III or IACOBVS VIII". BNJ Nº 3. Páxinas 229-270.
  • (1907): "Portraiture of our Tudor monarchs on their coins and medals". BNJ Nº 4. Páxinas 79-143.
  • (1908): "Portraiture of Our Stuart Monarchs on their Coins and Medals". BNJ Nº 5. Páxinas 145-262.
  • (1909): "Portraiture of Our Stuart Monarchs on their Coins and Medals. Part II: James II". BNJ Nº 6. Páxinas 213-285.
  • (1910): "Portraiture of our Stuart monarchs on their coins and medals. Part III: William and Mary". BNJ Nº 7. Páxinas 199-267.
  • (1911): "Portraiture of our Stuart monarchs on their coins and medals, Part IV: William III". BNJ Nº 8. Páxinas 207-273.
  • (1912): "Portraiture of our Stuart monarchs on their coins and medals: Part V, William III, continued". BNJ Nº 9. Páxinas 237-294.
  • (1913-1914): "Portraiture of our Stuart monarchs on their coins and medals. Part VI: Anne". BNJ Nº 10. Páxinas 199-266.
  • (1915): "Portraiture of our Stuart monarchs on their coins and medals. Part VII: Anne continued". BNJ Nº 11. Páxinas 219-287.
  • (1916): "Royal charities. Part I: angels as healing-pieces for the king's evil". BNJ Nº 12. Páxinas 39-135.
  • (1917): "Royal charities. Part II: touchpieces for the king's evil". BNJ Nº 13. Páxinas 95-163.
  • (1918): "Royal charities. Part III (continuation of) touchpieces for the king's evil. James II to William III". BNJ Nº 14. Páxinas 89-120.
  • (1919-1920): "Royal charities. Part IV (conclusion of) Touchpiece's for the king's evil". BNJ Nº 15. Páxinas 141-184.
  • (1921-1922): "Royal Charities (Second Series)". BNJ Nº 16. Páxinas 195-228.
  • (1921-1922): "A series of portrait plaques in thin silver, struck in Stuart times, technically called shells or clichés". BNJ Nº 16. Páxinas 229-246.
  • (1923-1924): "Royal Charities (Second Series) Part II". BNJ Nº 17. Páxinas 133-164.
  • (1923-1924): "An Emergenc Coinage in Ireland". BNJ Nº 17. Páxinas 165-169.
  • (1923-1924): "Some portrait-medals struck between 1745 and 1752 for Prince Charles Edward". BNJ Nº 17. Páxinas 171-225.
  • (1925-1926): "The Shrewsbury Medal". BNJ Nº 18. Páxinas 125-134.
  • (1927-1928): "Royal Charities (Second Series) Part IV". BNJ Nº 19. Páxinas 109-129.
  • (1929-1930): "Royal Charities (Second Series) Part V". BNJ Nº 20. Páxinas 215-150.

The Numismatic Chronicle[editar | editar a fonte]

  • (1916): "Silver Counters of the Seventeenth Century". TNC Nº 16. Páxinas 133-193.
  • (1917): "Concerning some Roettiers Dies". TNC Nº 17. Páxinas 126-165.
  • (1928): "A Lost Coinage in the Channel Islands". TNC Nº 8. Páxinas 199-212.
  • (1930): "The Forlorn Hope Medal of Charles I". TNC Nº 10. Páxinas 316-329.
  • (1932): "Thomas Simon, "One of our Chief Geavers"". TNC Nº 12. Páxinas 274-310.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]