Arent Pol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arent Pol
Datos persoais
Nacemento1951
NacionalidadePaíses Baixos Países Baixos.
Actividade
CampoNumismática, historiografía e arqueoloxía.
Alma máterLeiden University seal.svg Universidade de Leiden.
Contribucións e premios
Premios1997: Jeton de Vermeil (SFN).
editar datos en Wikidata ]

Arent Pol, nado en 1951, é un historiador arqueólogo e numismático neerlandés, vinculado á Universidade de Leiden.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arent Pol iniciou os seus estudos de Historia en 1977 na Universidade de Leiden, onde se doutorou en Humanidades en 1985.[1]

Xa en 1973 ingresara como asistente no Gabinete Real de Medallas do Rijksmuseum (Rijksmuseum Koninklijk Penningkabinet), e entre 1981 e 2012 exerceu como conservador da sección medieval e moderna da colección numismática nacional neerlandesa.[1]

A partir de 2012 pasou a ocupar un posto como investigador honorario na Facultade de Arqueoloxía da Universidade de Leiden, centrado na historia monetaria da Europa Occidental nos séculos VI e VII.[2][3] O seu labor principal é a elaboración dunha base de datos das moedas de ouro desa época ao norte dos Alpes e dos Pireneos, denominada Corpus des Monnaies Mérovingiennes.[1]

Entre outras entidades académicas e asociativas, Pol é membro da Real Sociedade Neerlandesa para a Ciencia da Moeda (1972), da Real Sociedade Histórica dos Países Baixos (1978), da sociedade científica Teylers Tweede Genootschap (1996) e da Sociedade Francesa de Numismática (2016).[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Arent Pol ao longo da súa traxectoria:.[5][6]

  • (1989). Schepen met geld. De handelsmunten van de Verenigde Oostindische Compagnie, 1602-1799. ["Barcos con diñeiro. As moedas comerciais da Compañía Holandesa das Indias Orientais, 1602-1799"]. Koninklijk Penningkabinet, A Haia. ISBN 9789012062220
  • (1993). De schat van het Vliegend Hert. Compagniesgeld en smokkelgeld uit een VOC-schip ["O tesouro de Vliegend Hert. O diñeiro da Compañía e o contrabando dun barco VOC"] (con H. Jacobi). Koninklijk Penningkabinet, A Haia. ISBN 9789073882010
  • (2001). Goud ["Ouro"] (con J. Luijt). Koninklijk Penningkabinet, A Haia. ISBN 9789073882133
  • (2007). Het noodgeld van Leiden. ["O diñeiro de emerxencia de Leiden"] (con B. j. van der Veen). SDU, A Haia. ISBN 9789012124522

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Arent Pol". ORCID.org
  2. "Arent POL". Academia.edu
  3. "Arent Pol". Universiteit Leiden.
  4. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  5. "Pol, Arent 1951-". Digital Library Numis.
  6. "Pol, Arent 1951-". WorldCat Identities.