E. Stanley G. Robinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para outros artigos referidos a persoas con nome e apelidos semellantes véxanse as páxinas de homónimos Stanley Robinson (homónimos) e Edward G. Robinson
E.S.G.Robinson
Edward Stanley Gotch Robinson
Datos persoais
Nacemento1887
LugarArms of Bristol City Council.svg Bristol
Falecemento1976 (89 anos)
LugarFlag of Dorset.svg Dorset
SoterradoSt Mary's churchyard
NacionalidadeFlag of the United Kingdom.svg Británica
CónxuxePamela Horsley.
Actividade
CampoNumismática.
Alma máterChrist Church Oxford Coat Of Arms.svg Christ's Curch.
Coat of arms of the University of Oxford.svg Universidade de Oxford.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática grega e romana.
Premios- (1935): Medalla Huntington (ANS).
- (1942): Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

Edward Stanley Gotch Robinson, nado o 4 de xullo de 1887 en Bristol, e finado en 1976 en Dorset, Inglaterra, foi un numismático británico especializado en moeda da Antiga Roma e da Antiga Grecia, vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stanley Robinson naceu no distrito de Clifton, en Bristol, sexto dos sete fillos do comerciante de papel Edward Robinson e da súa esposa, Katherine Frances.[1][2]

Cursou a súa educación secundaria no Clifton College, de Bristol, e os seus estudos superiores no colexio Christ Church, da Universidade de Oxford.[2]

Ingresou na Escola Británica de Atenas no curso 1910-1911, e no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1912.[2][4]

En 1914 alistouse ao exército británico e resultou ferido en combate Francia no transcurso da primeira guerra mundial. Á súa volta ao Reino Unido, logo dun período traballando no Ministerio do Interior, regresou ao Museo Británico, onde foi nomeado conservador auxiliar en 1935 e, finalmente, sucedeu a George Francis Hill como conservador xefe do Departamento de Moedas e Medallas entre 1949 e 1952.[2][4]

Paralelamente, en 1938 comezou a exercer a docencia da materia de Numismática na Universidade de Oxford e foi asesor do coleccionista de arte Calouste Gulbenkian na súa colección de moedas.[2]

Robinson xubilouse en 1955, aínda que continuou a exercer como asesor do gabinete numismático do Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford, ao que en 1964 lle doou a súa colección particular.[2]

No aspecto familiar, Robinsoun casou en 1917 con Pamela Horsley.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Robinson publicou abundantes artigos numismáticos nas principais revistas do sector da súa época, sinaladamente en Journal of Hellenic Studies, en Numismatic Chronicle e en Revue numismatique. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:[7][8][9]

  • (1923). Catalogue of ancient Greek coins (con G. L. Lampson). Humphreys, Londres.
  • (1927). Catalogue of the Greek coins of Cyrenaica. British Museum, Londres.
  • (1931). The Collection of Capt. E.G. Spencer-Churchill, M.C., of Northwick Park / The Salting Collection in the Victoria and Albert Museum. Oxford University Press.
  • (1933) The Date of the Roman Denarius and Other Landmarks in Early Roman Coinage (con H. Mattingly). H. Milford, Londres.
  • (1933). The Lloyd Collection [Sylloge nummorum Graecorum]. Oxford University Press.
  • (1936). The Newnham Davis Coins in the Wilson Collection of Classical and Eastern Antiquities, Marischal College, Aberdeen (con H. N. Davis). Oxford University Press.
  • (1952). A guide to the exhibition of Roman coins in the British Museum (con H. Mattingly). British Museum, Londres.
  • (1971-1978). A catalogue of the Calouste Gulbenkian collection of Greek coins. Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mayhew, N. (2011).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "Robinson, Edward Stanley Gotch, Sir". Dictionary of Art Historians.
  3. "Sir Edward Robinson Authority on Greek Coins". En The Times. 15 de xuño de 1976. Páxina 16.
  4. 4,0 4,1 "Sir Edward Stanley Gotch Robinson". The British Museum.
  5. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  6. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. Bibliografía completa en Kraay, C. M.; Jenkins, K. (1968).
  8. "Robinson, E. S. G. (Edward Stanley Gotch)". WorldCat Identities.
  9. "Robinson, Edward Stanley Gotch 1887-1976". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]