Stanisław Suchodolski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Stanisław Suchodolski
01. Augustów, ok. 2000, fot. Z. Truszkowska.jpg
Stanisław Suchodolski en Augustów (2000)
Datos persoais
Nacemento4 de maio de 1936
LugarPOL Warszawa COA.svg Varsovia.
POL województwo mazowieckie flag.svg Mazovia.
Polonia Polonia
NacionalidadePolaca.
Actividade
CampoNumismática e arqueoloxía.
Alma máterUniversidade de Varsovia.
Director de teseRyszard Kiersnowski .
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática polaca altomedieval.
Influído porWitold Hensl.
Ryszard Kiersnowski.
Aleksander Gieysztor.
Premios- (1982): Jeton de Vermeil (SFN).
- (1989): Cruz de Ouro ao Mérito.
- (1998): Medalla Huntington (ANS).
- (2006): Cruz da Orde Polonia Restitura.
- (2015): Medalla Lux et Laus.
editar datos en Wikidata ]

Stanisław Suchodolski, nado o 4 de maio de 1936 en Varsovia, é un numismático, historiador e arqueólogo polaco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e vida académica[editar | editar a fonte]

Aínda neno, Suchodolski sufriu a expulsión da súa cidade logo do Alzamento de Varsovia de 1944, e pasou por diversos campos alemáns en Pruszków, Stutthof e Altforwerk, preto de Grudziądz. Acabada a guerra, graduouse na escola de educación secundaria Józef Sowiński, en 1953.

Xa no ámbito universitario, en 1954 comezou os seus estudos de Historia na Universidade de Varsovia, que culminou en 1957 cun mestrado en Arqueoloxía Polaca acadado co traballo titulado "A técnica de cuñaxe de moeda en Polonia na Alta Idade Media" (Technika bicia monet w Polsce we wczesnym średniowieczu), dirixido polo profesor e académico Witold Hensl. Logo continuou como alumno libre os seus estudos sobre Historia Medieval na mesma universidade, ata 1959, co profesor Aleksander Gieysztor. Finalmente, en 1961 logrou o seu doutoramento en Humanidades, dirixido por Ryszard Kiersnowski, coa tese "Casas de moeda na Polonia altomedieval dos séculos X a XII" (Mennictwo w Polsce wczesnośredniowiecznej od X do XII w.), publicada en 1973.[1][2]

Entre os anos 1960 e 2006 desempeñou a súa actividade profesional no Instituto de Historia da Cultura Material (chamado desde 1992 Instituto de Arqueoloxía e Etnoloxía) da Academia de Ciencias de Polonia, en Varsovia. Nesa institución desenvolveu diversas funcións, como profesor asociado (1983), profesor titular (1991), membro e vicepresidente do Consello Científico (1981-1983 e 1990-1992) e xefe do Departamento de Arqueoloxía Medieval (1994-1996).[1]

Investigación numismática[editar | editar a fonte]

Stanisław Suchodolski (2º pola esquerda) nunha cea do Congreso Internacional de Numismática, Madrid 2003.

A súa tese de licenciatura non foi máis que o inicio dos seus estudos acerca da historia do diñeiro en Polonia, investigando a orixe da moeda no país. Para iso, logrou reunir todo o material dispoñible naquel momento en coleccións nacionais e estranxeiras e, sobre esa base, combinando metodoloxías clásicas con outras máis anovadoras, tanto arqueolóxicas como numismáticas, puido achegarse ás primeiras cuñaxes da dinastía dos Piastas.[3] Nas décadas seguintes, complementou e revisou as súas investigacións, e, no Congreso Internacional de Numismática de Berlín (1997), expuxo a súa conclusión de que Miecislao I (960-992) aínda non emitira moeda, polo que os diñeiros que se lle atribuían foran cuñados polo seu neto, Miescislao II (1025-1031), como herdeiro ao trono.[4]

A partir de aí, e con fins comparativos, estudou a orixe da moeda noutros países veciños, como a República Checa, Hungría, Rusia ou Escandinavia.[5] Mesmo expandiu a súa área de interese á Europa Occidental romana e logo carolinxia.[6] Unha descuberta salientable no ámbito das emisións bizantinas foi a identificación dunha moeda inédita no tesouro de Maurzyce, emitida durante a rexencia da emperatriz Teófano Skleraina en 965.[7]

Mais Suchodolski non descoidou os estudos sobre a numismática polaca posterior. Mediante a observación e a análise do número de cuños, a metroloxía e a lei das aliaxes de cuñaxe, logrou aproximarse á organización da actividade nas cecas, ás cantidades producidas e á política de emisións de cada gobernante, así como á súa rendibilidade económica.[8] Máis tarde, sobre esta base, postulou a tese de que unha das razóns da resistencia contra Boleslao o Temerario (1076-1079), que o obrigou ao abandono do trono, foi a súa política monetaria, xa que algunhas moedas oficialmente de prata cuñadas durante o seu reinado contiñan ata un 90 % de cobre.[9]

Suchodolski ampliou as súas investigacións a emisións monetarias non realizadas a nome dos monarcas e, entre elas, logrou identificar os diñeiros cuñados por Piotr Wszeborowic, un voivoda de Miecislao III (1138-1202).[10] En tanto que analizaba o enorme tesouro que se acababa de descubrir en Głogów (máis de 20.000 moedas), foi aclarando as orixes da moeda do distrito de Silesia, e cambiou a atribución de varios tipos monetarios dos séculos XII e XIII.[11]

No Congreso Internacional de Numismática de Bruxelas (1991), presentou as súas conclusións acerca da falta de concordancia entre a asignación dalgunhas emisións e o nome da autoridade que aparece nelas, xa que algunhas delas se presentan de xeito anónimo e noutras recórrese ao nome ou á simboloxía do pai ou mesmo do avó da autoridade que realmente ordena a cuñaxe.[12]

Organizacións e sociedades científicas[editar | editar a fonte]

Stanisław Suchodolski (primeiro pola esquerda), en 2014.

Ao longo da súa carreira científica e académica, Suchodolski pertenceu a un bo número de entidades, algunhas delas desde postos de responsabilidade. Estas son algunhas das máis significativas: [13][14]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Suchodolski foi un autor moi prolífico. Na súa produción editorial hai máis de 600 referencias de artigos en 11 monografías, delas catro en colaboración con outros autores. Esta é unha escolma do máis senlleiro da súa produción:[19][20]

Monografías[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Szymańska, A. "Wstęp". En Kuźmin, A. (2003). Páxina 4.
  2. Véxase (19 73) en "Publicacións: Monografías".
  3. Véxase (1967) en "Publicacións: Monografías".
  4. Véxase (2000) en "Publicacións: Artigos".
  5. Véxase (1971) en "Publicacións: Monografías".
  6. Véxase (1982) en "Publicacións: Monografías".
  7. Véxase (1999) en "Publicacións: Artigos".
  8. Véxase (1973) en "Publicacións: Monografías".
  9. "Polityka mennicza a wydarzenia polityczne w Polsce we wczesnym średniowieczu". En Suchodolski, S. (2012). Páxinas 335-341. [Véxase (2012) en "Publicacións: Monografías"].
  10. Véxase (1987) en "Publicacións: Monografías".
  11. Véxase (1992) en "Publicacións: Artigos".
  12. Véxase (1993) en "Publicacións: Artigos".
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Szymańska, A. "Wstęp". En Kuźmin, A. (ed.) (2003). Páxina 5.
  14. "Prof. dr. hab. Stanisław Suchodolski". Instytut Archeologii i Etnologii.
  15. Weiller, R.; Amandry, M. (1996). "Histoire de la Commission Internationale de Numismatique (NIC)". En Compte Rendu 43. Comission Internationale de Numismatique. Páxina 13.
  16. "Polish Numismatic Society". Sitio web da PTN.
  17. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  18. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  19. Gula, M.; Męclewska, M. "Bibliografia prac prof. Stanisława Suchodolskiego [za lata 1957-2001]". En Paszkiewicz, B. (ed.) (2002). Páxinas 21-50.
  20. "Suchodolski, Stanislaw 1939-". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bogucki, M. et al. (eds.). Nummi et humanitas. Studia ofiarowane profesorowi Stanisławowi Suchodolskiemu w 80 rocznicę urodzin. PAN, Varsovia. ISBN 978-83-63760-93-9
  • Paszkiewicz, B. (ed.) (2002). Moneta medievalis. Studia numizmatyczne i historyczne ofiarowane Prof. Stanisławowi Suchodolskiemu w 65. rocznicę urodzin. Varsovia.
  • Kuźmin, A. (ed.) (2003). Międzynarodowa Sesja Numizmatyczna w Gdańsku z okazji 65. lecia Prof. Stanisława Suchodolskiego. Materiały. Gdansk.